ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
O MUNDO GREGO
   (A GRECIA ANTIGA)
INTRODUCIÓN
●   A civilización grega naceu nas costas da península balcánica e nas illas
    do Mar Exeo, e espallouse polo litoral mediterráneo.
●   Os gregos organizáronse en polis, cidades-estado, independentes unhas
    das outras.
●   As primeiras polis estaban gobernadas por unha minoría de propietarios de
    terras, aristócratas, que formaron gobernos oligáquicos (gobernos duns
    poucos).
●   No século V a.C, en Atenas iniciouse un novo sistema político: a
    democracia, goberno dos cidadáns.
●   No século IV a.C Filipo II, rei de Macedonia, someteu baixo a súa coroa a
    todas as cidades gregas. O seu fillo Alexandre Magno creou un gran
    imperio que se espallou cara a Oriente: O imperio helenístico.
O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
    O ESPAZO FÍSICO
●   A       civilización    grega
    orixinouse      na   Península
    Balcánica e nas costas e illas
    do     Mar      Exeo:   relevo
    montañoso, con difíciles
    comunicacións.
●   Nunca existiu un Estado
    grego como en Exipto ou
    Mesopotamia,         senón
    cidades-Estado    chamadas
    polis, independentes unhas
    das outras.
●   A     agricultura   de     tipo
    mediterráneo (trigo, oliveiras,
    viñas) e o pastoreo eran as
    actividades principais.
●   Tamén foi importante a pesca
    e     o     comercio     que
    desenvolveron os gregos ao
    longo      de     todo     o
    Mediterráneo.
O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
    UNHA MESMA CIVILIZACIÓN
●   Os gregos sentíanse membros dunha mesma comunidade e cultura: Hélade, unidos
    por unha mesma lingua e unha mesma relixión.
●   O grego era a lingua e tiñan un alfabeto común: o alfabeto grego.
O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
    UNHA MESMA CIVILIZACIÓN
●   Os poemas de Homero, A Ilíada e a Odisea, explicaban as orixes dos gregos.
O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
    UNHA MESMA CIVILIZACIÓN
●   A relixión grega era politeista. Os deuses eran antropomórficos, parecíanse aos
    seres humanos, habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos
    eles.
O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
    OS PRIMEIROS GREGOS
●   Os gregos son unha mestura de pobos:
    –    Minoicos (2500-1500 a.C): na illa de Creta.
    –    Aqueos (2000 a.C): coñécense co nome de micénicos.
    –    Dorios (1200 a.C): acabaron instalándose nas costas de Asia Menor.




        Palacio de Cnosos                              Porta dos leóns
AS POLIS GREGAS
     A POLIS: UNHA CIDADE-ESTADO
●   Os gregos estaban organizados en
    pequenas          cidades-Estado
    independentes chamadas POLIS.
●   Cada polis tiña as súas leis,
    moeda, exército e goberno propios.
●   A cidade tiña         dúas    partes
    diferenciadas:
    –   Ágora: parte baixa onde se
        atopaban as vivendas, tendas e
        edificios públicos situados ao
        redor dunha gran praza.
    –   Acrópole: parte alta onde se
        atopaban os principais edificios
        relixiosos e servía de refuxio da
        poboación en caso de perigo.
AS POLIS GREGAS
    AS POLIS ARISTOCRÁTICAS
●   As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns
    poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a élite
    guerreira. Formaban o Consello de Aristócratas que era onde se tomaban
    as decisións que lle afectaban ás polis.
●   O resto dos cidadáns podían reunirse en Asemblea, pero as súas opinións
    só eran escoitadas. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno.
●   Durante o século V a.C nalgunhas polis producíronse revoltas sociais
    contra o poder dos aristócratas xa que escravizaban aos cidadáns que non
    podían pagar as débedas.
AS POLIS GREGAS
    EVOLUCIÓN CARA A DEMOCRACIA
●   As demandas de maior participación política deron lugar a reformas sociais
    e políticas a prol do demos (pobo).
●   Na polis de Atenas estes cambios deron orixe a unha nova forma de
    goberno: a DEMOCRACIA (poder exercido polos cidadáns):
    –   Os cidadáns que disponían de diñeiro para mercar o seu propio equipo
        militar e participar na defensa da cidade, HOPLITAS, esixiron participar
        no goberno.
    –   No século VI a.C lexisladores como Solón ou Clístenes anularon a
        escravitude por débedas e introduciron o dereito de todos os cidadáns a
        participaren no goberno.
AS COLONIZACIÓNS GREGAS
    CAUSAS DAS COLONIZACIÓNS
●   Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas
    emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e
    colonizaron novas terras.
●   Causas:
    –   Escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas.
    –   Presión demográfica.
    –   Miseria de moitos campesiños.
    –   Escravitude por débedas.
    –   Espíritu comercial e navegante dos gregos.
●   Os gobernos das polis fomentaron as migracións.
AS COLONIZACIÓNS GREGAS
    A EXPANSIÓN GREGA
●   A bordo de lixeiras embarcacións os gregos percorreron as costas
    buscando lugares para establecerse, comerciar cos indíxenas e extraeren
    materias primas.
AS COLONIZACIÓNS GREGAS
    A EXPANSIÓN GREGA
●   As zonas máis importanes de colonización foron: Magna Grecia (sur de
    Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion,
    Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.
AS COLONIZACIÓNS GREGAS
    AS NOVAS COLONIAS
●   As colonias construíanse
    seguindo o modelo das
    polis gregas e imitaban as
    súas institucións políticas.
●   Eran polis independentes
    das cidades de orixe
    (METRÓPOLE)         ainda
    que mantiñan con ella
    estreitos lazos comerciais
    e culturais.
●   Os      colonos    gregos
    establecían      relacións
    comerciais cos pobos
    autóctonos e influían nos
    seus costumes, cultura,
    arte (difusión de novos
    cultivos, introdución do
    uso        da      moeda,
    escritura...)
A ATENAS DE PERICLES
●   No século V a.C, baixo o goberno de Pericles (foi un estratego), Atenas
    convertiuse na polis hexemónica de Grecia:
    –   Properidade económica.
    –   Consolidación da democracia.
    –   Florecemento da arte de da cultura.
    AS INSTITUCIÓNS DEMOCRÁTICAS
●   A Asemblea: era a reunión de todos os cidadáns de Atenas (Ekklesia), para
    votar as leis, controlar os orzamentos, decidir as declaracións de guerra e
    elixir maxistrados.
●   Os maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban
    dos asuntos públicos. Os máis importantes eran:
    –   Estrategos: dirixían a política exterior e o exército.
    –   Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas.
●   Heliaia (Helie): Tribunais populares para impartir xustiza.
●   Boulé: Asemblea para elaborar as leis e controlar os maxistrados.
A ATENAS DE PERICLES
A ATENAS DE PERICLES
    UNHA DEMOCRACIA LIMITADA
●   A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política e
    estar protexidos pola lei os cidadáns.
●   Cidadáns atenieneses: todos os homes libres, maiores de idade, nados de
    pai cidadán e nai ateniense. Eran unha minoría
●   Estaban obrigados a formar parte do exército e pagar impostos.
●   Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos
    (estranxeiros) e escravos.
O ESPLENDOR DE ATENAS
    A VITORIA SOBRE OS PERSAS
●   No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de
    Grecia, foron as Guerras Médicas (492-449 a.C) .
●   Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes
    derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose.




●
O ESPLENDOR DE ATENAS
    ATENAS DOMINA GRECIA
●   A vitoria sobre os persas outorgoulle a
    Atenas un papel dominante sobre o
    resto de cidades gregas, as cales
    formaron a Liga de Delos (447 a.C),
    alianza dirixida por Atenas, en previsión
    dun novo ataque dos persas.
●   Atenas recadaba e administraba os
    impostos que pagaban as polis e
    gardábaos na illa de Delos: Tesouro da
    Liga de Delos.
●   Cando algunhas polis, cansas do
    dominio abusivo de Atenas, quixeron
    abandonar a alianza, esta impedíullelo
    pola forza.
●   Ademais, trasladou o tesouro da Liga á
    cidade de Atenas e empregouno para
    reconstruír a Acrópole; a Liga
    convertérase nun Imperio ateniense.
A ACRÓPOLE DE ATENAS
O ESPLENDOR DE ATENAS
    FIN DA HEXEMONÍA ATENIENSE
●   Entre o 431 e o 404 a.C teñen lugar as Guerras do Peloponeso.
●   Esparta encabezou unha coalición de cidades,Liga do Peloponeso, contra a Liga
    de Delos dirixida por Atenas.
●   Estas guerra remataron coa derrota de Atenas e coa progresiva decadencia das
    polis gregas.
A GRECIA HELENÍSTICA
    O REINO DE MACEDONIA
●   Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado.
●   O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras
    do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de
    Grecia cara o 338 a.C.
●   No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre, que recibiu o alcume de Magno
    sucedeuno no goberno.




                Filipo II
                                                 Falanxe macedonia
A GRECIA HELENÍSTICA
    O IMPERIO DE ALEXANDRE
●   Alexandre conseguiu unificar as cidades gregas e lanzouse á conquista do Imperio
    Persa.
●   Entre os anos 334 e 323 a.C conseguiu derrotar aos persas e chegou ata a India.
●   O soño de Alexandre era crear un único imperio que abranguese Europa e Asia,
    cunha base cultural grega, onde cada territorio conservase as súas formas sociais e
    políticas.
A GRECIA HELENÍSTICA
    OS REINOS HELENÍSTICOS: ALEXANDRÍA
●   Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse
    entre eles o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos
    helenísticos.
●   Os maís importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con
    capital en Antioquía.
●   Todos tiñan unha forma de goberno autoritaria con monarcas divinizados,
    pero a cultura e a lingua continuaron a ser gregas.

More Related Content

Tema 11 O mundo grego (Grecia antiga)

  • 1. O MUNDO GREGO (A GRECIA ANTIGA)
  • 2. INTRODUCIÓN ● A civilización grega naceu nas costas da península balcánica e nas illas do Mar Exeo, e espallouse polo litoral mediterráneo. ● Os gregos organizáronse en polis, cidades-estado, independentes unhas das outras. ● As primeiras polis estaban gobernadas por unha minoría de propietarios de terras, aristócratas, que formaron gobernos oligáquicos (gobernos duns poucos). ● No século V a.C, en Atenas iniciouse un novo sistema político: a democracia, goberno dos cidadáns. ● No século IV a.C Filipo II, rei de Macedonia, someteu baixo a súa coroa a todas as cidades gregas. O seu fillo Alexandre Magno creou un gran imperio que se espallou cara a Oriente: O imperio helenístico.
  • 3. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO O ESPAZO FÍSICO ● A civilización grega orixinouse na Península Balcánica e nas costas e illas do Mar Exeo: relevo montañoso, con difíciles comunicacións. ● Nunca existiu un Estado grego como en Exipto ou Mesopotamia, senón cidades-Estado chamadas polis, independentes unhas das outras. ● A agricultura de tipo mediterráneo (trigo, oliveiras, viñas) e o pastoreo eran as actividades principais. ● Tamén foi importante a pesca e o comercio que desenvolveron os gregos ao longo de todo o Mediterráneo.
  • 4. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO UNHA MESMA CIVILIZACIÓN ● Os gregos sentíanse membros dunha mesma comunidade e cultura: Hélade, unidos por unha mesma lingua e unha mesma relixión. ● O grego era a lingua e tiñan un alfabeto común: o alfabeto grego.
  • 5. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO UNHA MESMA CIVILIZACIÓN ● Os poemas de Homero, A Ilíada e a Odisea, explicaban as orixes dos gregos.
  • 6. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO UNHA MESMA CIVILIZACIÓN ● A relixión grega era politeista. Os deuses eran antropomórficos, parecíanse aos seres humanos, habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos eles.
  • 7. O NACEMENTO DO MUNDO GREGO OS PRIMEIROS GREGOS ● Os gregos son unha mestura de pobos: – Minoicos (2500-1500 a.C): na illa de Creta. – Aqueos (2000 a.C): coñécense co nome de micénicos. – Dorios (1200 a.C): acabaron instalándose nas costas de Asia Menor. Palacio de Cnosos Porta dos leóns
  • 8. AS POLIS GREGAS A POLIS: UNHA CIDADE-ESTADO ● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS. ● Cada polis tiña as súas leis, moeda, exército e goberno propios. ● A cidade tiña dúas partes diferenciadas: – Ágora: parte baixa onde se atopaban as vivendas, tendas e edificios públicos situados ao redor dunha gran praza. – Acrópole: parte alta onde se atopaban os principais edificios relixiosos e servía de refuxio da poboación en caso de perigo.
  • 9. AS POLIS GREGAS AS POLIS ARISTOCRÁTICAS ● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a élite guerreira. Formaban o Consello de Aristócratas que era onde se tomaban as decisións que lle afectaban ás polis. ● O resto dos cidadáns podían reunirse en Asemblea, pero as súas opinións só eran escoitadas. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno. ● Durante o século V a.C nalgunhas polis producíronse revoltas sociais contra o poder dos aristócratas xa que escravizaban aos cidadáns que non podían pagar as débedas.
  • 10. AS POLIS GREGAS EVOLUCIÓN CARA A DEMOCRACIA ● As demandas de maior participación política deron lugar a reformas sociais e políticas a prol do demos (pobo). ● Na polis de Atenas estes cambios deron orixe a unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA (poder exercido polos cidadáns): – Os cidadáns que disponían de diñeiro para mercar o seu propio equipo militar e participar na defensa da cidade, HOPLITAS, esixiron participar no goberno. – No século VI a.C lexisladores como Solón ou Clístenes anularon a escravitude por débedas e introduciron o dereito de todos os cidadáns a participaren no goberno.
  • 11. AS COLONIZACIÓNS GREGAS CAUSAS DAS COLONIZACIÓNS ● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras. ● Causas: – Escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas. – Presión demográfica. – Miseria de moitos campesiños. – Escravitude por débedas. – Espíritu comercial e navegante dos gregos. ● Os gobernos das polis fomentaron as migracións.
  • 12. AS COLONIZACIÓNS GREGAS A EXPANSIÓN GREGA ● A bordo de lixeiras embarcacións os gregos percorreron as costas buscando lugares para establecerse, comerciar cos indíxenas e extraeren materias primas.
  • 13. AS COLONIZACIÓNS GREGAS A EXPANSIÓN GREGA ● As zonas máis importanes de colonización foron: Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.
  • 14. AS COLONIZACIÓNS GREGAS AS NOVAS COLONIAS ● As colonias construíanse seguindo o modelo das polis gregas e imitaban as súas institucións políticas. ● Eran polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE) ainda que mantiñan con ella estreitos lazos comerciais e culturais. ● Os colonos gregos establecían relacións comerciais cos pobos autóctonos e influían nos seus costumes, cultura, arte (difusión de novos cultivos, introdución do uso da moeda, escritura...)
  • 15. A ATENAS DE PERICLES ● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles (foi un estratego), Atenas convertiuse na polis hexemónica de Grecia: – Properidade económica. – Consolidación da democracia. – Florecemento da arte de da cultura. AS INSTITUCIÓNS DEMOCRÁTICAS ● A Asemblea: era a reunión de todos os cidadáns de Atenas (Ekklesia), para votar as leis, controlar os orzamentos, decidir as declaracións de guerra e elixir maxistrados. ● Os maxistrados: eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes eran: – Estrategos: dirixían a política exterior e o exército. – Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas. ● Heliaia (Helie): Tribunais populares para impartir xustiza. ● Boulé: Asemblea para elaborar as leis e controlar os maxistrados.
  • 16. A ATENAS DE PERICLES
  • 17. A ATENAS DE PERICLES UNHA DEMOCRACIA LIMITADA ● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política e estar protexidos pola lei os cidadáns. ● Cidadáns atenieneses: todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Eran unha minoría ● Estaban obrigados a formar parte do exército e pagar impostos. ● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e escravos.
  • 18. O ESPLENDOR DE ATENAS A VITORIA SOBRE OS PERSAS ● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, foron as Guerras Médicas (492-449 a.C) . ● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose. ●
  • 19. O ESPLENDOR DE ATENAS ATENAS DOMINA GRECIA ● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos persas. ● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro da Liga de Delos. ● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza. ● Ademais, trasladou o tesouro da Liga á cidade de Atenas e empregouno para reconstruír a Acrópole; a Liga convertérase nun Imperio ateniense.
  • 20. A ACRÓPOLE DE ATENAS
  • 21. O ESPLENDOR DE ATENAS FIN DA HEXEMONÍA ATENIENSE ● Entre o 431 e o 404 a.C teñen lugar as Guerras do Peloponeso. ● Esparta encabezou unha coalición de cidades,Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas. ● Estas guerra remataron coa derrota de Atenas e coa progresiva decadencia das polis gregas.
  • 22. A GRECIA HELENÍSTICA O REINO DE MACEDONIA ● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado. ● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C. ● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre, que recibiu o alcume de Magno sucedeuno no goberno. Filipo II Falanxe macedonia
  • 23. A GRECIA HELENÍSTICA O IMPERIO DE ALEXANDRE ● Alexandre conseguiu unificar as cidades gregas e lanzouse á conquista do Imperio Persa. ● Entre os anos 334 e 323 a.C conseguiu derrotar aos persas e chegou ata a India. ● O soño de Alexandre era crear un único imperio que abranguese Europa e Asia, cunha base cultural grega, onde cada territorio conservase as súas formas sociais e políticas.
  • 24. A GRECIA HELENÍSTICA OS REINOS HELENÍSTICOS: ALEXANDRÍA ● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse entre eles o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos helenísticos. ● Os maís importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía. ● Todos tiñan unha forma de goberno autoritaria con monarcas divinizados, pero a cultura e a lingua continuaron a ser gregas.