2. Características do RenacementoCaracterísticas do Renacemento
Coñecemos como Renacemento: o período da historia europea queCoñecemos como Renacemento: o período da historia europea que
comprende, fundamentalmente, o século XVI, aínda que non se podencomprende, fundamentalmente, o século XVI, aínda que non se poden
establecer con exactitude os seus límites cronolóxicos, xa que estes varíanestablecer con exactitude os seus límites cronolóxicos, xa que estes varían
nos diferentes países en que se desenvolveu.nos diferentes países en que se desenvolveu.
Moitos trazos do Renacemento nacen xa en Italia no século XIV, comoMoitos trazos do Renacemento nacen xa en Italia no século XIV, como
vimos; en cambio, é tardío en Inglaterra, onde se inicia ben entrado o séculovimos; en cambio, é tardío en Inglaterra, onde se inicia ben entrado o século
XVI.XVI.
3. O Renacemento supuxo, sobre todo, un xeito novo de
concibir o mundo.
Foi unha etapa de cambios profundos en numerosos
ámbitos da vida humana: política, economía, relixión,
cultura, arte, ciencia, etc.
Todas estas transformacións foron paralelas ao
desenvolvemento do Humanismo, que reforzou
o cambio de mentalidade ao situar ao
individuo nunha posición de dignidade e
nun mundo que pretendía coñecer e gozar.
4. No político, debilítase o sistema feudal, característico da
Idade Media.
Este debilitamiento da nobreza
correspóndese cun
fortalecemento do poder real.
Xorden así monarquías
fortemente autoritarias
e créanse os grandes
Estados modernos.
5. ■Crecen as cidades en
detrimento da poboación rural.
■Este desenvolvemento
urbano favorece
considerablemente o
afianzamento da burguesía
como clase social,
■Co que crecen as actividades industriais
e comerciais, e cobra gran importancia o diñeiro como valor de cambio.
Paulatinamente a
nobreza, ao entrar en crise
o sistema feudal, vaise
facendo cortesá.
6. A inquietude intelectual incentiva
o desenvolvemento da ciencia.
Estúdase o corpo humano e escrútase
o universo.
Ao Renacemento corresponde, por exemplo, o
descubrimento da circulación do sangue (Miguel
Servet) e os estudos astronómicos
de Copérnico e Galileo.
7. ■ A inquedanza do novo home do Renacemento,
xunto co desenvolvemento do comercio, logra tamén
ensanchar as fronteiras xeográficas.
■ É a época das grandes
viaxes que permiten deseñar un novo mapa do mundo:
- descubrimento de América,
- exploración das costas atlánticas e índicas de África,
- primeira volta completa ao globo,
- descubrimentos e exploracións das
illas do Pacífico, etc.
Mapamundi de Pieter van der Keere (1607)
8. O pensamento crítico acaba definitivamente coa unidade relixiosa en
Europa.
Adquiren enorme forza os movementos relixiosos reformadores, como os
encabezados polo holandés Erasmo de Róterdan e o alemán Martin
Lutero.
Ambos coinciden na
necesidade de devolver
á Igrexa a súa pureza
Orixinal
Os postulados de
Lutero culminarían
coa reforma protestante,
á que Erasmo nunca
quixo sumarse.
9. ■ A cultura recibe un forte impulso coa invención da
imprenta (século XV), a cal propicia a difusión das
novas ideas e facilita a alfabetización.
■ En consonancia co desenvolvemento do
Humanismo, instáuranse nas universidades
nos studia humanitatis (gramática, retórica,
poética, filosofía moral e historia),
acabándose así co sistema educativo
medieval, de base eminentemente
escolástica.
10. A arte renacentista desenvolve unha estética baseada no Neoplatonismo,
segundo o cal o mundo é belo porque reflicte a beleza de Deus. O home na
Terra só pode contemplar a beleza divina a través das cousas fermosas da
Natureza, obra do Creador.
O amor á beleza fai ao home partícipe da obra divina e é un adianto na Terra
dos gozos que lle esperan no Ceo.
Esta procura da beleza natural explica as características principais da arte
renacentista: equilibrio, harmonía, orde, claridade e idealización.
Este ideal maniféstase igualmente no estilo de lingua empregado na literatura
renacentista, que busca a naturalidade, o rexeitamento da afectación, do
exceso ornamental.
11. O HUMANISMO
É o movemento cultural característico do Renacemento.
Orixínase en Italia no século XIV, e nos séculos seguintes esténdese por toda Europa.
O Humanismo rexeita o sistema de
valores que rexera a IdadeMedia,
Centrado na idea de que Deus e
os asuntos relixiosos son o
único que dá sentido á existencia
(teocentrismo).
Os humanistas proclaman a
importancia fundamental do Individuo
no universo (antropocentrismo)
e entenden que só na época clásica
o home fora a medida
de todas as cousas.
12. Por iso é polo que se apliquen
á tarefa de recuperar e propagar
aos autores clásicos, aos que
toman como modelos.
Paralelamente, e como consecuencia
diso, avógase pola aprendizaxe
do latín e o grego como medio
para acceder a estes autores, á vez
que se propugna a dignificación das
linguas vulgares. Para esta esforzada
empresa é fundamental e decisiva a
invención da imprenta
no século XV.
En Italia a figura principal do Humanismo
é o florentino Francesco
Petrarca (1304-1374),