1. O TEXTO ARGUMENTATIVO.
O texto argumentativo ten como obxectivo expresar opinións
ou rebatelas coa fin de persuadir a un receptor. A finalidade
do autor pode ser probar ou demostrar unha idea (ou tese),
refutar a contraria ou ben persuadir ou disuadir ao receptor
sobre determinados comportamentos, feitos ou idea.
A argumentación, por importante que sexa, non adoita darse en
estado puro, adoita combinarse coa exposición. Mentres a
exposición
limítase
a
mostrar,
a
argumentación
intenta
demostrar, convencer ou cambiar ideas. Por iso, nun texto
argumentativo
ademais da
función
apelativa
presente
no
desenvolvemento dos argumentos, aparece a función referencial
ou informativa, na parte na que se expón a tese.
O texto argumentativo adoita organizar o contido en tres
apartados: introdución, desenvolvemento e conclusión.
A INTRODUCIÓN
adoita partir dunha breve exposición
(chamada "introdución ou encadre") na que o argumentador
intenta captar a atención do destinatario e espertar nel unha
actitude favorable. Á introdución séguelle a tese, que é a idea
en torno á cal se reflexiona. Pode estar constituída por unha soa
idea ou por un conxunto delas.
2. O DESENVOLVEMENTO. Os elementos que forman o corpo
argumentativo denomínanse probas ou argumentos e serven para
apoiar a tese ou refutala.
Á súa vez, os argumentos empregados poden ser de distintos
tipos:
Argumentos racionais: Baséanse en ideas e verdades admitidas e
aceptadas polo conxunto da sociedade.
Argumentos de feito: B
aséanse en probas comprobables.
Argumentos
de
exemplificación:
Baséanse
en
exemplos
concretos.
Argumentos de autoridade: Baséanse na opinión dunha persoa de
recoñecido prestixio.
Argumentos que apelan aos sentimentos:Con estes argumentos
preténdese agradar, espertar compaixón, tenrura, odio...
A CONCLUSIÓN. É a parte final e contén un resumo do exposto
(a tese e os principais argumentos).