Obsevación de microorganismos doceacuícolas. Manexo básico do microscopio óptico.
1 of 3
Download to read offline
More Related Content
Observación dos microorganismos de auga doce
1. OBSERVACIÓN DOS MICROORGANISMOS DE AUGA DOCE
INTRODUCIÓN
En Bioloxía é habitual o uso do microscopio óptico para observar
determinados seres vivos (microorganismos) ou determinadas partes dos
organismos (tecidos, células...).
En moitos casos para poder estudar detidamente as mostras, os
investigadores utilizan tamén determinadas substancias (fixadores,
tincións...) que permiten conservar e realzar o que se pode observar ao
microscopio.
Nunha pinga de auga pódense observar ao microscopio óptico multitude de
microorganismos (seres vivos de moi pequeño tamaño), entre os máis
habituais atopamos algas microscópicas, protozoos e crustáceos de pequeno
tamaño.
OBXECTIVO
Nesta práctica observaredes distintos tipos de microorganismos presentes
nas charcas de augas doces, e intentaredes debuxalos e identificalos coa
axuda do profesor. Aprenderedes o manexo básico do microscopio óptico
para a observación de mostras.
Para elo precisamos coñecer antes as partes máis importantes dun
microscopio óptico.
2. • Partes do microscopio óptico:
MATERIAIS
- Recipientes ca auga dunha charca.
- Portaobxectos e cubreobxectos.
- Microscopio óptico.
- Contagotas.
- Pinzas.
3. PROCEDEMENTO
Mediante o contagotas bota unha pequena pinga de auga de mostra no
portaobxectos e colocao sobre a platina do microscopio afianzándoo coas
pinzas. Dispón, agora, o obxectivo 4x e enfoca co macrométrico e o
micrométrico. Despois fai o mesmo co obxetivo de 10x e tenta debuxar o
que ves. Coa axuda do profesor identifícaos.