O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
2. O concello de Oleiros ten unha liña
litoral de case 40 km. Unha parte na
ría do Burgo, outra na ría da Coruña,
unha terceira mirando ao mar aberto
e outra na boca da ría de Betanzos.
Case toda ela recortada e abrupta, con
incontables entrantes e saíntes, a non
ser no interior da ría do Burgo que é
baixa e lamacenta, nos abrigos das
enseadas de Mera e Santa Cruz, que
acollen praias de certa entidade, e a
frecha de Santa Cristina, resultado da
pelexa do mar e o río Mero.
3. PROTECCIÓNS
-LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
-Lugar de Interese Xeolóxico “Depósitos de vertente en Santa Cruz (Oleiros)”
-Zona Núcleo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
4. A ría de Betanzos mide 12 km de fondo e presenta dous sectores ben diferenciados.
O primeiro, de Betanzos ata a ponte do Pedrido, é un esteiro típico onde se despositan os
sedimentan transportados polos ríos Mandeo e Mendo, unha zona estreita con amplas
zonas fangosas que quedan descubertas coa marea baixa. O segundo, entre as puntas
Lavadoira e Torrella, é máis amplo e conflúe coa ría de Ares. As rochas dominantes son
xistos, filitas e lousas. É unha importante zona marisqueira (ameixa, berberecho...)
Puntas de Segaño e Coitelada na boca da ría de Ares-Betanzos
13. COSTA DE DEXO-SERANTES
Tramo de costa comprendida entre o porto
de Lorbé e a Punta do Bufadoiro (Mera).
A costa presenta un perfil irregular con
zonas de cantís, de entre 25 e 40 m, moi
recortados entre os que se atopan zonas
de pendentes suaves e pequenas calas; e
varios illotes rochosos entre os que
destacan A Marola e O Corval.
29. RÍA DA CORUÑA
É unha ría curta e ampla, que se abre entre a punta do Seixo Branco e a Punta Herminia,
cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade
corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da
parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina. As rochas da banda oriental son xistos que
lle dan ao releve formas suaves, mentras que as da beira occidental son granitos que se
erosionan en penedos e bolos e forman releves máis abruptos.
31. O Seixo Branco
-En 1885 a goleta Prosperidad fixo prácticas
de tiro aproveitando a visibilidade que tiña o
filón da punta de Seixo Branco desde o mar
provocando varios feridos.
44. Faros de Mera: dúas torres de enfiada que
cumpren tamén a función de marcas de
balizamento, construídas en 1917. Nos seus
primeiros tempos tiñan unha lámpada de
incandescencia para vapor de petróleo e en
1932 cambiaron ao actual sistema eléctrico
que emite luz visible ata 8 millas. O Faro de Mera e a Torre de Hércules son as
luces que sinalan os límites da Ría da Coruña.
56. Lagoa de Mera, orixinada por unha extracción de
arxila. Acolle unha boa variedade de flora e fauna.
A carón dela consérvase a chimenea da antiga
fábrica de cerámica.
74. 32-Porto de Santa Cruz
Vista desde a punta do Corvo un fermoso lugar para gozar dunha
panorámica de Santa Cruz, coa praia, a enseada e a illa do Castelo.
77. 34-Castelo de Santa Cruz, construído no século XVI como parte do conxunto defensivo da ría
e da cidade da Coruña. Acolle o CEIDA (Centro de Extensión Universataria e Divulgación
Ambiental de Galiza).
100. VALOR XEOLÓXICO
A maior parte do litoral de Oleiros está
constituído por xistos que nalgúns puntos
conforman cantís de ata 40 m de altura,
nos que podemos atopar diques, fracturas
e dobras.
Na ría do Burgo hai unha
Grande superficie
Sedimentaria.
101. Punta Seixo Branco. Formada por xistos de foliación moi marcada atravesados por un dique
de aplita branca, aínda que erróneamente chámaselle seixo.
106. Lugar de Interese Xeolóxico “Depósitos
de vertente en Santa Cruz (Oleiros)”
Depósitos de gravas (seixos) de distintos
tamaños formados no Cuaternario. Son
testemuña de alternacia de períodos áridos
e chuviosos.
107. A Praia do Porto Naval é curiosa por ter a parte alta formada por
coios de seixo procedentes dos sedimentos da Punta do Corvo
108. Frecha da praia de Santa Cristina, separa as rías do Burgo A Coruña. Está formada polo
enfrontamento entre a ondada do mar e as achegas do río Mero.
109. AS FURNAS
Fórmanse polo continuo desgaste que xera a
forza da ondada facendo que as partes máis
brandas e débiles se degraden máis
rapidamente que as rochas próximas, dando
lugar a cavidades. En ocasións, o teito da
cova derrúbase, dando lugar a
impresionantes ocos no terreo (ollos). Neste
tipo de furnas orixínase un pozo ou conduto
vertical que conecta a superficie co fondo da
cova. Exemplos diso son as furnas de Ollo
Grande, A Regocha e Ollo Pequeno, todas
elas localizadas entre as puntas de Seixo
Branco e santo Antón.
Furna do Ollo Grande na
Punta de Santo Antón
113. VALOR BIOLÓXICO
O litoral de Oleiros conta cunha grande variedade de ecosistemas e hábitats: esteiros,
lameiros, areais, dunas, costa rochosa abrigada e exposta, furnas… o que da lugar a una
enorme biodiversidade.
114. Algas sobre unha lapa
Nos cantís atopamos liques, pirixel do mar, herba namoradeira, fento mariño, pasteiros de
gramíneas resistentes ao salitre e o vento e zonas de toxeira e breixos ocupando as
pendentes.
Nas zonas intermareal e mariña abondan as algas.
118. Leucanthemun pluriflorum, endemismo das costas
atlánticas galegas, de Cabo Fisterra a Asturias.
O espazo No espazo “Costa de Dexo Serantes” atópanse varios endemismos galaicos e do noroeste da
península Ibérica.
120. Na fauna destaca a presenza dun bo número de especies de aves
Na costa de Dexo-Serantes aniñan aves que se reproducen de forma escasa ou localizada no resto do
territorio galego, como o andoriñón real ou o lagarteiro. O corvo mariño cristado aniña nos cantís e
furnas. Tamén hai falcón peregrino, corvo grande, rabirrubio, papuxa do mato, azulenta, chasco común…
Fronte á costa pódense ver pardelas furabuchos, paíños, mascatos, parrulos pentumeiros e carolos.
Na ría do Burgo abondan as garzas, os mazaricos, os lavancos, as limícolas...
Chasco (Saxicola torquata). Unha ave insectívora
que gosta dos lugares abertos con mato baixo.
Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
criando nos cantís
121. Na zona intermareal atópanse
especies que se apegan ás
rochas: mexillóns, lapas,
percebes, arneiróns ou que se
refuxian nas pozas mareais
(cangrexos, caracolas,
apegóns...).
Nas zonas infralitorais hai
peixes de rocha (maragota,
bello, faneca, sargo...), polbos,
crustáceos...
Os percebes (Polycipes cornucopia)
son crustáceos coloniais que viven
apegados ás rochas da zona
mediolitoral e infralitoral das zonas
de mar batido.
123. Castelo de Santa Cruz. No xardín ten entre outras árbores de
interese un piñeiro de Monterrei de grande porte que está
incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
No xardín do Castelo de Santa Cruz hai un monumento en
lembranza da pardela “Cincenta” que durante os veráns de 15
anos, entre 1985 e o 2000, foi visitante da localidade.
124. LIC/ZEC “Costa de Dexo-Serantes”
Tramo de costa comprendida entre o
Faro de Mera e o porto de Lorbé, no
concello de Oleiros
Gaivotas no cantil de Dexo
125. -Punta de Mera. No edificio da vivenda do fareiro está instalado o Centro de Recepción de Visitantes do
Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes:.
129. Unha grande parte da costa de Oleiros
é de difícil acceso, as únicas vías que se
achegan á beira son as que levan a
grupos de casas de verán que, as máis
das veces fan de peche que impide
achegarse ao litoral.
Nalgúns lugares non se pode seguir o
litoral porque o abandono das parcelas
convertíuno todo nunha toxeira
impenetrable e moitos peches de fincas
non respetan os límites esixidos e
impiden a libre circulación.
O itinerario en coche, sen meternos en
sitios complicados, uns 25 km,
permitiríanos achegarnos a Santa
Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz,
Canide, Mera e a punta de Mera, o Seixo
Branco e o porto de Lorbé.
130. Costa exposta do concello de Oleiros entre Mera e Lorbé, un percorrido con moitas posibilidades
xa que se pode facer enteiro ou por partes, ou circular. O circuito completo son uns 20 km,
facendo o percorrido pola costa e a volta pola estrada.
As posibililidades de facelo por partes son moitas e algunhas están indicadas.
-Mera-Faro de Mera-Montemeán-Mera (6 a 7 km, circular)
-Porto de Dexo-Seixo Branco (6,5 km, circular)
-Porto de Dexo-Porto de Lorbé (10 km, ida e volta, algo menos volvendo pola estrada).