1. CADERNO DE INFORMACIÓN
ACADÉMICA 2º DE ESO
Departamento de Orientación
IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas
Orientación 2013/14
Lourdes Otero Rodríguez
2. 13-14 14-15 15-16 16-17
5º EP
6º EP
1º ESO
2º ESO
3º ESO
6º EP
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º
BACH
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º
BACH
2º
BACH
AVALIACIÓN
FINAL
Sin efectos
.
AVALIACIÓN
FINAL
Sin efectos
acad.
1. CALENDARIO da IMPLANTACIÓN da LOMCE en ED. SECUNDARIAFP
1º FPB
2º FPB
1º
CFGM
1º
CFGM
2º
CFGM
3. 2. ESTRUCTURA DO SISTEMA EDUCATIVO
3º ESO
4º ESO
TiTULO ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO
TÍTULO DE BACHAREL
Superar
Bacharelato(60%)máis
avaliación final 40%
GRAO
UNIVERSITARIO
MÁSTER
Titulo de Técnico ( nivel 1 )
PRUEBA DE ACCESO A CICLOS DE
GS
2º FP CICLO
Titulo de Técnico Superior ( nivel
19
ano
4º ESO
TiTULO ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO
GRAO
UNIVERSITARIO
MÁSTER
DOCTORADO
1º FP CICLO MEDIO
2º FP CICLO MEDIO
1º FP CICLO
2º FP CICLO
T. de Técnico Superior ( nivel 3)
19
anos
MUNDOLABORAL
4. 3. ELECCIÓN DE MATERIAS EN 3º DE ESO
MATERIAS Nº DE HORAS
Bioloxía e Xeoloxía 2
Ciencias Sociais, Xeografía e Historia 3
Educación Física 2
Educación Plástica e Visual 2
Física-Química 2
Lingua Galega e Literatura 3
Lingua Castelá e Literatura 3
Primeira Lingua Estranxeira 3
Matemáticas 4
Música 2
Tecnoloxías 2
Relixión/ Alternativa 1
Titoría 1
Optativa 2
5. 4. CONTIDOS BÁSICOS DAS MATERIAS OPTATIVAS DE 3º DE ESO
Cultura Clásica
Todo o que somos o mundo occidental non é mais ca o produto do que fixeron hai case tres mil
anos os homes duna pequena vila de Italia, Roma. Nos deixaron, non so a súa obra, senón que
tamén actuaron como vehículos de transmisión da cultura doutro pobo, o grego. Ambas culturas
se fundiron no que hoxe coñecemos como mundo clásico A lingua, a relixión cristiá, a literatura,
as artes, os espectáculos, as técnicas de guerra, o dereito, a inxenería, a mitoloxía son herdanzas
dese pobo, que se estendeu por todo o mundo coñecido e incluso lle deu nome a esta parte,
onde para eles se acababa a terra, Finisterrae.
O que tratamos de conseguir en cultura clásica é que o alumno se achegue a todos eses
aspectos da cultura destes pobo e perciba a pervivencia deles no mundo actual.
1º TRIMESTRE
O mito fronte á razón: o espazo xeográfico mítico fronte ao real. A lenda fronte á
historia. O pensamento mítico fronte ao lóxico. O heroe fronte ao home. A guerra de Troia.
A lenda de Rómulo e Remo.
A pervivencia da mitoloxía clásica.
A relixión en Grecia e Roma.
Linguas clásicas e a súa orixe. Sistemas de escritura. Do alfabeto ao abecedario.
As familias lingüísticas. O indoeuropeo. As linguas romances. As linguas flexivas. A
evolución das linguas. O latín como orixe de galego e castelán.
2º TRIMESTRE
A infancia no mundo clásico. A educación.
A muller en Grecia e en Roma. O matrimonio. A vestimenta.
O home no mundo clásico. O traballo. A xornada diaria. A vestimenta. A comida.
A organización e o cómputo do tempo.
6. O vocabulario. Palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos, latinismos,
helenismos, prefixos, sufixos. Palabras procedentes doutras linguas: razón lingüísticas,
históricas e culturais.
3º TRIMESTRE
A arte clásica. Restos arqueolóxicos.
Xogos e espectáculos.
Romanización de Europa: historia dun proceso. A supervivencia da cultura
indíxena: ritos ligados aos ciclos da natureza, festas, topónimos, tradicións...
As fontes: as literaturas grega e romana: características xerais. Semellanzas e
diferenzas. A literatura clásica e a súa continuidade en Europa. Os principais xéneros.
TÉCNICAS BÁSICAS DE ELECTRICIDADE
OBXECTIVOS ESPECIFICOS:
1. Estudar as tecnoloxías de produccion, distribucción e consumo de enerxía eléctrica.
2. Analizar aparatos e compoñentes eléctricos e electrónicos.
3. Estudar as características dos diferentes tipos de condutores empregados nas instalacións
eléctricas domésticas.
4. Comprender o funcionamento dos sistemas de mando e protección das instalacións
eléctricas dunha vivenda.
5. Realizar cálculos sinxelos en circuítos eléctricos elementais.
6. Interpretas esquemas e símbolos empregados na representación de instalacións eléctricas.
7. Analizar con sentido crítico o uso racional dos sistemas eléctricos e electrónicos.
8. Coñecer e aplicar as normas básicas de seguridade nas instalacións eléctricas e a
aplicación de normas de hixiene e seguridade na manipulacion de ferramentas e materiais.
9. Explicación e interpretación das tarifas eléctricas.
Os obxectivos da materia atenden aos seguintes fins:
1. Dar una base para continuar estudos no Bacharelato Tecnolóxico e Científico.
2. Orienta e forma aos alumnos que opten por Ciclos Formativos relacionados coa
electricidade e electrónica.
3. Dar confianza aos alumnos nas súas habilidades relacionadas co manexo de ferramentas,
materiais, etc.
7. Contidos:
1. A enerxía
2. Electricidade estática.
3. Corrente eléctrica.
4. Liñas de distribucción
5. Transformadores.
6. Circuítos eléctricos básicos.
7. Xeradores de corrente.
8. Circuítos usados habitualmente nas vivendas.
9. Aparatos de mando e protección.
Metodoloxía:
Alternaremos as clases teóricas e prácticas, dando maior importancia ás prácticas. Como mínimo
o 70 % das clases serán prácticas.
Obradoiro de iniciativas emprendedoras
Ten como obxectivo iniciar ao alumnado no coñecemento da importancia social
e económica das persoas emprendedoras, a idea de empresa e o valor e
utilidade da realización dun proxecto empresarial.
Bloque I
A persoa emprendedora: habilidades e calidades persoais, sociais e empresariais.
O traballo en equipo: concepto e clases de equipos. Vantaxes e inconvenientes do traballo en
equipo. Roles dentro dos equipos de traballo. Dinámicas de grupo.
O proceso de comunicación na empresa. Comunicación verbal e non verbal. Habilidades e
técnicas de comunicación. A escoita activa, a empatía e a asertividade.
A función de dirección. Niveis directivos. O comportamento do directivo: teorías X, Y e Z. O
liderado: teorías e estilos.
Bloque II
A solución de conflitos e a negociación. Elementos do proceso negociador. Fases e estilos de
negociación. O proceso de toma de decisións: fases e ferramentas.
8. Factores do macroentorno empresarial: xurídico-económicos, sociais, tecnolóxicos, políticos, do
entorno natural e de recoñecemento social.
Factores do microentorno empresarial: provedores, clientes, distribuidores, competencia,
entidades financeiras e socios.
Xeración e formulación da idea emprendedora. O pensamento creativo. Técnicas para estimular a
creación de ideas. Inicio do proxecto de empresa. A actividade da empresa e os promotores.
Investigación de mercados. Fontes de información primarias e secundarias. Investigación
cuantitativa e cualitativa. Ferramentas de investigación: enquisas, observación e experimentación.
Viabilidade do proxecto: técnica, institucional, persoal e financeira.
Bloque III
O plan de marketing. Obxectivos e estratexias. O marketing mix: produto, prezo, promoción e
distribución.
O plan de organización e recursos humanos. Viabilidade persoal do proxecto de empresa.
Deseño da organización da empresa. Xestión de recursos humanos: contratación de persoal e
plan de formación.
Plan económico-financeiro. Fontes de financiamento. Investimentos. Viabilidade económico-
financeira. O balance e o plan de tesourería.
Área xurídica do proxecto: forma xurídica da empresa, protección xurídica, permisos e licenzas. A
prevención de riscos laborais.
Avaliación e control do proxecto.