ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Orixe e breve historia 
A lingua galega –o galego– pertence á familia das linguas románicas –coma o francés ou o 
catalán– e é o resultado da evolución do latín introducido polos romanos no noroeste da 
Península Ibérica. Desde o século IX, a lingua falada 
nesta área era tan diferente que podemos considerar 
a existencia de dúas linguas: o latín e o galego. O 
documento literario máis antigo que coñecemos 
actualmente é a cantiga satírica “Ora faz ost’o senhor 
de Navarra", escrita a fins do século XII por Joam 
Soares de Pavia. Este foi o período máis brillante da 
literatura galega. O galego chegou a ser a lingua da 
poesía lírica en toda a península. Fálase de poesía 
lírica galego-portuguesa, porque ata mediados do 
século XIV formaron un mesmo tronco lingüístico. 
A fins do Medievo, a lingua e a literatura galegas entraron nun período de decadencia 
provocado fundamentalmente por un contexto sociopolítico dominado por unha clase 
mandataria foránea e allea aos intereses culturais e identitarios de Galicia. Malia a pervivencia 
da lingua no ámbito do privado e dos contextos de comunicación informal, o galego estivo 
ausente dos usos escritos durante un longo período de tres séculos –XVI, XVIII e XVIII– 
chamados Séculos Escuros. 
No século XVIII houbo voces que, influenciadas polos ideais ilustrados, mostraron a súa 
preocupación polo subdesenvolvemento do galego e ofreceron novas achegas aos ámbitos 
económico, social e cultural. 
Rexurdimento é o nome do noso movemento de renovación cultural, que tivo lugar ao longo do 
século XIX. Cantares Gallegos, a primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada 
en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o Rexurdimento pleno. A primeira gramática e 
dicionario galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX. 
A consolidación do galego non tivo lugar ata o século XX. A recuperación do galego como 
lingua histórica, cultural e literaria confirmouse cara a finais do século XX, coa consecución do 
seu status de lingua oficial xunto co castelán en Galicia, a fixación dunha norma ortográfica e 
morfolóxica, a súa introdución no ámbito escolar, etc. É a lingua dos medios de comunicación 
públicos de Galicia e actualmente ten presenza cotiá nos espazos comerciais e de ocio. Así e 
todo, na actualidade afronta tamén dificultades, fundamentalmente no ámbito empresarial e 
mesmo nos contextos familiares das principais urbes galegas, nas que está a aumentar a 
presenza do castelán como lingua principal dos fogares. 
<a href="http://www.wordle.net/show/wrdl/8284815/Galiza" 
title="Wordle: Galiza"><img 
src=/slideshow/orixe-da-lingua-41104025/41104025/"http:/www.wordle.net/thumb/wrdl/8284815/Galiza" 
alt="Wordle: Galiza" 
style="padding:4px;border:1px solid #ddd"></a>

More Related Content

Orixe da lingua

  • 1. Orixe e breve historia A lingua galega –o galego– pertence á familia das linguas románicas –coma o francés ou o catalán– e é o resultado da evolución do latín introducido polos romanos no noroeste da Península Ibérica. Desde o século IX, a lingua falada nesta área era tan diferente que podemos considerar a existencia de dúas linguas: o latín e o galego. O documento literario máis antigo que coñecemos actualmente é a cantiga satírica “Ora faz ost’o senhor de Navarra", escrita a fins do século XII por Joam Soares de Pavia. Este foi o período máis brillante da literatura galega. O galego chegou a ser a lingua da poesía lírica en toda a península. Fálase de poesía lírica galego-portuguesa, porque ata mediados do século XIV formaron un mesmo tronco lingüístico. A fins do Medievo, a lingua e a literatura galegas entraron nun período de decadencia provocado fundamentalmente por un contexto sociopolítico dominado por unha clase mandataria foránea e allea aos intereses culturais e identitarios de Galicia. Malia a pervivencia da lingua no ámbito do privado e dos contextos de comunicación informal, o galego estivo ausente dos usos escritos durante un longo período de tres séculos –XVI, XVIII e XVIII– chamados Séculos Escuros. No século XVIII houbo voces que, influenciadas polos ideais ilustrados, mostraron a súa preocupación polo subdesenvolvemento do galego e ofreceron novas achegas aos ámbitos económico, social e cultural. Rexurdimento é o nome do noso movemento de renovación cultural, que tivo lugar ao longo do século XIX. Cantares Gallegos, a primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o Rexurdimento pleno. A primeira gramática e dicionario galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX. A consolidación do galego non tivo lugar ata o século XX. A recuperación do galego como lingua histórica, cultural e literaria confirmouse cara a finais do século XX, coa consecución do seu status de lingua oficial xunto co castelán en Galicia, a fixación dunha norma ortográfica e morfolóxica, a súa introdución no ámbito escolar, etc. É a lingua dos medios de comunicación públicos de Galicia e actualmente ten presenza cotiá nos espazos comerciais e de ocio. Así e todo, na actualidade afronta tamén dificultades, fundamentalmente no ámbito empresarial e mesmo nos contextos familiares das principais urbes galegas, nas que está a aumentar a presenza do castelán como lingua principal dos fogares. <a href="http://www.wordle.net/show/wrdl/8284815/Galiza" title="Wordle: Galiza"><img src=/slideshow/orixe-da-lingua-41104025/41104025/"http:/www.wordle.net/thumb/wrdl/8284815/Galiza" alt="Wordle: Galiza" style="padding:4px;border:1px solid #ddd"></a>