2. ո鰿ٱѱ
Invertebrados
O Reino Animal podémolo
dividir en Vertebrados
Cuestións:
1. Que caracteriza ós animais respecto do resto de seres vivos?
2. Que diferenza os animais Invertebrados dos Vertebrados?
3. Pon exemplos de Invertebrados que coñezas.
4. Observa as imaxes da seguinte diapositiva e indica que animais son
invertebrados e cales vertebrados.
4. 1. QUE CARACTERIZA AOS ANIMAIS
1.1. COMO SON OS ANIMAIS
Gran variedade de formas e tamaños,
estruturas e comportamento que lles permiten
colonizar tódolos medios.
Como é o seu Son eucariotas e pluricelulares
corpo
Acadan un alto grao de complexidade: teñen
complexidade
órganos e incluso, aparellos e sistemas para
desempeñar as súas funcións vitais.
Teñen simetría: o seu corpo pódese dividir en
simetría
varias partes iguais ou só en dúas partes.
5. Nutrición: Todos heterótrofos. Poden ser:
Nutrición heterótrofos
herbívoros, carnívoros ou omnívoros.
Ex. 1 e 2 p.79
Relación: A maioría poden desprazarse.
Relación
Ficha: Cefalización Tenden a Cefalización: o S.N. e os
Cefalización
sentidos concéntrase na cabeza.
Funcións vitais dos Reprodución:
Reprodución
animais
A maioría unisexuais (machos
Maioritariamente sexual,
sexual En canto o
e femias), pero algúns poden
algún ten tamén asexual desenvolvemento do
ser hermafroditas (individuo
(p.e. estrelas de mar, embrión poden ser:
con órganos masculinos e
platelmintos...)
femininos;p.e: caracois.
Vivíparos:
Ovíparos: poñen Ovovivíparos:
Paren crías
ovos. P.e. as teñen ovos que
vivas. P.e. a
aves. quedan no
maioría dos
mamíferos. interior da nai.
P.e. en moitas
quenllas e outros
6. 1. QUE CARACTERIZA AOS ANIMAIS
1.2. PRINCIPAIS GRUPOS ANIMAIS
Como xa dixemos os animais pódense clasificar en dous grandes grupos:
os Invertebrados e os Vertebrados.
Vertebrados
Invertebrados: carecen de columna vertebral e esqueleto interno.
Poden ou non ter simetría.
Vertebrados:posúen columna vertebral, esqueleto interno e simetría
bilateral.
Esta división é útil organizativamente, pero non ten sentido biolóxico, xa
que todos os Vertebrados proceden dun antecesor común, pero iso non
sucede nos Invertebrados.
Ficha: Árbore evolutivo dos Animais
Ficha I Reforzo
7. 1. AS ESPONXAS, OS PÓLIPOS E AS MEDUSAS
Son animais moi sinxelos na súa estrutura.
Son acuáticos.
A maioría son inmóbiles, e por iso, moitos foron considerados na
antigüedade plantas.
Esponxa
Pólipos e medusas
8. 2.1. AS ESPONXAS
A maioría son mariñas.
Viven fixas a rochas en augas pouco profundas.
Son filtradores: aliméntanse dos seres vivos microscópicos que hai na
auga.
A súa armazón utilízase dende sempre para usos de hixiene persoal.
Como é o seu corpo:
- As paredes do seu corpo está perforadas de poros.
- Posúen unha cavidade interna.
- Esta cavidade desemboca ao exterior a tarvés dunha abertura
superior.
- O seu corpo sosténse grazas a pequenas espiñas.
Ex.1 p.81
9. 2.1. AS ESPONXAS
Ex.2 p.81
Como se alimentan: a auga con partículas de alimento en suspensión entra
polos poros cara a cavidade interna e é expulsada pola abertura superior.
Como se reproducen:
Teñen reprodución sexual (producen células sexuais) e tamén poden
reproducirse asexualmente a partir de anacos do seu corpo.
10. 2.2. OS PÓLIPOS E AS MEDUSAS
Teñen forma de saco.
A maioría son mariños e ou viven flotando na auga (medusas) ou fixos no
sustrato (pólipos).
Como é o seu corpo:
- Teñen unha cavidade interna que actúa como estómago e que
comunica co exterior mediante un orificio rodeado de tentáculos que fai
as veces de boca e ano.
- Presentan dúas formas corporais:
+ Forma pólipo: Viven fixos e a boca sitúase na parte
superior. Son as hidras, anémonas, corais...
+ Forma medusa: Flotan nauaga e a súa boca sitúase na
parte inferior.
- Tanto pólipos como medusas posúen nos seus tentáculos unha
células especiais que conteñen veleno e un filamento enrolado.
12. 2.2. OS PÓLIPOS E AS MEDUSAS
Como se alimentan: Os pólipos e medusas cazan.
Cando unha presa achégase demasiado a un tentáculo do animal, as
células especiais disparan o seu filamento, a xeito dun resorte, e
inxectan o veleno na presa.
Esta substancia paraliza ou mata a vitima permitindo que os
tentáculos do animal poidan introducila pola boca cara a cavidade
interna e alí dixerila.
Os restos da dixestión son expulsados polo mesmo orificio que agora
actúa como ano.
Como se reproducen: Posúen reprodución sexual e asexual ( a partir de
nacos do seu corpo: característico nos pólipos) dependendo da especie.
13. Asexual
Sexual
Ex.4 p.81/ Ex.9 p.94 Ficha II Reforzo
Cuestión: É verdade que as medusas “pican”?
14. 3. OS VERMES
Animais de corpo alongado e brando.
Sen esqueleto.
O termo “vermes” inclúe varios grupos de Invertebrados:
- Vermes parasitos planos e cilíndricos.
- Ѿñdz ou lombrigas.
3.1 e 3.2 Vermes parasitos:
Hainos co corpo plano ou co corpo cilíndrico.
Producen distintos tipos de enfermidades.
Dentro dos planos o máis importante é a tenia.
tenia
Dentro dos cilíndricos destacan as lombrigas intestinais
15. 3. OS VERMES
Como é unha tenia?
- Ten entre 2 a 8 m de lonxitude.
- Posúe cabeza provista de ganchos e ventosas para suxeitarse ás
paredes do intestino.
- O resto do corpo está formado por aneis aplanados.
- Carece de aparello dixestivo xa que se alimenta, absorbendo a través da
súa pel, das substancias intestinais das persoas que parasita.
- Transmítese o comer carne de porco ou de vaca contaminada.
- A persoa afectada sinte un apetito insaciable e trastornos dixestivos.
18. 3. OS VERMES
3.3. Ѿñdz ou lombrigas
Teñen boca e ano.
Posúen un corpo dividido en segmentos iguais (aneis).
aneis
En cada anel repítense algúns órganos. P.e.: os excretores, os nervios...
A maioría son acuáticos (p.e. Nereis), pero o máis coñecido é a lombriga
de terra ou miñoca.
Tamén pertencen a este grupo as sambesugas.
Como é unha miñoca?
- Ten corpo brando e alongado.
- En cada anel posúe uns peliños que usa para desprazarse.
- É hermafrodita (nunca é a vez macho e femia).
- Ten respiración cutánea: o osíxeno penetra a través da súa pel que ten que
estar sempre humida.
- Coa súa actividade airean e enriquecen o solo, polo que son beneficiosas
para a agricultura.
20. 3. OS VERMES
3.3. Ѿñdz ou lombrigas)
Cuestión:
1. As miñocas nunca se expoñen a acción directa do Sol. A que pensas que é
debido?
Ex.1 e 2 p.83
Ex.3 p.94
Ficha III Reforzo
21. 4. OS MOLUSCOS
Hainos acuáticos e terrestres.
A maioría posúen unha cuncha que os protexe.
En case todos o seu corpo podémolo dividir en tres partes: cabeza, pé e
masa visceral.
visceral
A cabeza posúe os órganos sensoriais.
A masa visceral contén os órganos internos (vísceras).
O pé é musculoso e ten distintas formas segundo o tipo de molusco. Pode
servir para desprazarse, para escavar, para atrapar as presas...
Ex.1 p.84
Principais tipos de moluscos:
Gasterópodos: caracois, lesmas...
Bivalvos: ameixas, mexillóns, ostras...
Bivalvos
Cefalópodos: polbos, luras (calamares), xibias....
Cefalópodos
22. 4. OS MOLUSCOS
4.1. Gasterópodos
A maioría teñen unha cuncha externa enrolada en espiral.
Posúen un pé musculoso grande que empregan para desprazarse.
Teñen cabeza con órganos sensoriais desenvolvidos.
Hainos terrestres e respiran por pulmóns; e hainos acuáticos que
respiran por branquias.
A maioría son herbívoros.
Son exemplos: os caracois, as lesmas, as minchas, as lapas...
23. 4. OS MOLUSCOS
4.2. Bivalvos
Posúen unha cuncha formada por dúas partes chamadas valvas que o animal
pode pechar.
O pé, con forma de cuña, sérvelles para desprazarse e excavar.
Sen cabeza.
Son acuáticos e respiran por branquias.
Son filtradores: aliméntanse dos seres microscópicos que hai na auga.
Son exemplos os mexillóns, as ameixas, os berberechos...
Ex. 3 p.84
24. 4. OS MOLUSCOS
4.3. Cefalópodos
A maioría non teñen cuncha ou posúen unha pequena cuncha interna
chamada pluma. (Excepción: Nautilius)
O pé está transformado en tentáculos cos que atrapan as presas.
Cabeza ben diferenciada e órganos sensoriais moi desenvolvidos,
sobre todo a vista.
Na boca teñen bico de loro.
Son acuáticos e respiran por branquias.
Son carnívoros e cazadores.
Ex.4 p.94
Ficha IV e V Reforzo
26. 5. OS ARTRÓPODOS
Posúen unha coiraza ríxida externa, e dicir, un esqueleto externo.
Este esqueleto externo ríxido posúe apéndices articulados (patas,
mandíbulas, antenas...) para permitir os movementos destes animais.
Son o grupo máis numeroso e variado do Reino Animal.
5.1. Como son os Artrópodos?
Como é o seu corpo:
O corpo dos artrópodos está dividido en segmentos e pode ter tres
formas:
- Dividido en cabeza, torax e abdome. P.e.: unha abella.
- Dividido en cefalotorax (fusión da cabeza e o torax) e
abdome. P.e: unha gamba ou un langostino.
- Dividido en cabeza e tronco. P.e: un cempés.
28. 5. OS ARTRÓPODOS
5.1. Como son os Artrópodos?
Os Ollos dos Artrópodos:
Unha das características máis chamativa dos artrópodos é que poden
posuír dous tipos de ollos:
- Ollos simples: lentes sinxelas coas que distinguen a luz e imaxes
pouco definidas.
- Ollos compostos: formados por miles de lentes. Obteñen con eles
unha visión precisa, en especial de obxectos en movemento.
29. 5. OS ARTRÓPODOS
5.1. Como son os Artrópodos?
A respiración:
- Os acuáticos respiran por branquias, p.e. os crustáceos como os
cangrexos, os langostinos ou a centola.
- Os terrestres respiran mediante tráqueas, que son uns tubos
internos ramificados que levan o aire dende o exterior ata as células
internas do animal.
30. 5. OS ARTRÓPODOS
5.1. Como son os Artrópodos?
A Reprodución:
- É sexual.
- Son animais ovíparos.
- Presentan no seu desenvolvemento un conxunto de modificacións que
sofren algunhas especies (non é exclusiva dos artrópodos) dende que
nacen ata que chegan a adultos reprodutores.
31. 6. OS DISTINTOS GRUPOS DE ARTRÓPODOS
6.1. Arácnidos
Son arañas, escorpións e ácaros.
Poden posuír veleno.
A maioría son terrestres e carnívoros.
O seu corpo divídese en cefalotorax e abdome.
No abdome:
- As arañas teñen as glándulas da tea.
- Os escorpións teñen un aguillón con veleno.
Teñen catro pares de patas.
Teñen ollos simples.
33. 6. OS DISTINTOS GRUPOS DE ARTRÓPODOS
6.2. Crustáceos
Son os cangrexos, gambas, lubrigantes...
A maioría son mariños e carnívoros.
Teñen o corpo dividido en cefalotorax e abdome.
O seu esqueleto externo é duro.
Teñen antenas e dez ou máis patas, algunha a xeito de pinza.
Posúen ollos compostos.
34. 6. OS DISTINTOS GRUPOS DE ARTRÓPODOS
6.3. Miriápodos
Son os milpés e cempés
Son terrestres e carnívoros.
O seu corpo está dividido en cabeza e tronco (con moitos aneis).
Un par de antenas e un ou dous pares de patas por anel.
Algúns son velenosos p.e.: escolopendras.
Posúen ollos simples.
35. 6. OS DISTINTOS GRUPOS DE ARTRÓPODOS
6.4. Insectos
Son as abellas, as avespas, as moscas, os saltóns, os escaravellos....
A maioría son terrestres.
Poden ser herbívoros, carnívoros, carroñeiros ou parasitos.
Teñen o corpo dividido en cabeza, torax e abdome.
Posúen un par de antenas, tres pares de patas, e moitos, un par de ás.
Teñen un par de ollos compostos e un número variable de ollos simples.
Son os animais máis abundantes do planeta polas súas características
ventaxosas: poden voar, comen pouco e reprodúcense rápidamente.
Ex.1 e 4 p.89
Ex. 5, 8 e 10 p.94
Ficha VI Reforzo.
37. 7. OS EQUINODERMOS
Son mariños.
Algúns viven fixos e outros desprázanse lentamente.
Teñen un corpo segmentado con formas diferentes:
- Forma globosa: ourizos de mar.
- Forma estrelada: estrelas de mar.
Non posúen cabeza.
Baixo a capa superficial presentan un esqueleto externo dividido en
placas e provisto de espiñas.
Son ovíparos.
A reprodución é sexual, pero algúns, como as estrelas, teñen tamén
reprodución asexual por fragmentación ( a partir de anacos do seu corpo).
Ficha VII (só apartado B)