2. OS LIQUES
1. Que son os liques?
Os liques son organismos constituídos pola simbioses entre un
fungo chamado micobionte e unha alga ou cianobacteria chamada
ficobionte. A asociación destes dous organismos pode ser moi
variada podéndose diferenciar varios tipos estruturais moi
diferentes. Os liques xogan un papel moi importante dentro
dos ecosistemas. Son os primeiros seres en comezar a
colonización de novos terreos e o primeiro ser en comezar a
formar una capa de solo que poderán sustentar á vexetación
posteriormente. Os liques normalmente son bastante específicos
á hora de elixir un substrato sobre o que desenrolarse. Ademais
de vivir sobre as rochas, hai especies adaptadas a vivir
exclusivamente na madeira morta, nas cortizas das árbores,
sobre follas de plantas, sobre o solo espido, en zonas
intermareais da costa, etc. así coma en calquera clima, por
extremo que este sexa.
Son organismos moi sensibles á contaminación, especialmente ó
SO2 e ós metais pesados. Pero esta sensibilidade á contaminación
é diferente segundo os tipos de liques. Por iso se adoitan utilizar
como indicadores biolóxicos da contaminación. Se estudamos
zonas de aires puros, como por exemplo bosques, veremos que
existe unha gran variedade de liques. Se buscamos liques nunha
zona moi contaminada non encontraremos ningún. Estes dous
extremos aparecen situacións intermedias. Buscaremos liques
pola zona en que desexemos realizar a investigación. Lembra que
os liques poden aparecer nos troncos das árbores, nos tellados,
no chan, nas rochas, etc. O lugar sobre o que se asentan
3. denominámolo sustrato. Podemos utilizar como guía orientativa a
seguinte clasificación para coñecer de maneira xerala calidade do
aire da nosa cidade, vila ou aldea e comparalo co de zonas
próximas. É un sistema sinxelo, e sen custo ningún.
TIPOS DE LIQUES CALIDADE DO AIRE CANTIDADE DE SO2
(mg/m3)
Ausencia total de Extremadamente Superior a 175
liques contaminado
Liques crustáceos Moi contaminado Aproximadamente
125
Liques foliáceos Pouco contaminado 30-70
Liques friticulosos Moi pouco Inferior a 30
contaminado
Nas zonas en que o aire é moi puro poden aparecer os tres tipos
de liques, é dicir, crustáceos, foliáceos e fruticulosos. Nas zonas
en que exista un índice de contaminación elevado soamente
aparecerán liques crustáceos. Nunha situación intermedia están
os lugares en que aparecen liques foliáceos e crustáceos. Se non
aparece ningún tipo de lique, estamos ante unha zona con niveis
moi altos de contaminación. É importante sinalar que este estudo
unicamente nos servirá para comparar a calidade ambiental de
zonas que teñen un clima parecido, xa que as características
climáticas tamén inflúen no seu crecemento.
Exemplo dun brión nunha parede de cemento:
4. 2. O seu tipo de vida:
Os liques son organismos excepcionalmente resistentes ás
condicións ambientais adversas e, polo tanto, capaces de
colonizar diversos ecosistemas. A protección fronte á disecación
e a radiación solar que aporta o fungo e a capacidade da
fotosíntese da alga aportan ó simbionte características únicas
dentro dos seres vivos. As chamadas sustancias liquénicas (a
síntese de compostos unicamente presentes nestes organismos)
permiten un mellor aproveitamento de auga, luz e da eliminación
de sustancias prexudiciais para o lique.
3. Tipos de liques:
3.1.-Liques crustáceos: son os que están moi unidos á
superficie das rochas. Aparecen como unha costra unida ó
sustrato.
Exemplo:
3.2.-Liques foliáceos: teñen forma aplanada e fíxase ó sustrato.
Teñen aspecto de follas máis ou menos engurradas.
Exemplo:
5. 3.3.-Liques fruticulosos: teñen forma de arbusto. Son os máis
escasos.
Exemplo
4º -Liques comúns na catedral de Santiago de Compostela.
Un dos liques máis comúns nas fachadas da catedral de Santiago
é o lique xeográfico (Rhizocarpon geographicum) que é crustáceo
e dunha intensa cor amarela. Os liques producen rachaduras na
pedra, fisuras, óxido e manchas de humidade. Estes efectos
obrigan a limpar a catedral con asiduidade.