3. NO REINO ANIMAL EXISTEN DOUS GRUPOS:
-VERTEBRADOS
-INVERTEBRADOS VERTEBRADOS
Mamíferos
Reptiles
INVERTEBRADOS
Aves
Pólipos Medusas
Anfibios
Gusanos Equinodermos
Peixes
4. OS MAMIFEROS:
- Ter pelo
- Por mamar
- Por ser vivíparos(excepto o ornitorrinco e equidna)
AS AVES:
-Teñen alas e poden voar
- Ovíparos
5. Os mamíferos poden ser carnívoros herbívoros ou omnívoros.
CARNÍVOROS: Como os lobos, tigres, leóns…
HERBÍVOROS: Como o cabalo, la vaca, la cabra…
OMNÍVOROS: Como a zarigüeya, la rata, el hámster …
6. O rato de campo, de modo xeral, é o mamífero
máis abúndante nos nosos campos e montes,
onde podemos localizalo desde o nivel do mar á
alta montaña, onde se volve raro aínda que non
está ausente, aínda que alcanza o seu óptimo en
ambientes rurais con cultivos de cereais onde
alimentarse
O rato de campo consome fundamentalmente
froitos, piñas e sementes, aínda que sen rexeitar
brotes e talos novos, aos que pode ocasionar
importantes danos, como tamén os causa aos
cultivos, particularmente de cereais, polo que
sempre foi considerado polo home como unha
praga.
7. Aliméntase fundamentalmente de lepidópteros
(bolboretas) e coleópteros (escaravellos), de
hábitos tamén nocturnos.
O morcego común está ligado típicamente aos
medios habitados polo home (pobos e cidades),
ocupando tamén ocasionalmente ambientes
cavernícolas. Permanece oculto durante o día,
formando dilatadas colonias en grietas de
paredes e muros, faiados, bufardas, adegas,
campanarios e pontes, iniciando a súa
actividade coas últimas luces da tarde.
Oriéntase nos seus desprazamentos valéndose
da ecolocación, e permanece en letargo durante
os meses fríos do inverno, sendo observado
tamén no exterior nalgunhas tardes asolladas.
8. De pequeno tamaño, similar ao dunha ovella, e
con coloración uniforme, que varía coa época
do ano, pasando dunha coloración grisácea no
inverno a unha pelame estival de tonalidade
castaña. Conta cunha cola moi curta, de
apenas uns centímetros, que se perde no
característico escudo anal da especie, este en
forma de corazón investido e cor branca no
inverno e máis amarelado no verán. A boceira
negra, que contrasta coa cor branca do queixo e
beizo superior, é outro trazo moi marcado na
especie, que resulta inconfundible dentro dos
cérvidos
9. Vive en pradeiras secas, linderos de
bosques, parques, etc. Nas montañas chega a vivir
ata os 1.500 m. de altura, aínda que é máis ben unha
especie típica do monte e matogueira mediterránea.
É moi adaptable, aínda que evita os grandes
bosques. Require un chán onde poida escavar. Está
distribuído por toda a Península Ibérica e as
Baleares.
10. A constitución do lobo indica
inmediatamente a súa capacidade
depredatoria. As 42 pezas das súas fortes
mandíbulas, a súa ampla caixa torácica e os
seus voluminosos músculos maseteros, que
dan aos seus ollos esa característica forma
almendrada, son froito dunha pragmática
evolución ao servizo das súas funcións de
depredador na escala trófica.
Un lobo adulto pode ter unha lonxitude de
entre 100 e 120 centímetros, e unha alzada á
cruz de entre 60 e 70 centímetros. O peso
varía entre 30 e 50 quilos, aínda que se
atoparon exemplares de até 75 kg. As femias
teñen unhas dimensións e peso inferiores
aos dos machos.
.
11. É o representante máis pequeno dos mamíferos
carnívoros pertencente á familia dos mustélidos.
O seu corpo é pequeno, esvelto, alargado e
flexible. A cabeza é aplanada, co rostro moi
curto, as orellas pequenas e redondeadas, ollos e
nariz escuros e o pescozo longo.
12. Ao lirón careto podemos definilo como un dormiñón
con antifaz e é que este pequeno e simpático roedor
caracterízase pola presenza dunha franxa de pelo de
cor negra na zona ocular que, a modo de careta,
cóbrelle parte do rostro e prolóngase tras as orellas,
detalle cromático do que toma o seu nome común
(cara). Se ao anterior unímoslle que este animal entra
en longos e profundos soños de onde tamén se adopta
a coñecida expresión da linguaxe popular durmir máis
que un lirón, sintetizariamos nunhas poucas palabras
ao lirón careto., longa cola ou rabo, poboada de pelos
en forma de pincel na punta, da que pode
desprenderse en caso de perigo ao ser aprendida por
algún depredador (anatomía caudal) póndose a salvo
deste xeito. Tamén conta o lirón careto cunhas orellas
ben desenvolvidas nas que destaca o pavillón auricular,
dispostas a captar o menor ruído.
13. Os adultos poden chegar a pesar máis dun quilo. A súa
característica máis rechamante son as pugas ou puntas de
que está revestido. Os músculos cutáneos permítenlle
envolverse e formar unha bóla de pugas contra a que os
seus inimigos naturais son impotentes. Ás veces é presa
de cans, raposos, porcoteixos, lamotes ou curuxas.
Non teñen pescozo e os seus ollos son pequeniños. As
orellas son redondeadas e o fociño aguzado. A súa
dentamia componse de 36 pezas. As súas catro patas son
curtas, teñen 5 dedos e están providas de fortes unllas.
Ten un rabiño pequeno. Os machos son máis grandes que
as femias, e o abdome é dunha cor parda máis clara que as
pugas. As femias poden ser tamén da cor da cinza.
Son animais lentos, aínda que poden apurar o paso.
Camiña moito e sabe nadar. No caso de presentir perigo
tenden a inhibirse e enrodelarse sobre si mesmos. Emite
sopridos e asobíos. O seu olfacto está moi desenvolvido.
14. A ibérica é a máis pequena das lebres que poden atoparse
actualmente en España. O corpo mide ao redor de
45 centímetros, máis 10 de cola, e o peso varía entre os 2 e
2,5 quilos. O pelo é curto e de cor parda-avermellada,
entreverado de negro no lombo, e branco no fuciño,
fazulas, bandullo, parte das patas (pés e parte superior,
sendo o resto pardo) e a cola. O extremo das orellas e o
dorso da cola son negros. A lebre ibérica diferénciase
tamén por algunhas características da arquitectura do
cranio, entre as que se atopa o ter os incisivossuperiores
máis inclinados cara adentro. Os individuos de ambos os
dous sexos son difíciles de diferenciar á primeira ollada,
aínda que polo xeral as femias son de tamaño lixeiramente
superior.
15. Un exemplar adulto pesa ao redor dun quilogramo e medio.
Posúe unha cabeza pequena, un fociño agudo, un corpo
delgado, patas curtas e pelame espesa e suave, máis escura
polo lombo que polo ventre.
Os seus hábitos son nocturnos, adoitan vivir nas árbores e
aliméntanse de pequenos mamíferos,
pequenas aves, insectos e ras. Tamén comen
algúns froitos e ovos de paxaros. Asemade as martas son
presas das aguias e dos raposos. Non obstante, o seu maior
inimigo é o home, que a apreza pola súa fina pel. En cativerio
viven ata 18 anos, mentres que a súa vida silvestre apenas
supera os catro anos. Chegan á súa madurez sexual aos dous
anos. As súas crías adoitan nacer en marzo ou abril, logo dun
período de xestación de ao redor dun mes. O seu peso ao
nacer é de aproximadamente 30 gramos
16. O teixugo mide entre 60 e 90 centímetros e
ten un peso entre 7 e 13 quilogramos.
É doado de identificar: na cabeza ten bandas
brancas e negras, únicas. As orellas teñen
rebordes brancos; as patas e o abdome son
negros e o lombo gris prateado. Semella un
pequeno oso, ou ben un cocho peludo, pois
fai uns ruídos característicos de seu. A súa
pelaxe empregábase non hai moito para
facer brochas de afeitar. As patas dianteiras
teñen uñas moi longas, poderosas, coas que
escarva profundas covas.
17. Prefire as paisaxes abertas, os
campos, praderías, lindes dos bosques e
terreos baldíos invadidos pola maleza. É un
animal bastante común, que se alimenta
sobre todo de pequenos roedores, aos que
persegue ata nos seus tobos, debido á súa
delgadez.
As donicelas poden presentar sorprendentes
variacións de tamaño. Estas débense, por
unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as
femias son bastante máis pequenas que os
machos e, por outra, á existencia nas
poboacións de individuos de tamaño moi
reducido, considerados ata hai pouco como
pertencentes a unha especie autónoma.
18. É un mamífero artiodáctilo e suídeo de
medio porte e corpo robusto. É considerado
o antepasado a partir do cal evoluíu o
actual porco doméstico. Pola súa semellanza
co porco recibe tamén denominacións
populares derivadas deste: porco
bravo, cocho bravo, porco
montés e porco
Ten unha ampla distribución
xeográfica, desde a
área mediterránea de Europa ata Asia e Indo
nesia. En Galicia tamén está amplamente
distribuído.
19. Diferénciase da toupa europea polo seu
menor tamaño, por ter os ollos totalmente
tapados polo pelo, un cranio máis alongado
e estreito, e polos pelos brancos que cobren
as poutas e mailo fociño. A cola é curta e
atópase cuberta de pelo, as súas poutas son
grandes. O fociño é cónico e con longos
bigotes (vibrisas) que, ao igual cós pelos das
poutas, serven para detectar vibracións e
apalpar.
20. tamén coñecido como golpe nalgunhas
zonas ó norte de Galicia, pertence á familia
dos cánidos, dentro da orde dos carnívoros.
O raposo común, tamén chamado raposo
vermello, caracterízase por ter as patas
cortas, o fociño estreito e alongado, as
orellas rectas e triangulares, unha pelaxe
espesa e cola longa. Adoitan pesar entre 7 kg
e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen
incluír a cola). A cor da pelaxe dun raposo
común é alaranxada por enriba e branca pola
parte inferior.
O raposo vive en todos os continentes (agás
na Antártida), habita zonas boscosas, con
matogueiras. Algún tipo de raposo pode
mesmo vivir en zonas desérticas e xeadas
22. Todas as escribentas teñen algúns rasgos en
común, entre os que está o ter a cara con
raias definidas, especialmente os machos.
Como por Galicia é a especie de escribenta
máis común, e as outras poucas especies son
moi diferentes esta especie é fácil de
recoñecer. Son confiadas de vistosas coas
súas cores amarelas.
23. Non é fácil vela no medio do
monte, pero tanto en cidades
como na maioría de aldeas e
pobos son moi comúns. A simple
vista parecen brancas e
negras, pero se se miran ben as
zonas negras case sempre se notan
as irisacións verdes e azuis que
teñen. O seu canto é similar a
unha gargallada.
24. Desta especie son a gran maioría das
gaivotas que se poden ver, especialmente no
verán, cando só hai dúas especies de gaivota:
esta e a chorona. Son moi confiadas en zonas
urbanas, ás cales están moi habituadas. Se
ademais hai comida presente e posible
acercarse moitísimo a elas.
25. Como o seu propio nome di e realmente
común, e ademais está moi acostumado á
xente. Tanto nas aldeas coma no monte vese
por todas as partes, e non so se ve, se non
que tamén se oe o canto característico que
ten cando escapa das persoas. O macho é
totalmente inconfundible, pois é totalmente
negro e ten o bico moi laranxa. As cores da
femia parécense un pouco máis ás dun
tordo, pero este último é moito máis claro, e
do estorniño e facilmente diferenciable, pois
o merlo ten unha forma máis "rechoncha" e
unha maneira moi singular de andar a saltos.
26. Esté córvido tamén é chamado corvo
pequeno, pola comparación co corvo
carnazal, ou grande, aínda que o primeiro é
máis común. É extremadamente coñecido, e
é tamén xeralmente odiado e
perseguido, pois come as colleitas
sementadas e o millo, ademáis de outros
cultivos humanos. As súas cores son
totalmente inconfundibles: un negro
absoluto, só parecido o do merlo, pero este e
moito máis pequeno. Outro motivo que non
lle dá ao corvo moita popularidade e que
come carniza.
27. A estreliña e a ave máis pequena de Galicia,
pero non a riscada se non a dos piñeiros, que
é moito menos común, pero a diferencia é
mínima. Pode parecer menor ca o carrizo
pero esto pode deberse a que o carrizo leva
frecuentemente o rabo ergueito. É unha ave
inqueda, coma os ferreiriños pero máis
pequena. O seu habitat máis común son os
piñeirais, pero non é exclusivo. As súas cores
non son moi rechamantes, a excepción da
creta laranxa ou amarela (para o macho ou a
femia, respectivamente) que luce.
28. Antes a cegoña estaba só polas
zonas cálidas de Galicia, e só se
quedaba no verán. Actualmente
estase estendendo cada ano e a súa
presenza xa abarca a mairoría de
Galicia. Ademais en certas zonas
quédase ata no inverno. A única
ave das que se poden ver polo
interior á cal se parece
minimamente é á garza real, pero
o plumaxe desta é moito máis gris.
No verán pode verse a cegoña en
grupos grandes buscando comida
nos campos de cultivo.
29. A pesar de que as súas cores son
especialmente discretas e de que se
mimetiza totalmente no entorno (tal vez
precisamente por iso) é totalmente
inconfundible. A maneira que ten de
ascender polos troncos das arbores e moi
característico, practicamente só o comparte
co piquelo azul. Ademais da súa maneira de
gabear polas árbores ten outras
características que fan deste un paxaro
particular: o seu longo rabo e o seu bico,
tamén longo e gallado.
30. Sube polas árbores igual ca o
gabeador común, aínda que hai
unha diferencia na súa forma de
facelo: o gabeador só ascende
polos troncos e o piquelo tamén
descende agarrado a eles. Polo
demais non se parece moito a
este. As cores do piquelo azul son
rechamantes e a súa forma e
coma a de calquera outro paxaro.
31. É un paxaro pequeno e
inquedo con un chasquido
característico que lle da
nome. Non é difícil velo en
sitios con moitos
toxos, xestas e maleza en
xeral. De frente pode ser
confundido con un
paporrubio pero a
escuridade da súa espalda
diferénciao totalmente
deste.
32. É probablemente o máis
común dos ferreiriños
agora mesmo, ou polo
menos o máis fácil de
ver, porque o común e o
cristado viven nos pinares.
É bastante tranquilo para
ser un ferreiriño, pois gran
parte dos outros móvense
todo o tempo. É bastante
confiado, acercase
bastante ao home.
33. Grácil, enérgico e
probablemente o máis belo
dos ferreiriños. Tamén é o
que máis se move, o máis
inquedo. É difícil de
diferenciar do abelleiro polo
aspecto, pero a súa
mobilidade é totalmente
distinta. Ten esa costume
típica nos ferreiriños de
pendurarse cabeza abaixo
nas polas.
34. Ainda que é frecuente non é
moi fácil de ver se non se
busca no lugar
adecuado, porque é case
exclusivo dos piñeirais. Igual
ca o bacachís ten a costume
de pendurarse das polas. É
moi fácil velo en pequenos
grupos cantando desde a
cima dos piñeiros.
35. Dos ferreiriños que se poden ver
é probablemente o menos
frecuente, aínda que tamén é
díficil de ver por estar ligado aos
pinares, coma o ferreiriño
común. De feito é parecido a este
exceptuando o seu rasgo
característico, que o fai imposible
de confundir: a súa crista, que
está composta por rombos
blancos e negros. Tamén ten un
canto caractéristico: "pi pi
chrrrrrr". É unha definición
mediocre.
36. É probablemente a ave máis común en
Galicia, sendo máis coñecido polo nome de
gorrión. Digo probablemente porque, inda
que sexa o que máis se ve porque o seu
habitat está estrictamente ligado a
asentamentos humanos, eso non quere dicir
que sexa o máis abundante. Polo demais
tampouco é unha ave moi destacable, non
ten unha cor rechamante, fai niños normais,
o seu tamaño é o típico dun paxaro... Si que
ten un ritual de apareamento curioso,
levantando o macho as ás é dando voltas
arredor da femia, pero outros páxaros fan
máis ou menos o mesmo.
37. É o segundo paxaro máis
pequeno dos que se poden
ver por aqui, despois da
estreliña riscada. O seu
tamaño e a súa costume de
ter o rabo cara arriba case
continuamente fano
inconfundible. Tamén os
seus niños son facilmente
recoñecibles, pois fan niños
esféricos, cunha pequena
abertura lateral.
38. Poderíase dicir que é o páxaro máis
belo de Galicia, polo menos os machos,
coas súas cores amarelas e negras. As
femias teñen uns tons verdes máis
discretos. Ademais do seu aspecto,
teñen outros rasgos característicos,
coma que penduran os seus niños con
cordóns das polas altas ou que son
extremadamente esquivos e
asustadizos, polo que viven, en xeral,
lexos das persoas.
39. É unha garza de bo tamaño e non demasiado
ligado a auga, dentro do que pode sendo
unha ave propia de zonas húmidas. Pode
verse por toda Galicia, non só cerca do mar
ou lagose está aqui durante todo o ano. A
pesar de que a altura é a forma coinciden coa
da cegoña son facilmente diferenciables
polas súas cores, sendo a garza gris e co pico
e as patas tamén de cores discretos, e a
cegoña branca e co pico e as patas cor
laranxa.
40. Con diferencia a máis común das
rapaces galegas. Come
especialmente pequeno
mamíferos, non coma un
gabián, que se alimenta de outras
aves, ou coma un lagarteiro, do
cal dudo que faga falta dicir que
come. O miñato vese con
frecuencia en postes e cables do
tendido eléctrico, ou
sobrevoando unha zona en busca
de presas.
41. É unha ave da que todo o mundo oíu
falar, pero pouca xente debe saber do seu
aspecto. De todas formas tampouco é moi
chamativo, coas súas cores pardas é
grisáceas. O que si que é característico del
son o seu canto (cu cu, cu cu) do cal provén
o seu nome e o seu tipo especial de
parasitismo. Así, en vez de facer un
niño, deixa os ovos no niño doutro paxaro
pequeno coma un pardal orelleiro, unha
lavandeira, un picafollas... para que estes llo
cuiden. Con frecuencia a ave hóspede acaba
alimentando a un paxaro máis grande ca el.
42. É coñecido polo seu melodioso
canto, ainda que ao mellor non
tanta xente o coñeza pola súa
beleza, coas manchas amarelas
das ás e o vermello da súa cara. É
menos abundante ca outros
membros da súa familia, quizas
pola súa dieta na cal as sementes
dos cardos son básicos, de ahí o
seu nome científico, Carduelis
carduelis. Cando son novos son
menos caractéristicos porque a
cor da súa cara é marrón.
43. É un familiar do canario, o
que se nota no canto que
emite en primavera, non
moi boito pero si largo,
complicado e orixinal.
Durante esta época é
frecuente velo cantando
dende algún sitio alto: a
punta dunha árbore, un
cable...
44. RUBÉN VILLAVERDE FONTÁN
FIN
Dado que teño moitos exames finais
estos días acabo aquí a presentación,
senón faría un pouco mais extensa.