1. “ O MEU CORASÓN CHE MANDO CUNHA CHAVE PARA O ABRIR. NIN EU TEÑO MÁIS QUE DARCHE, NIN TI MÁIS QUE ME PEDIR .” ROSALÍA DE CASTRO Os nosos poemas de amor e desamor
2. OS NOSOS POEMAS DE AMOR E DESAMOR Levade, amigo, que dormides as manhãs frias Todalas aves do mundo d´amor diziam: leda mh-and'eu... Vós lhi tolhestes os ramos em que sijam e lhis secastes as fontes em que beviam: leda mh-and'eu... Nuno Fernandes Cantan os galos pra o día érguete, meu ben, e vaite. - ¿Cómo me hei de ir, cómo me hei de ir e deixarte? Vinte unha clara noite, noitiña de San Xoán, Poñendo as frescas herbas na fonte a serenar. E tan bonita estabas, Cal rosa no rosal, que de orballiño fresco toda cuberta está. Por iso, namorado, con manso suspirar os meus amantes brazos boteiche polo van. Rosalía de Castro
3. OS NOSOS POEMAS DE AMOR E DESAMOR No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sin trégolas os desdés dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: "Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben". Os seus ecos de malenconía camiñaban nas alas do vento, i o lamento repetía: "¡Vou morrer e non ven ó meu ben!" M. Curros Enríquez Con auga de sede vella Namorar eu namoreina, Meu amigo! Con unha herba lixeira Namorar eu namoreina, Meu amigo! Namorar eu namoreina Con unha cantiga leda, Meu amigo! Namorar eu namoreina Con áer da primaveira Meu amigo! A. Cunqueiro
4. OS NOSOS POEMAS DE AMOR E DESAMOR O amor foi un trallazo moi forte que rompeu a ventá. E quedou rota para sempre. Eu limpei do chan os cristais. Corteime con eles en tódolos dedos. Se te enamoras vaste e non volves. Ou chegas e miras todo Lupe Gómez Toma esta chave. Abre os meus beizos pero non raches o meu silencio. Abre os meus labios, tes moito tempo. Ti ben coñeces a voz do vento. Faino con calma. faino con xeito. Quero vivir nun beixo eterno. Antonio García Teijeiro
5. OS NOSOS POEMAS DE AMOR E DESAMOR Quérote como as chourizas ben feitas, docemente pero cun aquel de picante Raúl Gómez Pato A unidade componse. Da desorde Desordénome, amor, e dou co punto único do centro dos abrazos. Abrazo a desorde das ideas e sei que a unidade se compón. A unidade componse. Da desorde Xela Arias Por amor Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. Por amor canto o meu canto, Por amor. Por amor sángranme os pulsos E ábreseme o corazón. Por amor dóenme os ollos. Por amor, só por amor. Darío Xohán Cabana