2. ¡Ola amiguiños e amiguiñas…!
Como seguramente deduciriades pola miña
vestimenta, eu son un home prehistórico (ou
sexa, que vivín na Prehistoria, no tempo das
cavernas).
Non sei se saberedes moi ben que é iso da
PREHISTORIA… Pois eu vóuvolo explicar
con moito gusto.
A Prehistoria é o periodo de tempo que vai
dende a aparición dos seres humanos (hai
máis de dous millóns de anos) ata a invención
da escritura -arredor do 3.000 a.C- (momento
no que da comezo a HISTORIA).
3. Debedes de saber que na
Prehistoria distínguense dúas
etapas principais:
O ʲDZíپ (periodo que
abrangue dende a aparición do
home -hai 2.500.000 anos- ata
o descubrimento da agricultura
e a gandería –arredor do ano
10.000 a.C-).
O Neolítico (que vai dende o
descubrimento da agricultura e
da gandería -10.000 a.C- ata a
invención da escritura -3.000
a.C-).
De
4. Seguro que vos preguntaredes cando apareceron na
Terra os primeiros humanos.
Hai 4.000.000 de anos apareceu en África o
“Australopithecus” (que camiñaba erguido sobre
dúas extremidades).
Hai 2.500.000 anos apareceu -tamén en África- o
“Homo hábilis” (que -cun cerebro máis grande- foi
quen de fabricar e usar ferramentas).
5. Máis tarde aparecemos os humanos modernos (“Homo sapiens-sapiens”).
Fabricabamos mellores ferramentas, construiamos cabanas e sabiamos usar o lume.
7. Os primeiros seres humanos viviamos do
que a natureza nos ofrecía (cazabamos,
pescabamos, e tamén recolectabamos
ovos, sementes, froitos, bagas…).
Por iso non podiamos ter unha vivenda
fixa; eramos nómades (xa que debiamos
de desprazarnos -dun lugar a outro- na
procura de alimentos).
8. Perseguiamos rabaños de animais grandes como bisontes,
mamuts, cervos…
Pero tamén cazabamos animais máis pequenos, coma por
exemplo lebres, paxaros…
9. Cazabamos en grupo, e para atrapar as presas, tendiamoslles trampas e utilizabamos
armas de pedra e de madeira.
10. As armas utilizadas polos primeiros
homes foron simples pedras e estacas de
madeira.
Despois aprendemos a tallar o sílex e
outras pedras duras, para facer machados
e temibles puntas de azagaia.
Logo inventamos o propulsor, empregando un anaco
de corno de reno curvado cara arriba. O cazador
colocaba a súa azagaia apoiada sobre esa parte
curva. Cando lanzaba o propulsor cara adiante, a
azagaia soltábase con forza.
Unha azagaia lanzada coa man alcanzaba un branco
situado a cincuenta metros, pero lanzada coa axuda
dun propulsor, ¡a distancia conseguida podía ser o
dobre…!
11. Dos animais que cazabamos obtiñamos:
carne para comer, peles para vestirnos e
ósos e cornamentas para fabricar
ferramentas.
12. Respecto do proceso seguido para aproveitar as peles dos animais que cazabamos para facer as
nosas vestimentas, direivos que…
Os cazadores esfolaban o animal con habilidade. Os retallos (fixados ó chan con estacas)
tendíanse ó sol e sacábaselles os restos de carne e graxa para evitar que a pel se estragase.
14. Unha vez que as peles estaban limpas, poñiamolas a secar na caverna. Cando estaban secas,
confeccionabamos as prendas de vestir.
No proceso de tratado e confección das peles empregabamos raspadores (para sacar os restos
de carne e graxa) perforadores e agullas. Como fío utilizabamos tendóns de reno ou crinas de
cabalo.
A graxa utilizabamola para impregnar as mechas das nosas lámpadas.
15. A pesca era outro dos recursos que empregabamos para a obtención de alimentos.
Pescabamos en augas pouco fondas, empregando arpóns e anzois que faciamos con
ósos e hastas de animais.
16. Os homes prehistóricos viviamos en
tribos (colaborando nas actividades
de caza e recolección).
Procurabamos acubillo entre as
rochas e no interior das covas.
17. Cando nos desprazabamos, seguindo aos animais,
instalabamonos en campamentos ao aire libre, preto
dos ríos (construíndo cabanas con troncos de madeira
e peles de animais).
18. Co tempo chegamos a
dominar o lume…
Co lume podiamos
quentarnos, iluminar o
interior da cova, cociñar
alimentos e protexernos dos
animais salvaxes.
19. A domesticación do lume foi o
progreso máis importante da historia
da humanidade (cousa que ocorreu
hai 400.000 anos).
21. Os homes prehistóricos fabricabamos armas e ferramentas
que nos axudaban na realización das nosas actividades
diarias.
22. Ao principio, os instrumentos que fabricabamos os
homes prehistóricos eran de pedra de sílex tallada (fabricabamolos golpeando unhas pedras con
outras).
Os fragmentos máis pequenos e afiados, utilizabamolos coma coitelos; as pezas maiores usábanse como martelos e machadas.
As principais armas eran as lanzas e as frechas.
23. Había homes que eran auténticos expertos no
tallado da pedra.
Esta habilidade transmitíase de pais a fillos… En
cada xeración aparecía un pequeno progreso
que melloraba a técnica do tallado do sílex…
Dunha mesma pedra, podíanse obter ferramentas diferentes: rascadores, raspadores, punzóns,
bureles…
24. No proceso de tallado:
1º) Había que comprobar que o sílex non estivera rachado nin agrietado.
2º) Despois -cunha pedra laxa do río, moi dura- golpeábase o bloque de sílex do que se desprendía unha gran lámina (isto había que facelo con habilidade para evitar que o bloque de pedra partise en anacos inservibles).
3º) Cun anaco de corno de reno traballábanse os bordes da lámina desprendida… E coma un miragre, aparecía unha punta delgada, fina, de bordes casi transparentes parecida a unha folla de
loureiro…¡Unha auténtica obra de arte…!
25. Os homes prehistóricos usabamos tamén
os ósos e o marfil para facer instumentos
(agullas, arpóns, anzois, puntas de
azagaia, pas…).
26. Fixádevos por exemplo no proceso de confección dunha agulla.
Sobre unha tibia de reno trazábase -cun buril de sílex- a forma dunha agulla; practicabase unha
incisión penetrando con exactitude, e logo -cunha presión do pulgar- sacábase a astilla ósea que
se pulía contra unha rocha.
Logo, cun punzón de sílex practicábaselle un burato, obtendo así unha agulla moi útil para o cosido
das peles.
27. Tamén confeccionabamos obxectos artísticos (esculpindo
cabezas de cabalos ou corpos de mulleres…) e de adorno
(coma por exemplo colares que se facían perforando -cun
punzón- cunchas e dentes de animais que logo se enfiaban
nunha tira de coiro).
28. Os homes prehistóricos realizabamos pinturas nas paredes das covas; son as chamadas
PINTURAS RUPESTRES.
Os artistas da Prehistoria decoraban as cavernas coa finalidade de facer delas santuarios, lugares
onde se levaba a cabo a iniciación dos xóvenes cazadores…
29. Estas pinturas tiñan un sentido
máxico e propiciatorio da caza
(pintabamos os animais que desexabamos cazar).
30. Pintabamos coas mans, con plumas de aves ou con
pinceis feitos de pelos de animal.
Utilizabamos cores vivas que extraiamos dos minerais e
que mesturabamos con graxa de animais.
As cores máis utilizadas eran o vermello, o negro e o
ocre (a cor negra, por exemplo, conseguíase gracias ao
carbón de madeira).
32. Algunhas das covas más representativas da arte
rupestre son:
A Cova de Altamira (situada na zona cantábrica da
península Ibérica) na que predominan os animais
aillados (bisontes).
As covas da zona levantina da Península Ibérica
na que se introduce a figura humana moi estilizada (en
escenas de caza, danza ou recolección).
A Cova de Lascaux en Francia.