2. ʸ鰿Éѱ䴡 O termo proxémica foi introducido polo Antrópologo Edward T. Hallen en 1963 para describir as distancias medibles entre a xente cando interaccionan entre si. O termo proxemia refírese ao emprego e á percepción que o ser humano fai do seu espazo físico, da súa intimidade persoal; de como e con quen o utiliza.
3. TIPOS DE ESPAZOS Hall diferenciou tres espazos no sentido do territorio propio: Espazo fixo : é o marcado por estruturas inamovibles, como as barreiras dos países. Espazo semifixo : é o tipo de espazo que posúe obstáculos posibles de mover ou que se moven. Espazo persoal ou informal : espazo arredor do corpo. Varía en función das culturas, xa que cada cultura estrutura o seu espazo físico. Este espazo pode ser invadido. Se se utiliza un territorio alleo con falta de respecto (mirar fixamente a alguén ou ocupar dous asentos con bolsas cando hai xente de pé) dáse unha violación do terreo.
4. TIPOS DE DISTANCIA Hall notaba que a distancia social entre a xente, está xeralmente correlacionada coa distancia física e describía catro tipos de distancia. Distancia íntima : é a distancia que se dá entre 15 e 45 centímetros (6 a 18 polgadas). É a máis gardada por cada persoa. Para que se desta proximidade, as persoas teñen que ter moita confianza e nalgúns casos estarán emocionalmente unidos. Ë a zona dos amigos, parellas, familia etc. Dentro desta zona atopa a zona inferior a uns 15 centímetros do corpo, é a chamada zona íntima privada. Distancia persoal : dáse entre 46 e 120 centímetros (1,5 -4 pés). Esta distancia ten lugar na oficina, reunións, asembleas, festas, conversacións amigables ou de traballo. Distancia social : dáse entre 120 e 360 centímetros (4 -12 pés). É a distancia que nos separa dos estraños. Utilízase coas persoas coas cales non temos ningunha relación amigable, a xente que non se coñece ben. Por exemplo: a dependenta dun comercio, o albanel,… Distancia pública : dáse a máis de 360 centímetros (12 pés) e non ten límite. É a distancia idónea para dirixirse a un grupo de persoas. O ton de voz é alto e esta distancia é a que se utiliza nas conferencias, coloquios ou charlas.
5. CINÉSICA A Cinesica ou quinésica estuda o significado expresivo, apelativo ou comunicativo dos movementos corporais e dos xestos aprendidos ou somatoxénicos, non orais, de percepción visual, auditiva ou táctil, sós ou en relación coa estrucutra lingüística e paralingüística e coa situación comunicativa. Tamén é coñecida co nome de comportamento kinésico ou linguaxe corporal. Xunto coa proxémica e a paralingüística, forma parte dos tres aspectos máis sobresaíntes da comunicación non verbal.
6. A POSTURA CORPORAL A postura do corpo ou as súas partes en relación cun sistema de referencia, xa sexa a orientación dun elemento do corpo con outro elemento ou co corpo no seu conxunto, ou ben en relación a outro corpo. Cando se fala de posición corporal, débese falar do ángulo co que o corpo está dirixido aos demais, é dicir, a orientación. Exemplos: Cando dúas persoas compiten: sentan en fronte. Para cooperar: sentar un ao lado do outro. Para conversar: en ángulo recto. Para pelexar: En posición ergueita.
7. OS XESTOS Un xesto é unha forma de comunicación non verbal executada con algunha parte do corpo, e producida polo movemento das articulacións e músculos de brazos, mans e cabeza. Distínguense cinco categorías de xestos, propostas por Paul Ekman e Wallace Fritisen: Xestos emblemáticos ou emblemas: son sinais emitidos intencionalmente e que todo o mundo coñece o seu significado. (polgar levantado) Xestos ilustrativos ou ilustradores: son xestos que acompañan á comunicación verbal para matizar ou recalcar o que se di, para suplantar unha palabra nunha situación difícil, etc. Xestos reguladores da interacción ou reguladores: Utilízanse para tomar o relevo na conversación, para iniciar e finalizar a interacción, para ceder a quenda da palabra, ... (dar a man). Xestos que expresan estados emotivos ou mostras de afecto : este tipo de xestos reflicten o estado emotivo da persoa e é o resultado emocional do momento. Como exemplo podemos mencionar xestos que expresan ansiedade ou tensión, acenos de dor, triunfo (nun partido de fútbol), alegría, etc. Xestos de adaptación ou adaptadores: son aqueles xestos que se utilizan para manexar emocións que non queremos expresar, para axudar a relaxarnos ou tranquilizarnos, etc.
8. A EXPRESIÓN FACIAL Coa expresión facial expresamos moitos estados de ánimos e emocións. Basicamente utilízase para regular a interacción e para reforzar ou resaltar o contido da mensaxe dirixida ao receptor. Nós utilizamos a expresión facial para: expresar o estado de ánimo, indicar atención, mostrar desgusto, chancear, reprochar, reforzar a comunicación verbal, etc.
9. A MIRADA A mirada cumpre unha serie de funcións que mencionaremos a continuación: A regulación do acto comunicativo Fonte de información Expresa emocións Comunica a natureza da relación interpersoal O estudo da mirada contempla diferentes aspectos, entre os máis importantes podemos mencionar: a dilatación das pupilas, o contacto ocular, o acto de pestanexar e a forma de mirar.