Guía breve que explica que son as patentes e onde e como podemos buscalas.
1 of 2
Download to read offline
More Related Content
Patentes: que son e como buscalas
1. ONDE BUSCAR …
Principais bases de datos
PATENTSCOPE: buscador da Organización
Mundial da Propiedade Intelectual (WIPO)
Espacenet: buscador da Oficina Europea de
Patentes (EPO) que dá aceso a patentes de todo
o mundo
Latipat: base de datos que recolle patentes de
España e América Latina
Invenes: buscador da Oficina Española de
Patentes y Marcas. Inclúe dúas bases de datos
Latipat e Interpat. Interpat, ademáis das
patentes españolas, inclúe modelos de utilidade
Outros resursos de interese
FreePatentsOnline: buscador de patentes
principalmente americanas
Google Patent Search: acceso ás patentes da
United States Patent e Trademark Office
(USPTO), da European Patent Office (EPO),
ademais de outras oficinas de patentes de todo o
mundo. A opción Busca avanzada de patentes
permite realizar consultas máis precisas.
Scopus: esta base de datos subscrita pola UDC
recupera patentes das seguintes oficinas: WIPO,
USPTO, EPO, IPO e JPO
UNHA PATENTE É …
Unha patente é un título de propiedade
industrial que “protexe” a invención de maneira
que unicamente o titular poderá explotala en
exclusiva e durante un tempo determinado.
En España a concesión, os dereitos, as obrigas e
os efectos das patentes están regulados pola Lei
24/2015, de 24 de xuño, de patentes. Ademais
das patentes, existen outros títulos de
propiedade industrial como os modelos de
utilidade, os deseños industriais ou as marcas.
Como fonte de información de carácter técnico
as patentes son un tipo de documento de grande
interese xa que permiten coñecer os avances e o
estado da técnica dos produtos e procesos
patentados.
O documento de patente estrutúrase en
catro partes principais:
1. Páxina de inicio: aporta os datos de
identificación da patente mediante códigos
numéricos (códigos INID)
11 Número da publicación
21 Número de solicitude
22 Data da solicitude
43 Data da publicación
51 Clasificación Internacional de Patentes
52 Clasificación Nacional de Patentes
54 Título
57 Resumo ou reivindicación
71 Solicitante/s (“applicant”)
72 Inventores/as (“inventor”)
73 Cesionario/a ou titular
…
2. Memoria descritiva (“description”):
basicamente inclúe explicación técnica da
invención e utilidades/melloras que aporta,
estado da técnica e descrición dos debuxos
3. Reivindicacións (“claims”): elementos polos
que se solicita a protección
4. Debuxos
PATENTES: QUE SON
E COMO BUSCALAS
Lens: Plataforma gratuita de busca de patentes
que ademais descubre as relacións entre
patentes e traballos académicos
2. CPC (Cooperative Patente Classification): trátase
dunha clasificación, administrada pola EPO e a
USPTO (Oficina de Patentes e Marcas dos USA),
máis exhaustiva que a IPC e que se estrutura en
nove seccións (A-H e Y) que, como no caso da
IPC, subdívidense en clases, subclases, grupos e
subgrupos.
A: necesidades correntes da vida
B: técnicas industriais diversas; transportes
C: química; metalurxia
D: textiles; papel
E: construcións fixas
F: mecánica; iluminación; calefacción;
armamento; voladura
G: física
H: electricidade
Y: novos desenvolvementos tecnolóxicos;
tecnoloxías transversais
Pódese buscar por esta clasificación nas
seguintes bases de datos:
Espacenet: advanced search ; classification
search
Latipat: búsqueda de clasificación
Google Patent Search: busca avanzada
COMO BUSCAR …
…patentes sobre un tema
Ademais da busca por palabra clave a maioría
das bases de datos específicas permiten facer
uso dun instrumento de gran utilidade, as
clasificacións de patentes. Existen varias
clasificacións:
CIP (Clasificación Internacional de Patentes)/IPC
(International Patent Classification) : facilita a
clasificación e recuperación dos documentos de
patentes de xeito homoxéneo e a escala
internacional. Xerarquicamente asigna eidos de
coñecemento nos que encadrar cada unha das
patentes. Nun primeiro nível establece oito
categorías principais chamadas seccións. Cada
sección identifícase cun símbolo: unha letra
maiúscula que vai do A até o H.
A: necesidades correntes da vida
B: técnicas industriais diversas; transportes
C: química; metalurxia
D: textiles; papel
E: construcións fixas
F: mecánica;iluminación;calefacción;
armamento; voladura
G: física
H: electricidade
Pódese buscar por esta clasificación nas
seguintes bases de datos:
PATENTSCOPE: simple search
Espacenet: advanced search
Latipat: busca avanzada
Interpat (Invenes): busca avanzada
FreePatentsOnline: quick search
Google Patent Search: busca avanzada
…unha patente
Os campos máis útiles para buscar e recuperar
unha patente concreta nunha base de datos son
os seguintes:
Nome de inventor/a
Nome de solicitante (persoa, empresa ou
organismo)
Número de patente (de solicitude, de
publicación, de prioridade)
Familia de patente: conxunto de
patentes similares solicitadas en
diferentes países para un mesmo
invento/proceso
…patentes na UDC
A través da OTRI (Oficina de Transferencia de
Resultados de Investigación) da UDC pódese
coñecer o Regulamento de propiedade industrial
e propiedade intelectual da UDC e máis
información sobre propiedade industrial e
protección dos resultados de investigación.
A UDC non ofrece o texto completo das patentes
polo que para consultalo haberá que buscar nas
bases de datos.
Consultando o Catálogo de investigación da UDC
ou a Ficha do PDI da UDC pódese consultar a
relación de patentes rexistradas por cada grupo
investigador ou por cda investigador/a