1. LABIAVIVA
A nosa educación está na lingua
| AS PERÍFRASES VERBAIS
QUE SON
Unha perífrase verbal é unha forma verbal composta que expresa unha soa idea verbal. Están formadas por un verbo
auxiliar e un verbo auxiliado en forma infinita (infinitivo, xerundio ou participio), entre os que pode aparecer un
elemento de relación (preposición ou conxunción) e na cal o verbo auxiliado contribúe co significado léxico, mentres
que o auxiliar achega información sobre o número, a persoa, o tempo, o modo e o aspecto ou voz.
TIPOS:
TEMPORAIS
Futuridade Ir + infinitivo Vou comer pouco.
Haber (de) + infinitivo Hei buscar todo o que poida.
Estar a / para + infinitivo Os nosos netos están a / para chegar.
Querer + infinitivo Parece que quere nevar.
(só fenómenos atmosféricos)
MODAIS
Obrigación Haber (de) + infinitivo Has de facer canto poidas.
Haber (impersoal) + que + infinitivo Hai que vixiar os gatos pequenos.
Ter + que + infinitivo Tes que facer os deberes.
Deber (de) + infinitivo Debe esforzarse máis para aprobar.
Hipótese ou Haber (de) + infinitivo Habemos chegar a tempo.
posibilidade Deber (de) + infinitivo Debe ter moito medo.
ASPECTUAIS
Incoativa (comezo Comezar / empezar + a + infinitivo Comezou a chover decontado.
da acción) Botar(se) / poñer(se) + a + infinitivo Despois botouse a andar como se nada.
Dar + en + infinitivo Deu en chorar toda a tarde.
2. Imperfectiva Andar + a + infinitivo Andan a pedir polas festas da patroa.
(acción en proceso)
Andar + xerundio Andan facendo o parvo desque chegaron.
Estar + xerundio Estivo chovendo dende aquela.
Levar + xerundio Levo limpando todo o día.
Seguir + xerundio Segue sendo a mesma de sempre.
Ir + xerundio Eles van mirando as aves da lagoa.
Vir + xerundio Veñen sendo amigos dende a primaria.
Perfectiva (acción Acabar + de + infinitivo Acabou de chover ao cabo da noite.
rematada) Deixar(se) + de + infinitivo Deixa de amolar aos bechiños.
Dar + participio Non dou feito canto quero.
Levar + participio Levo traballado moito tempo.
Ter + participio Ela ten lido todos os libros da biblioteca.
Terminativa Chegar + a + infinitivo Chegou a xurar que non o repetiría.
(resultado da Vir + a + infinitivo Ao final veu a dicir mentiras.
acción) Acabar + por + infinitivo Acabou por chorar.
Reiterativa Volver + infinitivo Volvín bater na mesma pedra.
(repitición da Ter + participio Temos estado en desacordo moitas veces.
acción) (Cando o participio concorda co seu
obxecto directo non é perífrase verbal:
Tivo feitos os deberes deseguido.)