18. SAFO, Poema á súa filla CLEIDE
Teño eu unha fermosa nena
que ten unha fermosura igual
a das flores de ouro,
a miña benamada Cleide,
por ela eu daría a Lidia enteira
e a miña querida terra.
21. SAFO, Poema
Semella igual aos deuses ese home
que agora está fronte a ti sentado,
e a túa doce voz ao teu carón escoita
mentres lle falas
23. SAFO, Poema
Uns din que un exército de xinetes,
outros que unha tropa de soldados,
outros que unha escuadra de navíos
é o máis fermoso sobre a negra terra;
en cambio, eu digo que o máis fermoso
é aquel a quen un ama.