2. OS PETRÓGLIFOS
Eu son un home prehistórico da Idade
do Bronce.
Foi precisamente nesa época (é dicir,
ao longo dos milenios III e II a.C), cando se fixo o principal conxunto de petróglifos galegos.
Vouvos contar como era a vida nesa
época, e como, e con que finalidade,
faciamos os petróglifos…
Seguro que ides estar moi atentos…
¿Verdade…?
3. En primeiro lugar, sería convinte lembrar que
os “petróglifos” son gravados feitos sobre rochas ao aire libre; son manifestacións artísticas
dos homes e mulleres que viviron a finais do
Neolítico e durante a Idade dos Metais.
4. Xa sabedes que en Galicia hai unha gran abundancia de rochas de granito, así que foron estas
rochas os soportes sobre os que, os homes daquela época, gravamos os petróglifos
Teño que dicirvos que nós -os gravadores de
petróglifos- diferenciabamos moi ben os tipos de
granito existentes, coñeciamos as súas propiedades, eramos quen de avaliar a súa dureza…
5. Para realizar os gravados, empregabamos lascas e percutores de distintos tamaños e formas (seleccionando,
pola súa dureza e resistencia, rochas de cuarzo que recolliamos nas proximidades das laxes que iamos gravar).
No proceso de gravado distinguíanse diferentes fases:
1º) Na fase de deseño empregabamos lascas de cuarzo para delinear as figuras.
2º) Logo viña o piqueteado que efectuabamos con percutores máis puntiagudos e de maior peso e tamaño (permitíndonos abrir os sucos sobre o duro soporte).
3º) A continuación -na fase de rebaixe e debastamento- empregabamos percutores, máis pequenos e romos,
para ampliar os sucos.
4º) Por último -durante a fase de puído- empregabamos pequenos cantos de cuarcita para regularizar os sucos
cun sinxelo traballo de abrasión.
6. Por realizárense con percutores de pedra, os
gravados prehistóricos presentan sucos anchos
e pouco profundos, cun perfil en U moi aberto.
Os petróglifos máis modernos presentan un
suco cun perfil en V.
7. Estou seguro de que teredes moita curiosidade
por saber o significado dos petróglifos.
Os historiadores e os arqueólogos teñen investigado moito, facéndose moitas preguntas ao
respecto:
• Que son estas figuras?
• Quen as faría?
• Hainas por todo o mundo…
Trátase dunha linguaxe universal? Comunican
sen palabras? Transcriben as mesmas narracións ou son coincidencias?
• Que sentido encerran…?
Son visións máxicas?
Estarán relacionadas co mundo dos
astros?
Pretenderían facer propicia a caza ou a
vida máis doada?
Representarán o poder do guerreiro…?
Mmmm… Hipóteses todas elas interesantes…!
O mundo dos petróglifos e tan apaixoante que
paga a pena seguir investigando, non si…?
17. En primeiro lugar vou intentar explicarvos como era a
nosa vida durante a Idade do Bronce.
Daquela, no territorio no que vos vivides agora, a temperatura era algo máis fresca e o nivel de chuvia similar ao
actual.
No relevo destacaban cristas rochosas graníticas, valgadas e pequenas cuncas. Os solos situábanse nas ladeiras cubrindo boa parte dos afloramentos rochosos.
A queima e corta dos bosques aumentou a erosión
alteran-do a paisaxe orixinaria; entón afloraron as pedras e
laxes utilizadas para gravar os petróglifos.
Carballos, bidueiros, toxos, xestas, pastos, breixos e fentos completaban o escenario.
18. Os antigos habitantes do Bronce levantamos os nosos poboados nas zonas altas das serras ou en pequenas chairas situadas a media ladeira.
Procurabamos a proximidade das cuncas húmidas
(fontes de pastos frescos).
Estes espazos (de solos lixeiros e ben drenados) facilitábanos a práctica da agricultura (cultivo dos campos con arado, tiro animal e fertilizados) e a explotación gandeira (ao ter acceso a pastos frescos durante todo o ano).
En moitos casos, a presenza de petróglifos
constituía a parte máis visible desta paisaxe social.
19. As nosas vivendas eran bastante confortables:
As cabanas (que construiamos con materiais
perecedoiros) tiñan forma oval ou circular.
Apoiábanse en robustos postes de carballo sobre os que se urdía un entramado de varas de
abeleira (revocado en palla e en barro para illalas do frío e da auga).
Empregabamos xestas para a teitume e o chan
era de terra batida.
21. O interior contaba con espazos de uso diferenciado:
• Unha zona para durmir (ocupada con camas
de fentos e de peles).
• O resto da cabana distribuíase como zona de
traballo (para tratar as peles, tecer a la…) e de
almacenamento (empregando recipientes cerámicos e de cestería).
22. Nós, a xente do Bronce, dominabamos o traballo da pel:
Despois de esfolar o animal, obtiñamos unha
pel suave e manexable usando raspadeiras.
Despois de secar as peles, iniciabamos un novo proceso de raspado con graxa e mineral moído.
Empregabamos perforadores e punzóns para
esburacalas e poder introducir a agulla que (enfiada con fibras vexetais ou animais) permitía o
cosido das peles e a confección de vestimentas.
23. Teño que falarvos tamén dos animais que poboaban o
noso territorio (animais que cazabamos ou domesticabamos):
Os porcos proporcionábannos: boa carne,
graxa natural e elementos de adorno
(que faciamos cos cabeiros).
Os cans resultábannos moi útiles
para axudar na caza,
nos labores de
pastoreo e como
defensa do grupo e
dos
poboados).
Ovellas e cabras aportábannos: carne, leite (coa que
se elaboraban produtos como o queixo), la (coa que se
realizaban tecidos) e coiro para
fabricar elementos de uso cotiá.
Os cabalos (ademais de formar parte
da nosa dieta) estaban considerados
animais de prestixio e de gran
importancia social.
Os bóvidos tamén formaban parte da cabaña
doméstica dos grupos humanos da Idade do
Bronce, proporcionándonos: carne, leite, peles
para nos vestir e forza para arar os campos.
24. Como podedes observar, a carne era un compoñente básico da nosa dieta: ovellas, cabras,
vacas e porcos brindábannos reservas para
todo o ano.
Estas reservas complementábanse coa caza
de cervos, corzos, xabarís, coellos, perdices…
Tamén consumiamos peixes e mariscos.
25. Os arqueólogos saben (polos restos de vexetación
aparecidos nas escavacións e os estudos do pole
efectuados), que -ademais de carne e peixe- consumiamos tamén, alimentos de orixe vexetal:
Diversas especies cultivadas (fabas, chícharos,
cebada, avea, centeo, trigo, verzas grelos…).
Froitos silvestres recolectados (coma por exemplo
landras e abelás).
26. Durante a Idade do Bronce, seguiamos utilizando a pedra (cuarzo, cuarcita e sílex) para fabricar algúns útiles.
Os experimentados artesáns realizaban unha
variada gama de ferramentas adaptadas ás
máis diversas funcións: puntas de frecha para
cazar, raspadores para rascar, machadas e aixolas para cortar, fouciños para segar e muíños
para triturar.
27. A produción de cerámica era unha das actividades máis importantes das comunidades da Idade do Bronce.
Fabricabamos os recipientes con arxila que moldeabamos a man, unindo tiras de barro ata conseguir a forma desexada (formas campaniformes lisas e algunha decoración incisa).
Logo, cociamos ao lume as vasillas para darlles
a dureza e consistencia necesaria.
Almacenar os excedentes procedentes do campo, cociñar e consumir os alimentos , era posible grazas á existencia dunha completa vaixela
doméstica adaptada aos diferentes usos e funcións.
28. Na Idade do Bronce dedicabamos moito tempo a
fabricar recipientes e utensilios con fibras vexetais (palla de cereais, vimbios, pólas de abeleira,
salgueiro, xesta ou silva): pequenos cestos, grandes colectores con ou sen asas, tapadeiras e peches…
Estes recipientes, ademais de servir para transportar e recolleitar (leña, landras, bagas, setas…)
permitían almacenar excedentes agrícolas (legu(mes, cereais…).
29. Dominabamos a metalurxia.
En cobre ou bronce faciamos abundantes armas:
espadas, puñais, machadas, puntas palmela e
alabardas.
Utilizabamos o ouro e maila prata para realizar
obxectos de adorno persoal: colares, diademas e
espirais.
Os produtos realizados en metal, ademais da súa
funcionalidade práctica, eran un claro símbolo de
status e prestixio social.
31. Durante o Bronce, realizabamos distintos ritos funerarios, enterrando aos nosos mortos en túmulos de pequeno tamaño,
foxas, covas….
O tipo de enterramento máis habitual era a cista: os corpos
inhumábanse -individualmente- en foxas escavadas no chan
rodeadas por laxes de pedra.
O defunto colocábámolo en posición fetal -decúbito lateralacompañado de ofrendas compostas por vasillas cerámicas
cheas de alimento e de bebidas -como a cervexa- e por elementos persoais.
32. Durante o Neolítico Final e a Idade do Bronce a
organización social baseada en estruturas comunais dá paso a unha sociedade desigual controlada por grupos de poder masculino.
Esta reorganización reflíctese en motivos representados nos petróglifos: o cervo coma icona natural e sobrenatural; o home como domesticador
do salvaxe e as armas como instrumento de poder.
34. É convinte que saibades que Galicia alberga un
dos máis importantes conxuntos de arte rupestre
ao aire libre de Europa.
Hai unha maior concentración deles nas Rías Baixas (sobre todo nas marxes das rías de Pontevedra e Vigo).
35. Os motivos que representabamos nos petróglifos eran
moi variados. Os historiadores e arqueólogos que estudaron os petróglifos clasificáronnos en dous grandes
grupos:
1. Os de arte abstracta (aquelas figuras que non se
identifican con nada que apareza na natureza).
2. Os de arte naturalista ou figurativa (aquela figuras
que identificamos con modelos reais -xa sexan naturais
ou obxectos inanimados-).
36. Esta sería a súa tipoloxía:
• Estraños símbolos xeométricos (cazoletas, combinaciones circulares, círculos
concéntricos, cruces, labirintos, espirais,
zigs-zags, cadrados, reticulados, esváticas, paletas…).
• Armas (puñais, espadas, alabardas e
escudos).
• Distintos animais (serpes, cervos, cabalos…), así como improntas ou pegadas de
cuadrúpedos.
• Figuras humanas, podomorfos, idoliformes…
• Embarcacións…
37. Imos empezar polos motivos de arte abstracta (ou
sexa, aquelas figuras que non se identifican con nada que apareza na natureza): coviñas, combinacións
circulares, circos concéntricos, labirintos, espirais…
38. O motivo máis sinxelo que aparece na maioría dos
petróglifos galegos é un punto gravado -denominado
“coviña”- que aparece nas máis variadas posicións:
• Ciscadas de xeito aparentemente anárquico pola
rocha.
• No centro dun circo ou dunha combinación circular.
• Entre os aneis destas combinacións.
• Agrupadas dentro dun circo ou dun cadrado…
44. Outro motivo que aparece case sempre (caracterizando a arte rupestre galega e atlántica europea)
son os círculos.
Poden aparecer sós (con sucos radiais, con liñas que
parten desde o anel exterior…) ou en combina-cións
circulares que percorren a laxe gravada.
45. As medidas dos circos concéntricos van dende uns
pouco centímetros ata os 3 m. de diámetro da combinación existente no Monte Tetón (en Tebra -no
concello de Tomiño-).
64. Outro motivo abstracto -de execución técnica máis
complexa- que gravabamos en escasas ocasións,
eran os labirintos.
65. Tedes un magnífico exemplo no concello de Marín: A Pedra do Labirinto
(Mogor).
69. Pedra Escrita ou Laxe Cruzada (motivos
circulares, embarcacións, labirinto…).
70. Labirinto do Outeiro do Cribo,
A Armenteira, Meis, Pontevedra,
Pedra do Labirinto Valongo
Cortegada.
71. Outro interesante motivo que gravabamos nos petróglifos eran as espirais.
Tedes un precioso exemplo na Laxe de Rodas, no
concello de Muros.
72. Nesta laxe, a figura principal consiste nunha espiral
que xira á dereita e outra menor que xira á esquerda (ambas as dúas cun suco radial e rodeadas de
coviñas).
75. Espiral central asociada a motivos circulares de círculos concéntricos, de agrupacións
de coviñas, a unha esvástica de lados curvos e a un trisquel.
78. Para completar o apartado abstracto hai figuras
menos numerosas como esvásticas, cadrados,
reticulados, formas en phi, ferraduras, alfabetiformes…
80. Como xa vos dixen, ademais de motivos abstractos, tamén gravabamos nos petróglifos figuras que podedes identificar con modelos reais (xa sexan naturais ou
obxectos inanimados): homes, animais, armas…
As especies de animais que adoitabamos gravar nos petróglifos eran os cabalos
e outros cuadrúpedos indeterminados, algunha serpe e, sobre todo, cervos.
81. As escenas de caza son frecuentes nos petróglifos galegos (nun vinte paneis hai presenza
dun xinete dacabalo).
A figura do xinete conséguese mediante unha
liña que, con sinxeleza, delimita o corpo e a cabeza e, usualmente sostén cunha man as bridas ou a cabeza do animal e coa outra unha
arma arreboladiza.
Os cabalos representados distínguense facilmente dos cervos pola súa longa e espesa cola. Ás veces, as súas patas apóianse sobre unha greta ou fisura que simula a liña do solo e
dispóñense coma se foran a galope.
85. Laxe das Lebres. Poio. Pontevedra
Habitualmente, o animal cazado é un cérvido macho adulto; facilmente recoñecible:
• Polas súas grandes cornas ramificadas.
• Por ser a figura de maior tamaño dentro do panel
ocupando unha posición visualmente privilexiada
na escena.
88. Podedes observar nos petróglifos escenas de caza de grandes cervos lanceados e con feridas;
con lazos ou con colares ao redor do pescozo e
incluso montados polo home (xa que procurabamos o dominio da natureza).
Mais que unha actividade económica, a caza de
grandes cervos era mais ben unha actividade de
prestixio e de relevancia social.
Laxe dos Carballos - Paredes - Campo
Lameiro -
94. Nabal de Martiño. մdzܰó. Pontecaldelas.
Os nosos artistas gravadores amosaban un gran coñecemento do comportamento destes animais, representando: mandas de cérvidos alineados, escenas de
cópula ou loita, cervos bramando ou olfacteando xenitais…
95. Laxe das cruces. մdzܰó. Pontecaldelas (cervos realizados por medio do rebaixe
do corpo mediante o seu baleirado e combinacións circulares).
102. Os cervos corren polo monte, enganchando entre eles as
cornas, perdéndose en misteriosos labirintos punteados,
ouveando á lúa. Formas de fábula, coma ese estraño animal
composto por unha retícula con patas, vencéllanse a ese
cervo urrador; máis alá, unha nota tenra. Un guerreiro
-escudo e arma-, amósase mentres un can enrrabecha o
rabo.
113. Petroglifos da Pedra das Serpes -Valga-
As serpes tamén aparecen representadas (aínda que
con escasa frecuencia) nos petróglifos galegos.
116. Castriño de Conxo. Santiago
Outro dos motivos naturalistas que adoitabamos
representar nos petróglifos eran as armas (puñais, espadas, escutiformes…).
118. Nos petróglifos de Agua da Laxe -Vincios-, na Pedra
da Procesións, podedes admirar o principal conxunto
de armas prehistóricas gravadas en pedra de toda
Europa (trátase dunha colección de trinta puñais, escudos, alabardas e unha impresionante espada que
chama poderosamente a atención polo seu consideble tamaño).
A maioría dos mostrarios de armas realízanse sobre
rochas inclinadas, para seren vistas con facilidade.
119. Como seguramente observariades, nos petróglifos
non gravabamos ferramentas de traballo (machadas,
eixadas, teares) nin escenas domésticas como por
exemplo a crianza dos nenos, o traballo na aldea...
Interesábanos máis reflectir o dominio do home sobre
a natureza (no caso das escenas de caza) e un mundo bélico, o entorno do poder, a desigualdade entre
individuos e comunidades… (no caso das representacións de armas).
120. Na Pedra das Ferraduras -Fentáns- aparecen
representados os chamados “ídolos-cilindro”
(valiosos elementos para a datación xa que se
coñecen modelos reais).
126. PETROGLIFO DE OUTEIRO DO CORNO
El conjunto de grabados de Outeiro do Corno (Teo, A Coruñaapareció, en el contexto
rupestre gallego, como un motivo anómalo que había que situar fuera del corpus
iconográfico establecido hasta entonces.
El motivo central, aproximadamente cuadrangular, dividido en franjas horizontales por
una linea zigzagueante y con una serie de pequeños círculos en su zona superior,
parece poder ponerse en relación con una serie de elementos iconográficos presentes
fundamentalmente en la cornisa cantábrica. Así, el aspecto aproximadamente
rectangular, la división en franjas y la asociación con el arma parecen ser elementos en
común con el antropomorfo de Peña Tú (Asturias), del mismo modo que parece poder
establecerse una serie de paralelos iconográficos con otros referentes como los
grabados de Sejos o Tabuyos del Monte. Se trata, en cualquier caso, de un tema
complejo y de análisis no exento de polémica en el que, en todo caso, en su momento
se propuso como hipótesis de trabajo la posible identificación con figuras antropomorfas
ultraesquematizadas o con la representación de ídolos-placa. Para ello, en el momento
de publicar el hallazgo incluimos una serie de referentes iconográficos que ayudaban a
sustentar la hipótesis y que se recogen en la segunda imagen.
La excepcionalidad del motivo, en aquel momento único en Galicia y al que inicialmente
definimos como motivo "tipo Peña Tú" nos llevó, en una publicación posterior en la que
128. Outro dos motivos figurativos que aparecen -con
escasa frecuencia- nos petróglifos son as embarcacións.
Temos por exemplo o caso dos petróglifos de Pedornes en Oia -no entorno do río Vilar-, que, segúndo algúns expertos, “representan embarcacións con máis de tres mil anos” (establecéndose
para algunha delas unha clara similitude cos modelos do antigo Exipto).
130. "Os barcos dos petróglifos de Oia", de Fernando Javier Costas Goberna e Antonio da
Pena Santos "Os barcos dos petróglifos de Oia", de Fernando Javier Costas Goberna
e Antonio da Pena Santos
"O mar permitiu o movemento de persoas e mercadorías a través do Mediterráneo e do
Mediterráneo ao Atlántico, por rutas afastadas dos conflitos que se desenvolvían nas
terras continentais e que segundo a situación do momento podían bloquear os
accesos, aos lugares onde estaban as materias primas".
134. Os petróglifos son fráxiles e vulnerables. Foron
gravados ao aire libre hai 4.000 anos, e co paso
do tempo, foron sufrindo un lento proceso de degradación natural (colonizados por diversos organismos -bacterias, fungos, algas, liques…-).
135. As obras que se están a realizar para a construción da Depuradora e canalizacións, nos terreos
aledaños á Praia do Prado (Ribeira -Parroquia de
Corrubedo-) provocaron a desaparición do grupo
de petróglifos da ‘Pedra de Santiago’
Pero o máis triste é pensar que na actualidade, o
principal inimigo dos petróglifos é a man do propio home.
Os cambios de uso do solo, o urbanismo, as actividades de reforestación, as canteiras, os incendios e distintos actos de vandalismo, aceleraron o
dano e ocasionaron a perda de moitos deles.
136. Observade como quedou o xacemento rupestre de Boaventura ou O
Sobreiro, na parroquia de Burgueira, no concello de Oia (completamente destruído polas obras que se levaron a cabo para facer unha
xigantesca plantación de kiwi).
137. Nos últimos anos intensificáronse os labores para recuperar os
nosos petróglifos garantindo así a súa conservación e o seu goce
por parte das xeracións futuras (equipos de especialistas esfórzanse por limpar e consolidar os gravados rupestres e por recuperaren a paisaxe nas que estes encontran sentido).
Observade, por exemplo, os traballos para acometer a
musealiza-ción de Outeiro dos Lameiros (no concello de Baiona).
138. A protección dos petróglifos comeza pola adecuada documentación e rexistro (calcos dos motivos
gravados; obtención de modelos tridimensionais
dos gravados e do seu soporte –efectuados con
escaner láser…-).
Para limpar o soporte úsanse brochas, cepillos,
pinzas, bisturís…
Para calcar os gravados empregan lenzos de papel ou plástico, papel carbón, rotuladores especiais e focos de luz que realzan as figuras.
141. Todas estas tarefas teñen que estar realizadas por
expertos.
As persoas que visiten intencionada ou casualmente
os petróglifos, deben ser extremadamente respectuosos con eles (evitando pisalos, raialos ou pintalos
para poder velos mellor -danando así a súa pátina
orixinaria-).
143. Este é o estado de abandono no que se
atopa o petróglifo de Pedra Moura -Coruxo(igual que pasa con outros moitos petróglifos galegos).
145. As comunidades da Idade do Bronce practicaban a agricultura e a gandería como base
subsistencial. Pero nos grabados non aparecen estas actividades, os únicos temas
representados son os relacionados coa caza e a guerra. Os petroglifos falan daquelas
actividades que, posiblemente, a sociedade da Idade do Bronce consideraba máis
prestixiosas: a guerra e a caza.
Nas esceas cinexéticas o único animal cazado é o cervo, isto pode estar relacionado
coa importancia simbólica que este animal debía de poseer. No mundo imaxinario
destas comunidades a caza parece ser algo máis que unha función meramente lúdica
ou suministradora de alimento. Cando observamos unha escea de caza nun petroglifo
estamos contemplando unha actividad de forte contido ritual e posiblemente iniciática.
Os grabados situanse fora dos poblados.
Se observamos a distribución de petroglifos podemos comprobar que a miudo se
dispoñen rodeando as serras, como demarcando un territorio. Se a isto engadimos que
os grabados presentan variacións estilísticas por comarcas, isto pódenos levar a
plantexar que poidesen funcionar como delimitadores territoriales. Nas sociedades
prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e
relixioso, é dicir, que ademáis de servir como marca territorial, os petroglifos poideron
funcionar como lugares de agregación de guerreros e como indicadores de sitios
cunha especial carga simbólica.
146. Los laberintos forman parte de distintas culturas y épocas. Es posible que cada
cultura le haya dado un significado diferente al laberinto, se barajan diversas
hipótesis, como que pudieran estar vinculados con el difícil camino de la vida que
nos lleva al final, es decir al centro sagrado. También pueden significar
peregrinaciones a lugares sagrados. Quizás, simplemente fuera un juego de
destreza para el artista grabador y para la persona que intentara llegar al centro del
laberinto.