3. Características/datos E o planeta máis próximo ao Sol e o segundo más pequeno do Sistema Solar. Ten un diámetro de 4.879 Km (menor que a Terra pero maior que a lúa). Ten unha masa de 3,302×10 23 kg. Tarda 87días e 23 horas en completar a órbita ao redor do Sol. Posúe unha gravidade de 3,7 m/s 2 (inferior á da Terra). A temperatura diurna ronda normalmente os 350 ºC e nocturna -170ºC. Está formado por: Potasio 31,7%, Sodio 24,9%, Osíxeno atómico 9,5%, Argón 7,0%, Helio 5,9%, Osíxeno molecular 5,6%, Nitróxeno 5,2%, Dióxido de carbono 3,6%, Auga 3,4% e Hidróxeno 3,2%. Vista de Mercurio Comparación: Mercurio-Terra
4. Estructura 1º-Cortiza 2º-Manto 3º-Núcleo O núcleo ocupa gran parte do planeta (40% do seu volume total). É moi rico en ferro. Este núcleo encóntrase parcialmente fundido. O manto é moi delgado en comparación ao núcleo. Consta duns 600 km de grosor. A cortiza mide aproximadamente 100-200 km de espesor. Esta cortiza ten visibles e numerosas líñas escarpadas ou escarpes que se extenden ao longo de miles de kilómetros. Parece ser que se formaron cando o núcleo e o manto se enfriaron e a corteza se solidificou.
5. Xeoloxía Supónse que Mercurio sufriu un periodo de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións fai uns 4000 millóns de anos. Durante este periodo de formación de cráteres, Mercurio recibiu impactos en toda a súa superficie, facilitados pola práctica ausencia de atmosfera, que puidera desintegrar ou frear estas rochas. Durante este tempo Mercurio foi volcánicamente activo, formándose depresións e producíndose planicies lisas similares ás da Lúa. A superficie de Mercurio probablemente sufriu os efectos dos procesos de desgaste espaciais. O vento solar e os impactos de micrometeoritos poden variar moito o aspecto da superficie dun planeta.
6. Auga en Mercurio Aínda que en Mercurio se rexistran altísimas temperaturas por regra xeral, os últimos estudos parecen indicar que pode haber auga en estado sólido na superficie. En lugares do planeta próximos aos polos hai cráteres que non sofren o rigor destas temperaturas. Estas afirmacións baséanse en que hai lugares do planeta que son moy refletantes aos radares (estes lugares están nos polos).Aínda que só se trate dunha hipótese é considerada a máis probable e incluso se especula que este xeo pode ter escasos metros de profundidade e que seguramente non sexan máis de dúas toneladas de esta sustancia en moitos destes cráteres. A orixe desta auga é incerta pero hai quen se aventura a dicir que provén da condensación de auga do interior do planeta ou que pode provir doutros astros.
7. Órbita A órbita de Mercurio é a máis excéntrica dos planetas menores. A distancia ao Sol varía dende 46 ata 70 millóns de km. Tarda 87 días terrestres en completar a traslación. Presenta ademáis unha inclinación orbital (con respecto al plano da eclíptica) de 7º. (A eclíptica é a líña curva por onde «transcurre» o Sol arredor da Terra no seu «movemento aparente» visto dende a Terra)
9. Mariner 10 O Mariner 10 foi a última sonda espacial dentro do programa Mariner da NASA. Foi lanzada o 3 de novembro de 1973. A súa misión era probar un transmisor experimental en banda X, explorar a atmosfera, superficie e características físicas de Venus e Mercurio e validar a asistencia gravitatoria, usando neste caso a Venus para acelerarse no seu traxecto final cara Mercurio. En Venus fotografou a atmosfera, ademáis de realizar outros estudos atmosféricos. Visitou Mercurio en tres ocasións, o 29 de marzo e o 21 de setembro de 1974 e o 16 de marzo de 1975. En total cartografou entre o 40 e o 45% do planeta.
10. Messenger MESSENGER é unha misión espacial non tripulada da NASA, lanzada rumbo a Mercurio o 3 de agosto de 2004 e que entrou en órbita arredor deste planeta o 18 de marzo de 2011 para iniciar un periodo de observación orbital dun. Durante o seu traxecto a sonda sobrevolou a Terra o 1 de agosto de 2005, e dous sobrevoos a Venus (o 24 de otubro de 2006 e o 5 de xuño de 2007) e tres a Mercurio (en 2008 e 2009)