O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
2. O concello de
Ponteceso está
situado na marxe
dereita da ría de
Corme e Laxe e na
costa de mar
aberto, entre as
puntas do
Roncudo e
Queimada.
Os principais
núcleos de
poboación son
Ponteceso e
Corme.
3. Na costa distínguense dous tramos moi diferentes, o interior da ría, baixa e abrigada, e os
cantís de mar aberto que caen de forma abrupta dos montes ao mar.
O río máis importante é o Anllóns que percorre o sur do concello e fai de linde nunha boa
parte do seu curso.
Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río.
6. Ínsuas do Lago
O seo do Lago é un abrigo que se forma detrás das Ínsuas do Lago, que se prolongan mar
adentro polas Galiñeiras, no que se conservan restos das instalacións dun portiño, e ten
unha furna na parede do cantil.
20. Praia de Niñóns. se a marea está baixa podemos apreciar varios frentes de area o primeiro
diante do mar aberto, un segundo á altura do illote que separa as praias de Niñóns e do
Morro, e un terceiro que pecha a saída ao mar dos regos que desembocan nela, e retén a
auga que traen formando unha lagoa pouco fonda.
94. RÍA DE CORME E LAXE
Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río
Anllóns, que desemboca ao oeste de Ponteceso.
Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do
Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km chamada a Ínsua onde
podemos atopar dunas móbiles e fixas; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e
recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes
neste concello son Corme e Ponteceso.
Entrada da ría de Corme e Laxe. Punta do Roncudo.
95. Un dos principais atractivos do Roncudo é a contemplación das grandes ondas que
escachan nas paredes dos cantís. As cruces recordan o perigosa que é esta costa.
138. Praia de Valarés.
O peirao foi importante embarcadoiro de mineral durante a segunda Guerra Mundial, en
especial volframio. Da area desta praia obtívose mineral de titanio entre 1936 e 1960.
Aínda se poden ver os restos das piscinas nas que se separaba o rutilio -óxido de titanio- da
area da Praia.
149. Punta do Monte Branco.
A area, empurrada polo vento, sobe polas
abas formando placas eólicas.
150. Ao atoparse co mar o río Anllóns forma unha frecha de area onde se asenta a praia
da Barra, Dolarís ou do Medio, de algo máis de 1 km de lonxitude.
159. Fondo da ría de Corme e Laxe. Esteiro do Anllóns e Ponteceso
160. RÍO ANLLÓNS. Nace nos montes do Xalo, discorre por terras de Bergantiños durante
54,4 km e desemboca na ría de Corme e Laxe formando un amplo esteiro protexido por
una barra de area. O curso do río Anllóns desde Carballo ata a desembocadura en
Ponteceso e os seus afluentes Balsa e Rosende están protexidos no LIC “Río Anllóns”.
162. VALOR XEOLÓXICO
Case toda a costa de Ponteceso é de rochas graníticas, con pequenas zonas de xistos e
gneis. Ten un enorme valor xeolóxico pola presenza de pegadas da tectónica (fallas,
dobras) e pola morfoloxía, tanto na costa rochosa (cantís, furnas, illotes...) como na
areaosa areais, dunas, esteiros...)
MAPA LITOLÓXICO
163. Na Costa da Morte os
protagonistas son as rochas,
o mar e o vento.
177. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM017. Zona de cizalla de Malpica-Lamego en Ponteceso.
(LIG pendente de descrición e delimitación definitiva).
Deformación en granitos variscos asociada á zona de cizalla varisca entre Malpica e Lamego
(Portugal). Pódese apreciar na zona do monte das Travesas/Monte Branco) e arredores.
Interese xeolóxico principal: tectónico.
Monte das Travesas
178. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM016. Sistema dunar de Ponteceso. (LIG pendente de
descrición e delimitación definitiva).
Desenvolvido na marxe dereita do esteiro do Anllóns. Destaca pola duna de Monte Branco,
con 150 metros de altura, unha das dunas rampantes máis altas de Europa.
Interese xeolóxico principal: xeomorfolóxico.
179. VALOR BIOLÓXICO
Ponteceso conta cun tramo de litoral moi diverso no que se alternan grandes areais e
marismas con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís.
É unha área de enorme valor biolóxico que acolle unha importante flora e fauna con
numerosas especies pouco comúns.
A vexetación de cantís, dunas e marismas está moi especializada e pódense atopar
numerosas especies e subespecies endémicas da zona. En canto á fauna hai que
destacar a gran riqueza dos hábitats costeiros e o número de aves acuáticas, moitas
delas invernantes que se concentran nos cantís e nas zonas húmidas.
180. Vexetación nas dunas da Barra
Nas dunas podemos atopar: arenaria do mar, barriña, eiruga mariña, poligono da praia, aceda,
grama mariña, leiteira, correola da praia, cardo mariño, cebola das gaivotas, melga de mar,
alelí das praias, herba do cuco, espigadiña do mar, silene, tomelo bravo, rabo de lebre, cardo
leiteiro, buño das praias, queiruga mariña...
185. Nas áreas mariñas dominan as algas suxeitas ás rochas e algunha planta vascular adaptada á
vida mergullada como as sebas. O animais viven nos fondos ou nos abrigos das rochas.
Carrapuchos (Chondrus crispus)
186. Os percebes (Pollicipes
pollicipes) desenvólvense
unicamente nas rochas da
zona intermareal en lugares
de augas limpas e forte
ondada. É unha das especies
máis comúns e coñecidas da
Costa da Morte e un
importante recurso
económico.
187. Esteiro e Xunqueira
do Anllóns.
O Xuncal.
No esteiro do Anllóns hai
pradeiras de sebas e salicornias e
nas beiras carrizos e xuncos.
É unha importante área de
descanso para as aves mariñas,
sobre todo no inverno, entre as
que destacan as limícolas.
É frecuente ver limícolas pouco
comúns: píllara semipalmeada,
píllara dourada pequena, pilro
americano, pilro de Bonaparte,
pilro canelo, bilurico maculado,
bilurico patiamarrelo grande,
bilurico patiamarelo pequeno...
192. LIC/ZEC Costa da Morte: comprende o litoral desde
Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta
da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas
e as zonas próximas á áreas urbanas. É o espazo de
maior distribución territorial costeira do país.
193. USOS/APROVEITAMENTO
-Pesca, marisqueo e acuicultura
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
A costa de Ponteceso é unha importante área de pesca e marisqueo e recentemente tamén de
grande interese turístico. Destaca a captura de percebes, de grande sona e calidade.
194. Corme, vila mariñeira de grande tradición con estreitas rúas
e casas de cores que conviven coas embarcacións.
196. Non é doado percorrer o litoral de Ponteceso, nin siquera aproximarse a el en moitos puntos, porque
na costa exterior non ten apenas abrigos nin puntos nos que poidamos achegarnos á beira da auga a
non ser en Niñóns, Santa Ѳñ e A Barda e aínda a estes sitios hai que facelo por estradiñas estreitas,
camiños asfaltados, que en moitos puntos non permiten o paso de dous coches á vez, e no interior da
ría a cousa tampouco é mellor porque os montes caen directamente ao mar a non ser nas enseadas de
Corme e Valarés, e a partir da frecha que se forma na desembocadura do Anllóns.
Con todo podemos gozar das súas particulares características achegándonos aos sitios accesibles e
facendo neles algunhas camiñadas.
197. Un percorrido en coche,
completo, pasando por
todos os puntos de
interese vai aos 60 km,
porque non se pode
facer un circular
continuo, en realidade
son saídas de ida e volta
á estrada principal
porque non hai
comunicación directa
entre os distintos
lugares.
198. PROBLEMAS/AGRESIÓNS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Area Pequena. Os eucaliptos chegan ata a beira do mar