Descripción da viaxe a Londres 2016 para os alumnos das seccións bilingües. Presentación para a reunión de pais.
1 of 20
Download to read offline
More Related Content
Powerpoint presentación pais Londres 2016
1. LONDRES 2016
12 – 16 FEBREIRO
Seccións bilingües de 3º ESO e 1º BACH
Departamentos de Inglés, Historia e Tecnoloxía
IES Praia Barraña - Boiro
2. ORGANIZACIÓN DA EXCURSIÓN
Anos 2011, 2012, 2013 e 2014:
Departamentos de Historia e Tecnoloxía
Anos 2015 e 2016:
Departamento de Inglés
3. CRITERIOS DE ELECCIÓN
Datas:
o Época do ano máis barata (meses de xaneiro-febreiro)
o Datas que encaixan ben dentro do calendario escolar
o Maior dispoñibilidade de prazas á hora de reservar
Axencia de viaxes:
o Especializada en excursións escolares por toda Galicia
o Empresa coa que adoita traballar o noso centro
o Bos prezos
Saída desde Oporto:
o Gañamos dous días en Londres
o Autobús incluído ata o aeroporto
4. GUÍA DE VIAXE
Obrigatorio levala todos os días ao saír
do hotel
Contidos:
o Programa diario de actividades
o Información básica sobre Londres
o Teléfonos e enderezos de emerxencia
o Descrición dos lugares a visitar
Pais/nais: Repasar con eles as normas
na casa, especialmente as referentes ao
uso do metro, vías públicas e estancia no
hotel
5. PROGRAMA DE ACTIVIDADES
• Saída:
o Venres día 12: En bus desde o instituto ás 3:00 (puntualidade)
o Saída do voo desde Oporto ás 6:30 (hora portuguesa)
o Chegada a Londres aproximadamente ás 9:05 (hora británica)
• Visitas programadas en Londres:
o Consultar programa entregado ou guía de viaxe
o Consultar prezos das entradas
o Procuraremos seguir o programa o máis fielmente posible
• Chegada:
o A Oporto, o martes día 16, sobre as 23:20 (hora portuguesa)
o Ao instituto, na madrugada do día 17, sobre as 3:15 (hora española)
6. DIVISIÓN EN 3 GRUPOS
Un grupo de 12 alumnos por cada profe:
o Dous subgrupos de 3º ESO-B
o Un subgrupo de 1º BACH-A/C
o Cada subgrupo terá un capitán ou delegado
Finalidade:
o Facer un reconto cada vez que chegamos a un sitio
o Transmitir ordes ou información de forma máis directa
o Distribuírnos por vagóns en horas punta
Os tres grupos estarán xuntos nas visitas
7. RECOMENDACIÓNS SOBRE A COMIDA
• Día de saída:
o Levar algo para almorzar: magdalenas, galletas, zumo…
o Lembrar que as bebidas non pasan o control de aduanas
o Opcional: Levar un bocata para tomar a media mañá
• Alérxicos:
o Avisar aos profes sobre o tipo de alerxia
o Posibilidade de levar algún alimento especial desde España
• Almorzos:
o Incluídos no prezo da viaxe
o Ollo: O almorzo continental ten sobrecargo no hotel
• Habituarse aos horarios de comidas no Reino Unido:
o Almorzo: entre as 7:00 e as 9:00 da mañá
o Xantar: arredor das 12:00 – 13:00 horas
o Cea: entre as 18:30 e as 20:00 horas
8. RECOMENDACIÓNS SOBRE O DIÑEIRO
Calcular unhas 100 £ só para a comida:
o Prato medio nun restaurante: 10 £ / Comida rápida algo menos
o Xantar + cea = 20 £ diarias, aproximadamente
Calcular algo máis para gastos persoais e visita á Catedral de St. Paul’s:
o Entrada a St. Paul’s: entre 4.50 e 6.50 £ (prezo normal: 8 £)
o Entradas opcionais non incluídas: London Eye, barco, Dungeon, etc.
o Shopping: Oxford & Carnaby Street, Harrods, Camden Town
Devolucións do último día:
o Moi probable: 20 £ fianza do hotel a cada alumno
o Menos probable: diñeiro sen consumir na tarxeta do metro (1º BACH)
o Diñeiro útil para gastar en Camden Town
Cambio de euros a libras preferentemente no hotel
9. RECOMENDACIÓNS SOBRE OBXECTOS PERSOAIS
• Maleta pechada con chave no hotel e despois de pasar a aduana
• Repartir cartos/documentos/tarxetas por distintos lugares: petos,
bolso e maleta
• Coidado cos carteiristas nos lugares máis turísticos
• Procurar non esquecer bolsos/móbiles en vagóns de metro, autobús,
avión, aeroporto e lavabos
10. RECOMENDACIÓNS SOBRE A ROUPA
• Un abrigo impermeable con capucha para a chuvia
o Levalo posto (pouco espazo na maleta)
o Se non ten capucha, levar paraugas ou gorro impermeable
• Tipo de calzado:
o Quente e cómodo para andar
o Se é novo, probalo varios días antes
• Outra roupa de abrigo: bufanda/colo, luvas, gorro
• Opcional: Paraugas pregable de bolso
11. CLIMA DE LONDRES
• Temperatura media en febreiro: 7°C
o Máxima: 9°C / Mínima: 5°C
• Precipitacións en febreiro: 39 mm
o Media de 16 días de chuvia
o Mes máis seco do ano
• Horas de luz (previsión do día 14-2-2016):
o Saída do sol: 07:17 horas
o Posta do sol: 17:13 horas
• Previsión do tempo para a semana do 12-2 ao 16-2:
12. EQUIPAXE
• Normativa de Ryanair:
o Unha maleta de peso máx. 10 kg e dimensións 55x40x20 cm
o Un bolso pequeno de dimensións máximas de 35x20x20 cm
• Consellos:
o Levar menos de 10 kg á ida para non exceder tope á volta
o Bolso de man flexible para adaptalo ao molde
o Levar só roupa e obxectos imprescindibles
13. DOCUMENTACIÓN
• Documentos que levan os alumnos:
o Billetes de avión / tarxetas de embarque
o Pasaportes
o Tarxetas do metro
• Documentos que levan os profes:
o Tarxetas sanitarias europeas
o Permisos da Garda Civil
o DINs e NIEs
o Autorización da Dirección do instituto
o Reservas do hotel
o Bonos de transporte
o Entradas
14. ARTIGOS DE ASEO E BAÑO
• Bolsa ou neceser transparente en lugar accesible da equipaxe
• Frascos transparentes de 100 ml. para líquidos (máximo 1 litro)
• Non é preciso levar toallas, xel nin xampú (xa os hai no hotel)
• Compartir obxectos de uso común: secador, prancha de pelo…
15. MEDICINAS
• Recomendable levar algún antigripal, analxésico, antiinflamatorio
e apósito adhesivo
• Prohibido levar xaropes (líquidos), agás con prescrición médica
• Consultar se precisades levar prescrición médica para
tratamentos doutras doenzas
16. TELÉFONO
• Consultar coa compañía telefónica se tedes que activar o roaming
• IMPORTANTE: Levar adaptador para cargador e enchufes
• Anotar números de teléfono:
o Tfno. dos profes: 00 34 639 078 560 (en caso de emerxencia)
o Tfno. do hotel: 00 44 20 7637 2488
• Wifi do hotel:
o Na zona do comedor, detrás de recepción
o Na cafetería que hai a carón do hotel (pecha ás 22:00 h.)
o Escasa cobertura nas habitacións
o Hora máis propicia para chamar: entre as 21:00-23:00 hora española
17. NORMAS NO HOTEL
• Nas habitacións:
o Prohibidas as festas/reunións en grupo
o Prohibido gritar coas ventás abertas
o Prohibido durmir en cuartos distintos
o Ollo co consumo de bebidas da neveira: non son gratis
• Nos corredores:
o Prohibido correr, falar en voz alta ou acceder a outras zonas
o Prohibido golpear ou petar nas portas
o Non saír sen a tarxeta que serve de chave
• Lugares idóneos para reunións en grupo: comedor ou cafetería
• Hora máxima para volver ás habitacións para durmir: 11:30 h.
18. NORMAS NO METRO
• Prestar atención, non quedar atrás falando ou distraído para evitar perder
de vista ao grupo nos corredores
• Entrar rápido no tren, pois as portas pechan automaticamente
• Manter a distancia de seguridade coas vías ("Please stay behind the yellow
lines")
• Ter coidado coa distancia entre a plataforma e o vagón ("Mind the gap")
• Fixarse en que cada liña de metro ten unha cor distinta e que a dirección do
destino está marcada cos puntos cardinais: southbound, northbound,
eastbound ou westbound
• Dentro dos vagóns, intentar ser amable, non falar en voz moi alta, ceder o
asento a persoas maiores, discapacitadas e mulleres embarazadas ou con
nenos, e non ocupar os asentos reservados para estas persoas
• Deixar baixar á xente antes de entrar no vagón. Una vez dentro, ir cara o
interior e non bloquear a porta
• Nas escaleiras mecánicas, manterse á dereita para permitir pasar a outros
pasaxeiros que van con máis présa
19. OUTRAS NORMAS
• Nas vías públicas:
o Prestar atención á circulación de vehículos pola esquerda
o Non usar cascos ou móbiles que poidan aillar e distraer
o Mirar sempre en ambas direccións ("Look both ways") ou nas direccións
escritas nas estradas ("Look right" ou "Look left")
o Cruzar sempre polos pasos de peóns e cando o semáforo estea en verde
• Nos lugares de visita: museos, catedrais, etc.
o Atención á prohibición de facer fotos ou de usar flash
o Non tocar os obxectos en exposición
o Gardar as mesmas normas de educación e cortesía que nos vagóns do
metro ou no hotel