2. Biografía
José Caruncho nace na Coruña en setembro do 1953,
desde 1990 traballa como fotógrafo profesional,
desenvolvendo a maior parte da súa actividade na
Coruña.
Rematado o bacharelato empeza a preparar as
oposicións para a Administración e a banca, e
das tres que aproba escolle, por consello do seu
pai a dun banco francés. Alí traballa durante
trece anos, pero a súa ilusión era dedicarse á
fotografía profesional. Polo que decide deixar o
seu traballo.
3. Os seus inicios na
fotografía
O seu interese pola fotografía herdouno da súa
familia. Tanto o seu avó coma o seu padriño xa
eran grandes afeccionados, e deles obtivo as
súas primeiras cámaras, na actualidade aínda
conserva algunhas delas xunto cun obxectivo
Goerz-Dagor de 1897 que utiliza coa cámara de
gran formato.
Durante os seus primeiros anos estivo
documentándose sobre fotografía. Pero non foi
ata a súa viaxe a Colonia, cando a fotografía “se
revelou” para el nunha exposición desa cidade.
4. Referentes
Caruncho ten unha gran debilidade polos
fotógrafos americanos.
Estivo en Norteámerica en dúas ocasións:
por unha exposición e por unha viaxe á
costa oeste.
5. Actualmente, reside na Coruña e segue
dedicándose profesionalmente á
fotografía.
”No meu caso sigo traballando nas miñas fotos persoais con
película en branco e negro e facendo as copias no cuarto
escuro. Ás veces tamén escaneo algúns negativos e fago
copias nos papeis en tintas. Non é cuestión de comparar,
todo vai en función do mundo no que vivimos. Hoxe aquelas
persoas que invisten o seu tempo en aprender a facer algo
coas mans ou simplemente traballar nun oficio que non estea
relacionado coa informática, se lle considera un ‘pardillo’. É
difícil comprender que hoxe alguén poida disfrutar co seu
oficio ou pasar unas horas no cuarto escuro facendo unhas
copias dos últimos negativos “
José Caruncho
6. Estilo
El mesmo defínese como un romántico
da fotografía. As súas instantáneas en
branco e negro, coas que pretende evocar
os anos 50 a través de retratos e
paisaxes, son a súa marca de identidade.
O estilo é moi personal.
Nos retratos intenta buscar a mirada das
persoas para mostrar a súa actitude ante
a vida, a sinxeleza e, sobre todo, a súa
dignidade.
7. Nas fotografías de paisaxe, case sempre retrata
paisaxes de Galicia que estean relacionadas
coa costa, xa que según el, esas paisaxes son
de grande beleza.
E para rematar, observar que a luz o
persegue en todas as súas obras.
9. Influencias
José Caruncho, tivo dende sempre unha gran debilidade polos
fotógrafos americanos.
“En Santa Fe hai máis de vinte galerías dedicadas á fotografía, e non
teñen máis de oitenta mil habitantes. Todas esas galerías
presentan para o estado de Novo México algúns dos máis grandes
fotógrafos”, di o artista.
Comenta que aprendeu moito de todos eses fotógrafos e
homenaxeounos cunha colección de vinte e unha fotografías, no
ano 1987. Estes eran:
• P. Strand •F. Shommer.
• E. Weston. •W. Morris.
• A. Adams. •B. Weston.
• W. Evans. •A. Newman.
• I. Cunningham. •P. Caponigro.
• W. Bullock.
10. Ransom Colection, da Universidad de
Texas, adquiriu a colección completa dos
seus homenaxes.
Algúns dos seus homenaxes son:
16. Branco e negro
O branco e negro é escollido polos
artistas para representar diversos temas
como a tristeza, a soidade e a nostalxia,
o que tamén representa con fotografías
de anciáns e de lugares illados. Para
Caruncho...
17. ...”o branco e negro é máis expresivo que
a cor, é unha abstracción da realidade. Se
se prefire a cor é porque se manipula con
mellor facilidade desde que se inventou o
Photoshop, antes só se podía manipular
con carbón cando traballabas en cor. Co
branco e negro controlo eu todo o
proceso”.
18. Qué temas ?
• Fotografías de carácter
nostálxico e melancólico
• Fotografías que
representan o rural
• Fotografías da natureza,
praias, montañas, bosques…
• Fotografías de
obxectos cotiáns como
cubertos ou pementos
20. Retrato
Na maioría dos seus
Retratos, Caruncho
representa xente
do rural. A maioría
Dos seus retratos
exponos na galería
“Olladas de Silencio”.
21. Olladas do silencio
Esta exposición componse dunha serie de imaxes
centradas na xente e as paisaxes do Courel, unha
zona montañosa do sudeste da provincia de Lugo.
A maioría das fotos son retratos que tratan de ir
máis alá e non mostrar soamente unha persona
ante unha cámara nunha determinada contorna
senón que buscan usar a mirada destas personas
para mostrar a súa actitude ante a vida, a súa
sinxeleza e humildade. Pero tamén, e sobre todo, a
súa dignidade e humanidade. Nestas instantáneas
atopamos o cotián e o sinxelo, sen ningún
artificio
22. Caruncho fotografa as miradas serenas,
humildes…Observándoas parece que o tempo se
detivese mentres se establece un diálogo entre o
retratado e o espectador.
'Para min os retratos son unha maneira de
transmitir humanidade a través das persoas,
sobre todo a través da xente sinxela’, comenta
Caruncho
•O pasado mes de agosto de 2013, esta exposición
estivo no Festival de Cinema Douarnenez na
Bretaña francesa dedicada nesa edición a Galicia,
Cataluña e Euskadi.
•Tamén estivo exposta na Casa da Parra en
Santiago.
29. “Tatuaxes”
Nesta serie de retratos as persoas
aparecen xeralmente espidas,
ornamentadas coas tatuaxes da
pel. A súa mirada chéganos dun
xeito moi directo.
34. Paisaxes
As súas paisaxes adoitan
mostrarnos grandes espazos
naturais de montaña e de
costa; pero ás veces tamén
se interesa por encadres máis
cercanos e humanizados.
A maioría das súas paisaxes
son feitas en Galicia pero
Tamén atopamos de New
México ou Yosemite.
42. Bodegóns
Os bodegóns de Caruncho
Son característicos pola súa
innovación neste xénero.
A maioría dos seus bodegóns
están recollidos na galería
“Homenaxes”.
45. Aspectos técnicos
Equipos que utiliza José Caruncho:
A maioría dos seus traballos están feitos con
cámaras de mediano e gran formato. Cando vai
traballar ou ten algún proxecto , adoita saír cun
par de cámaras, unha de mediano formato con
cinco obxectivos e outra de gran formato para
9x12 cm e 13x18 cm con tres obxetivos. Utiliza
moito a cámara de gran formato para facer
retratos e tamén para as paisaxes, sobre todo
cando encontra algún motivo polo que mereza a
pena realizar todo o esforzo que supón montar
unha cámara destas características
46. As cámaras
A leica M9 é unha cámara fotográfica dixital telemétrica
da serie M do fabricante de cámaras fotográficas leica
camera AG. Foi presentada o ) de setembro de 2009.
• Trátase da terceira cámara dixital da serie M de leica,
tras os modelos M8 e M8.2, é a primeira cámara desta
serie en empregar un sensor do mesmo tamaño que os
fotogramas da película de formato 135.
• Características:
A M9 é o primeiro modelo M dixital con factor de
multiplicación 1. Isto permítelle conseguir o mesmo
campo visual que os modelos M da película fotográfica,
sein a necesidade de empregar un obxectivo de menor
distancia focal.
47. Exposicións
• En 2007 expuxo na galería Verve de Santa Fe, en
New Mexico, unha selección de “Olladas do silencio”, a
cal tivo moi boa crítica.
• A colección Ransom, da Universidade de Texas en
Austin, adquiriu un xogo completo da colección de
“Homenaxes”, unha serie de 21 fotografías nas que
homenaxeaba a algúns dos grandes fotógrafos do
século XX.
• Na súa páxina web
http://www.josecaruncho.com
podemos ver citadas todas as súas exposicións
62. ٰ䱫ѷմѱ
http://www.josecaruncho.com
http://www.leicanistas.com/component/content/article/60-entrevista-al-fotogra
OLLADAS DO SILENCIO. JOSÉ CARUNCHO
XUNTA DE GALICIA
63. Realizado por
Biografía
Sandra Campos Chousa
Sara Canle Babío
Influencias
Ana Naya Aguiar
Silvia Jahiji Varela
Branco e negro
Jorge González Garrido
Miguel Taibo San José
Xéneros fotográficos
Alberto Brandariz Illobre
Ismael Seijo Boado
64. Estilo
Tamara Temprano Pérez
Sara Casero Pérez
Exposicións
Pietro Pagliarini Goulart
Ismael Barreiro Aguiar
Aspectos Técnicos
Martín Gutiérrez Santa María
Pedro Raíces Sopalska
Montaxe
Noah Pataquinho Simoes
Candela Costa Candal