Presentación do proxecto O Monte é noso_sachando procomún (www.montenoso.net) na Comunidade de Veciños do Monte en Man Común en Argazón (Chantada)
1 of 28
Download to read offline
More Related Content
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
1. O monte é noso_Sachando Procomún
San Vicente de Argozón
30/08/2013
4. _Os comúns na teoría
«O procomún é a nova maneira de expresar unha idea moi
antiga: que algúns bens pertencen a todos, e que forman unha
constelación de recursos que debe ser activamente protexida e
xestionada polo ben común. O procomún o forman as cousas
que herdamos e creamos conxuntamente e que esperamos legar
ás xeneracións futuras»
Antonio Lafuente. Laboratorio del procomún. Medialab Prado
6. _Os comúns na teoría
“Un reordenamento conceptual basado nos comúns (procomún)
permítenos falar de roles, de comportamentos e de relacións
que a teoría do mercado non é quen de captar adecuadamente.
O léxico dos comúns (procomún) vai alén da «linguaxe do
mercado», para o que todos temos que ser ou productores ou
consumidores. E tamén vai máis ala da «linguaxe da
propiedade», para o que todo ten que ser propiedade dalgunha
empresa ou dalguna persoa.”
David Bollier. El redescubrimiento del procomún
7. Os montes en man común galegos son un claro exemplo do
paradigma dos comúns/procomún/commons
A reapropiación dos montes en man común por parte das
comunidades, non é novo, xa no franquismo houbo fortes
resistencias. Nos 70s destacaron as revoltas veciñais baixo a
lema “O monte é noso”. O monte é noso_sachando procomún
bebe daqueles regatos de dignidade
A loita polo mantemento dos comúns é, foi e será un esforzo de
todas aquelas que cremos noutras alternativas á modernidade
_Os montes como espazo dos comúns
9. _Os montes como espazo dos comúns
Os MVMC (Montes Veciñais en Man Común) en Galicia
representan unha modalidade de propiedade e xestión dun ben,
que racha coa clásica dicotomía público/privado. A
especificidade destes montes ven determinada polo feito de que
a propiedade recae nesa comunidade de veciñxs que reside de
forma cotiá nese territorio.
● 150 000 comuneirxs
● 600 000 hectáreas (Galiza=2 700 000 ha)
● + de 3000 montes en man común
11. _Os montes como espazo dos comúns
A importancia de insertar os montes veciñais en man común
dentro da lóxica do estudo do procomún obedece a unha
estratexia en contra das “tendencias dominantes da
privatización, da desregulación, da comodificación e a valoración
monetaria dos procesos sociais e naturais”
Ulrich Brand, 2008, 306.
Mais o 40% dos montes en man común están en mas da Xunta,
estas comunidades non son quen de adminsitrar este ben
Que podemos facer?
13. _O Monte é noso_sachando procomún
Definir os perfís teóricos,
prácticos, políticos e legais dos
MVMC é unha tarefa
prometedora e urxente
debido a que este ecosistema
está sendo ameazado/
fagocitado pola industria e
administración pública
Queremos:
● Dar visibilidade aos montes
comunais e ás comunidades
que os xestionan.
● Apoiar a (re)apropiación
destes montes por parte dxs
veciñxs
14. O Lar de investigación é un espazo multifuncional sobre os
temas que xiran en torno dos montes comunais / procomún.
Wiki O monte é noso
_Dispositivos
15. Cartografías expandidas son uns dispositivos de coñecemento
colectivo nunha web aberta, colaborativa e libre a partir dunha
multiplicidade de narrativas.
Cartografías
Sensibles
_Dispositivos
16. Programa de residencias. Estadías temporais de investigación,
intervención e acción creativa nos montes. Artes + Permacutura
+ Bioconstrucción+Tecnoloxías +Participación comunitaria.
OpenSource
Ecology
_Dispositivos
18. _Un ano de traballo
● Artigos
● Web
● Redes sociais
● Wiki
● Conexións con comunidades
● Traballo de Campo
● Formulario on e offline
● Aplicación cartografías
19. _Un ano de traballo
Presentacións e encontros:
● Premio Emprendemento Cultural 10X10
● Presentación na Fundación Cerezales
● Participación no Encontro Cooperland
● Participación na Asamblea ORGAMMVV 2013
21. _Un ano de traballo
Redes:
● Presenza no Summer of Labs 2012 e 2013.
● Presenza no Laboratorio del Procomún do Medialab prado,
a través da liña de traballo procomún rural.
● Participación no P2PWikisprint, mapeado transatlántico de
iniciativas relacionadas coa filosofía e as redes P2P, as
prácticas colaborativas, o procomún, o coñecemento libre e
o código aberto.
● Presentación na casa da Fariña, A Coruña.
23. _O futuro que ven
● Exposición Xeografías do #Mancomún [MARCO]
● O man común a debate. Encontro Arquitecturas
Colectivas, [Laboratorio Alg-a]
● Acción/Intervención [Comunidade de Veciños do Monte
en Man Comun de Valadares]
E moito máis...
24. _Presentacións e Encontros
Premio Emprendemento Cultural 10X10
Presentación na Fundación Cerezales
Participación no encontro Cooperland
Participación na Asamblea ORGAMMVV 2013
26. _Agradecementos
● Compañeirxs: Summer of Labs, Artropocode, P2P Wikisprint,
Laboratorio do Procomún de Medialab.
● Soportan o proxecto: DinaHosting, Saramaganta.
● Institucións: Idega USC, Medialab, Fundación Contemporánea,
Museo Pobo Galego, MARCO, Intermediae
● Comunidades: Valadares, Vincios, Irixoa, SV de Argozón en
Chantada, Ombre, Organización Galega de Comunidades de
Montes en Man Común
● Media: Praza, El diario.es, radio cerna, Radio Redondela, Novas
da Galiza, diario de León
● Outros proxectos: Colaborabo raeVIC
27. ...“we must continue to improve our
frameworks and theories so as to be able
to understand complexity and not simply
reject it.”...
Elinor Ostrom, ao recoller o Premio Nobel de Economía o 8 de
decembro de 2009.