Club de lectura, 1ª avaliación, "Gozando no Laxeiro"
1. Club de lectura
“Gozando no Laxeiro”
Este é un club de lectura
diferente; ás veces, lemos o mesmo
libro e comentámolo entre todos e
todas; outras, un distinto para
presentárllelo aos demais desexando
que se animen a lelo. Abofé que tivo
éxito. Velaquí as nosas suxestións
da primeira avaliación.
3. Cada lector aparece
presentándovos a lectura que
recomendou.
Podedes ver as demais lecturas
que gozou cada alumno pois aparecen
na foto xunto a eles.
A mellor lectora foi Verónica, e
por ela empezamos.
4. O Gran Reino Esta novela encantoume: a
verdade é que non quería acabar
de ler o libro do que me estaba a
gustar.
Destaco a personaxe de Gala,
superdotada, brillante, pero
tamén manipuladora e enferma.
As súas amigas vana deixando de
lado e ela mergúllase na lectura e
vai perdendo as ganas de inxerir
alimentos.
Recoméndollo a quen lle
interesen os problemas
psicolóxicos, a anorexia , as
relacións humanas…
Verónica Vázquez, 3º PDC
5. O mundo secreto de Basilius Hoffman.
Un faro na escuridade.
F.Cimadevila e Iván Valladares.
Gustoume moito!
Peter vai pasar o Nadal co
seu tío co que vivirá
aventuras sorprendentes na
Cidade dos Tellados.
Destacaría os seguintes
personaxes: Rivka, unha
nena gata; Gabriel, que se
converte no cruel Duncan,
por mor dun poderoso
bastón que lle rouba a
personalidade; e Jim,Jim
un gato que está por todas
partes.
O que máis me agradou foi
o final, porque os pais de
Peter deciden que quede a
vivir co seu tío. O que
menos me gustou foi cando
secuestran ao protagonista.
Recoméndollelo a todas as
persoas que lles guste a
fantasía.
Anabel Ramos, 3º PDC
6. Todos somos
Marcos Calveiro
Este é un libro de
misterio e tristeza;
unha historia que
podería pasarlle a
calquera.
Conta a historia de
Natalia, unha rapaza
que desapareceu sen
deixar pegadas; pero,
sobre todo, é a historia
de como viven a súa
familia, amigos e a
sociedade a súa
ausencia.
O que máis me gustou
foi a relación entre a
inspectora e Antón; aos
dous aféctalles moito o
caso. O que menos, foi
o final, gustaríame que
rematase doutra
maneira, pero aínda así
recoméndovolo a
todos.
María Iglesias, 3ºPDC
7. A chamada da selva
Jack London
Desenvólvese arredor dun
can que vai pasando por
diversos donos ata que
decide ser libre. Isto
último foi o que máis me
gustou: que o can fixese
realidade a chamada da
selva. O que menos, foi
que me pareceu un libro
moi cruel pois o animal
pasa de vivir
tranquilamente nunha
granxa a soportar as duras
condicións da busca do
ouro en Alaska.
Destacaría a relación tan
estreita que tivo co seu
último dono John
Thornton.
Recomendado para
lectores non moi sensibles
ante as desgrazas dos
demais.
Marcos Sampayo, 3ºPDC
8. Pel de lobo Xosé Miranda
Gustoume porque este libro se
desenvolve nunha zona rural,
coa que me sinto moi
identificado.
Un cazador e o seu fillo Xosé son
chamados para cazar dous lobos,
un negro e un branco que teñen
atemorizados a toda a xente do
Incio. Conseguirano?
Os personaxes que máis me
chamaron a atención son Ana e
Aurora, de carácter moi
diferente e cun papel
fundamental na historia.
Se queres coñecer algo máis
sobre o mundo dos lobishomes le
este libro no que se relatan
varias lendas sobre eles.
Isaias Medala, 3º ESO A
9. Intercambio cun inglés
Chistine Nöstlinger
É este un libro con
momentos de alegría e
humor, aínda que tamén
ten outros tristes. Como
moi ben indica o título,
Jasper vai pasar uns días
na casa dun neno para que
este mellore o seu inglés.
Jasper é diferente, non se
ducha, non limpa a súa
habitación, leva sempre
consigo unha saco cheo de
pedras… Pouco a pouco
descobren o seu drama…
De lectura fácil,
recoméndollelo a todos
aqueles que non estean
habituados a ler.
Manuel Pérez, 3ºPDC
10. O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Este libro cativoume
dende o primeiro
momento. Encantoume
que Mar se fixese amiga de
Isla; esta semellaba estar
interesada en Anxo e, non
obstante, non quere nada
con el; porén non me
gustou nada a relación que
se estableceu entre
Carballo e a protagonista,
chegando mesmo ao acoso.
Recoméndollelo a todos
porque trata dun tema de
actualidade: os perigos en
Internet. Non debemos
fiarnos e estar sempre
alerta.
Adrián Vázquez, 3ºPDC
11. Vaiche boa! Paul JenningsEste libro é un conxunto
de relatos que están
relacionados pola temática
do humor ou misterio.
Os relatos que máis me
gustaron foron O esqueleto
do retrete, que fai pasar
ao protagonista un medo
terrible. Outro, que tamén
destacaría foi a Caixa
voadora de pulseira no
que o enganador pasa a
ser o enganado.
Quizais o que menos me
convenceu foi O blues do
faro porque se me fixo
longo.
É un libro de fácil lectura
e divertido que lle
recomendo a todos os
lectores.
Miguel da Cunha, 3ºPDC
12. Unha estrela no vento
Recinto Gris
Ledicia Costas
Este libro
conseguiu
emocionarme
cos problemas
que sofre,
Nube, unha
nena
diferente.
Destacaría o
uso da forza e
a maldade para
atemorizar á
xente. O que
menos me
gustou foi o
final pois
pareceume
surrealista.
Recoméndovo
xa que ten
moita intriga.
Alejandro,
3ºPDC
Gustoume moito
porque trata
temas moi
diversos:racismo
amistade, amor
ou violencia.
Destacaría a
relación entre
Reina e Miguel
ou a deste co seu
curmán Abel. O
que menos me
gustou foi a
traizón do
Maqui.
Lédeo todos que
é unha lectura
amena e rápida.
Javier Castro,
3ºPDC