2. 2
Lexislación de referencia
- Real Decreto 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á ESO
(BOE 5 de xaneiro do 2007).
-Decreto 133/2007 polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade autónoma de Galicia
(DOG 13 de xullo de 2007).
-Decreto polo que se publica o catálogo de materias optativas na ESO e se establece o seu
currículo (DOG).
-Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado da
ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xaneiro do 2008) Corrección de erros (DOG
8 de febrero de 2008).
-Orde do 30 de xullo de 2007 pola que se regulan os programas de diversificación curricular na
ESO (DOG 21/08/2007)
-Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica á do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a
avaliación na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG
24/06/2008)
Aspectos específicos da materia
O Departamento de Lingua galega e literatura traballará en colaboración co Equipo de
Normalización Lingüística do centro en todos os aspectos e naquelas actividades que se
plantexen ao longo do curso como así se veu facendo estes anos anteriores.
Contribución da materia ás 8 competencias básicas: c. en comunicación lingüística, c.
matemática, c. no coñecemento e interacción co mundo físico, Tratamento da información e
competencia dixital, C. social e cidadá, C. cultural e artística, C. aprender a aprender e
Autonomia e iniciativa persoal.
Competencia en comunicación lingüística
−Lectura e comprensión de textos (narrativo,lírico, teatral,xornalístico…)
−Comprensión e análise de distintos aspectos dun texto.
−Comprensión do sentido global dunha banda deseñada, con identificación dos grandes temas
que estean presentes nela.
−Recoñecemento e análise dos elementos que conforman a linguaxe do cómic.
3. 3
−Identificación de determinantes (artigos, demostrativos, posesivos, numerais, indefinidos), así
como das contraccións que realizan con algunhas preposicións.
−Recoñecemento dun texto adecuado ao contexto, ao tema, ao destinatario e á intención
comunicativa.
−Identificación e clasificación dos substantivos dependendo do significado, do xénero e do
número.
−Recoñecemento e diferenciación dos distintos tipos de adxectivos (explicativos ou epítetos e
especificativos).
−Identificación e formación dos distintos graos que presenta o adxectivo (positivo, comparativo
e superlativo).
−Clasificación das palabras dependendo do número de sílabas que as forman.
−Recoñecemento dos ditongos, tritongos e hiatos.
−Uso con corrección das regras de acentuación.
−Recoñecemento das diferenzas entre os textos teatrais e os narrativos.
−Elaboración dun texto teatral, partindo dunha situación establecida previamente.
−Identificación de textos teatrais e dos distintos elementos que conforman a representación
teatral.
−Ampliación do léxico
−Reflexión sobre a maneira de falar nas distintas situacións e a necesidade de coñecer os
distintos rexistros.
−Observación das principais diferenzas, contextuais e formais, entre usos de distintos niveis e
rexistros, tanto na oralidade como na escrita.
−Identificación das características dos rexistros formal e coloquial.
−Coñecemento da variedade estándar ou normativa.
−Identificación dos trazos da xerga xuvenil.
−Recoñecemento dos complementos dunha oración (directo, indirecto, circunstancial), así como
das unidades que poden desempeñar estas funcións.
−Uso correcto dos grafemas s e x.
Redacción de textos dialogados e poéticos tendo en conta as características propias da tipoloxía.
4. 4
− Identificación dos textos dialóxicos e do estilo directo e mais o indirecto.
− Creación de textos dialogados segundo as convencións empregadas para a súa plasmación na escrita.
− Recoñecemento do verbo e das súas conxugacións.
− Identificación do tempo e do modo a que pertencen as formas verbais.
− Uso correcto dos grafemas c, z e qu.
− Uso correcto dos grupos consonánticos cc e ct.
− Lectura en voz alta de textos poéticos, prestando especial atención ao ritmo.
− Identificación de textos poéticos e análise das súas características.
− Recoñecemento dos recursos máis usuais empregados na linguaxe poética (aliteración, anáfora e paralelismo).
− Recoñecemento das relacións que se establecen entre os distintos elementos dun texto para lograr a cohesión
textual.
− Recoñecemento dos verbos que presentan alternancias vocálicas no presente de indicativo, así como a análise
destas.
−Recoñecemento das formas infinitas e das perífrases verbais, así como os diferentes valores que
presentan.
− Uso correcto dos grafemas b e v.
− Identificación da voz narradora dun texto narrativo, así como do punto de vista dende o que se conta a
historia.
− Elaboración de textos narrativos tendo en conta uns personaxes, un espazo, un tempo e uns
acontecementos determinados.
− Ampliación do léxico do campo semántico tratado (medios de transporte).
− Recoñecemento de adverbios, locucións adverbias e frases adverbiais.
− Recoñecemento de preposicións, locucións preposicionais e frases preposicionais.
− Utilización correcta do grafema h.
−Identificación das distintas seccións dun xornal e do esquema que deben seguir habitualmente
as noticias.
−Recoñecemento dos principais mecanismos de cohesión textual (anáfora ou repetición, deíxe e
substitución).
−Identificación e recoñecemento do suxeito e do predicado das oracións, así como das unidades
que poden desempeñar esta función.
−Uso correcto do grafema r e do dígrafo rr.
5. 5
Competencia matemática
−Interpretación correcta de información de carácter numérico presente en textos.
− Aplicación correcta do razoamento dedutivo para solucionar actividades.
Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico
−Aplicación do léxico propio dos campos semánticos tratados nas interaccións sociais da vida
cotiá.
−Adecuación dos rexistros da lingua ao contexto concreto da fala nas interaccións da vida cotiá.
Competencia para o tratamento da información e competencia dixital
−Busca de información en enciclopedias, dicionarios ou en sitios de Internet para ampliar
coñecementos.
- Resolución de actividades que supoñen a consulta e comprensión de textos informativos en
Internet.
Competencia social e cidadá
−Cooperación nos traballos colectivos e nos debates establecidos na aula.
−Práctica do diálogo para expresar as propias ideas e escoita respectuosa das opinións dos
demais.
−Actitude sensible, solidaria e aberta cara ao fenómeno da emigración.
−Posta en valor dos medios de transporte máis respectuosos co medio ambiente.
−Observación da situación sociolingüística no contorno máis próximo e elaboración dunha
biografía lingüística.
−Reflexión sobre a importancia do bilingüismo.
−Recoñecemento das medidas de normalización lingüística.
−Identificación dos prexuízos lingüísticos.
− Reflexións arredor dos principais problemas ambientais e sensibilización sobre temas
relacionados coa ecoloxía e o medio natural.
−Valoración do traballo das ONG na sociedade.
6. 6
Competencia para aprender a aprender
−Ampliación do coñecemento do vocabulario e da información que ofrece o dicionario.
−Aplicación de técnicas de estudo que posibiliten a aprendizaxe e a análise textual.
−Identificación das ideas principais dun texto.
−Elaboración de resumos, esquemas etc., tendo en conta a corrección lingüística e a presentación
coidada.
−Identificación do tema dun texto e aprender a titular escritos.
- Uso da técnica do subliñado para resaltar as ideas máis importantes dun texto
Competencia para o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal
−Lectura de maneira reflexiva e crítica e extracción de conclusións.
−Busca de información de maneira autónoma sobre os temas propostos.
Competencia cultural e artística
−Lectura e comprensión de textos literarios.
−Recoñecemento da influencia das obras clásicas da literatura universal na literatura
contemporánea.
−Lectura e construción de sinxelas bandas deseñadas, utilizándoas como medio para a narración
de experiencias ou creacións artísticas persoais.
−Valoración do teatro como manifestación cultural e artística e como fonte de entretemento.
−Escenificación de pequenos textos teatrais co fin de fomentar a expresión das facetas oral,
corporal e anímica, e fomentar a creatividade.
Obxectivos da materia
1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural
e académica, extraedo a intención comunicativa e a idea xeral dos mesmos.
2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos
contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de
respecto e de colaboración cos demais.
3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos
contextos da actividade social, laboral e cultural.
7. 7
4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar
información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.
5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación
social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións
diferentes.
6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico
para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e
corrección.
7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega,
afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se
estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera
contexto e situación.
8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e
do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que
provoca o contacto de linguas.
9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen
xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de
enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.
11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada
xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.
12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de
simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais.
8. 8
Contidos secuenciados e temporalizados
Nº Unidades didácticas Libro Temporaliz
ac.
Sesións/me
s
Probas Avaliación
1
Textos liter./non lit.
Xéneros literarios
Léxico: o instituto
Diversigade lgca.
A comunicación.Intención
comunicativa.
O alfabeto
Tema 1
11 Set./Out
1ª aval
2
Normas e intruccións de
uso.
A adecuación
Tema e título.
Léx.:o deporte.
Substantivo e adxectivo
A sílaba
Tema 2 11 Out, si
3
Banda deseñada
Léx.: oficios e profesións
Europa plurilingüe
Os determinantes
Regras de acentuación
Tema 3 Out./Nov. si
4
A descrición.Clases
A coherencia
Idea principal
Léx.: o corpo humano
O pronome persoal
O til diacrítico.Diérese.
Tema 4 11
Nov./Dec.
si
2ª5
Diálogo,chat,cartas, correo
electrón
Léx. Vestimenta
España plurilingüe
Verbos reg. Tempo e modo
ortografía
Tema 5 11 Xan.
6
Textos poéticosRitmo,
rima
Léx. Novas tecnoloxías
Verbos irregulares
Recursos poéticos
Tema 6 11
Xan./Febr.
Si
7
Textonarrativo.
Voz narradora
Léx. Medios de transporte
Tema7 11 Marzo si
3ª
9. 9
Adverb., preposic.
Ortografía
3ª
8
Textos xornalísticos
Mecanismos de cohesión
O resumo
Léx. O noso medio
SUX. E PREDIC.
Ortografía
Tema 8 11
Abril/Maio
si
9
Texto teatral
Léx. Animais
CD;CI;CC
Ortografía
Tema 9 Maio/Xuño si
Criterios de avaliación/Mínimos
1. Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais sinxelos dos ámbitos
social e académico, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de
aprendizaxe.
si
si
si
si
si
si
si
si
2. Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos escritos sinxelos dos
ámbitos social e académico, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de
aprendizaxe.
3. Realizar exposicións e narracións orais planificadas claras e áxiles e participa de
forma construtiva en diversas interaccións comunicativas (simulacións, traballos
colaborativos...) respectando as regras que as rexen. Adopta o rexistro adecuado a
cada tipo de texto e situación.
4. Elaborar narracións e descricións seguindo un modelo así como outros textos
sinxelos propios da vida cotiá, das relacións sociais e dos medios de comunicación.
Planifica e revisa os ditos textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas
básicas de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.
5. Consultar, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes, co fin de
extraer a información solicitada e incorporala ás propias producións.
6. Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para
resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito dirixido os
propios textos.
7. Recoñecer, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos da
lingua e coñecer e usar unha terminoloxía lingüística básica.
8. Observar os condicionamentos máis evidentes da valoración e uso social do galego
e utilizar a lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos
comunicativos.
9. Recoñecer a diversidade lingüística do mundo actual, con especial atención ao
contorno peninsular; coñecer e usar os dereitos lingüísticos.
10. Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha
opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu
sentido coa propia experiencia e recoñecendo os trazos xerais do xénero.
11. Utilizar os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou si
10. 10
fragmentos, atendendo especialmente aos trazos xenéricos e á funcionalidade dos
recursos retóricos.
12. Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética tomando
como modelos os textos analizados na clase.
Procedementos e instrumentos de avaliación
A avaliación en Lingua e Literatura galegas é continua. Avalíanse conxuntamente os contidos
conceptuais e procedementais, que serán avaliados fundamentalmente a partir dos exames
escritos e tarefas que aportan un 70%. A lectura dun libro cada trimestre, a realización de
exercicios, fichas e exposicións orais tamén serán valoradas ao longo do curso.
En canto aos contidos actitudinais, estes aportarán un 10% da nota concederase especial
relevancia, xunto coa actitude, á entrega de exercícios, á atención, participación e interese.
Os instrumentos de avaliación son:
A) Exames escritos e tarefas.
B) Exercicios nos que se valorará a comprensión e a expresión oral e escrita.
Probas escritas
Traballos individuais
Traballos en grupo
Probas orais
Traballo na aula
Observación e rexistro
Para a avaliación extraordinaria só se terá en conta o exame extraordinario. Non se admiten
outro tipo de probas.
Criterios de cualificación
-70%: realizaranse 2 exames escritos por trimestre.
-10%: Libro de lectura.
-10 %: Realización e corrección de exercicios e fichas, exposicións orais.
-10%: Actitude: 50% para a entrega de exercicios e 50% para a atención, participación e interese.