1. PDC 3 (1º CURSO)
OBXECTIVOS XERAIS
A Área Lingüístico-Social debe ter como obxectivo fundamental a
formación de cidadáns informados, capaces de interpretar a realidade social
de forma reflexiva e crítica, e de comunicarse e relacionarse cos demais
empregando correctamente os códigos da cultura social e xunto á
consecución dese obxectivo primordial tamén se establecer outros cinco
grandes obxectivos xerais:
● Coñecer e apreciar a diversidade espacial, cultural e lingüística do mundo
e de Galicia, manifestando respecto e tolerancia cara aos pobos e culturas
diferentes.
● Comprender a comunicación como un proceso básico da vida social e
apreciar as dúas linguas oficiais de Galicia, entendendo as circunstancias
que inflúen no seu uso e na súa evolución.
2. ● Identificar e analizar as interaccións das sociedades co medio, e facerse
conscientes das consecuencias medio-ambientais máis importantes.
● Apreciar os dereitos e liberdades das persoas como unha conquista das
sociedades avanzadas, e rexeitar situacións de inxustiza e discriminación.
● Valorar o patrimonio histórico, cultural e artístico da humanidade en
xeral e de Galicia en particular como ben común que debemos respectar e
transmitir ás xeracións futuras.
Nesta reformulación e aglutinación dos obxectivos das áreas de Lingua
Galega e Castelá e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, outórgaselle
unha especial importancia ás capacidades e actitudes que constitúen o cerne
do ámbito, entendendo que a educación non consiste só en apropiarse de
certos contidos informativos, senón tamén en desenvolver os valores e as
capacidades que forman parte esencial da cultura da que participamos. Esta
formulación dos obxectivos non supón en ningún caso unha substitución
dos propios das tres áreas, senón un tratamento integrado para facilitar a
súa reinterpretación e desenvolvemento.
3. CONTIDOS/UNIDADES DIDÁCTICAS:
PDC 3 (1º CURSO)
1) A terra I:
-O relevo galego
-As comarcas de Galicia
-A orixe da lingua galega
-Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)
4. -Regras de acentuación do galego e do castelán
-O til diacrítico en galego e castelán.
-Os tipos de textos: a descrición
2)A terra II:
-A poboación, o poboamento e actividades económicas de Galicia.
-As regras de puntuación.
-Vocabulario relacionado coa terra (galego e castelán)
5. -As clases de palabras en galego e castelán: o substantivo e o adxectivo.
-Os tipos de textos: os textos dialogados.
3) A auga:
-Os ríos e as rías galegas.
-As contraccións en galego e castelán
-Vocabulario relacionado coa auga (galego e castelán)
-As regras de formación do xénero e do número.
-Os determinantes e os pronomes.
-Os tipos de textos: a narración.
6. 4) A diversidade:
-As comunidades autónomas do Estado español e as súas capitais.
-O relevo da Península Ibérica.
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: toponimia e os principais xentilicios en galego e castelán.
-O uso e colocación dos pronomes persoais nas oracións.
-Os tipos de textos: a narración fantástica.
-A diversidade lingüística no Estado español.
7. 5) O camiño:
-A Unión Europea: características, estados e principais capitais.
-Os ríos, mares e océanos de Europa.
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: as vías de comunicación.
-As clases de palabras: os verbos regulares.
-Os tipos de textos: a exposición.
-As linguas de Europa: orixe, características e situación
8. 6) A viaxe e a emigración:
-Os outros continentes: Asia e África (características de relevo, países e
principais capitais).
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: os medios de transporte.
-As clases de palabras: os verbos irregulares.
-Os tipos de textos: a argumentación.
-As linguas do mundo.
9. 7) A viaxe e a emigración:
-Os outros continentes (características de relevo, países e principais
capitais).
-As regras ortográficas.
-Vocabulario: os anglicismos e outros préstamos no galego e castelán.
-As perífrases verbais.
-Os tipos de textos: os textos administrativos.
-A linguaxe literaria e o nacemento da literatura.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Os criterios de avaliación suxeridos para o conxunto do programa sinalan
os niveis de aprendizaxe que deben acadar os estudantes en congruencia
10. coa selección e organización dos contidos e coa forma de desenvolver o
proceso de ensinanza.
Nestes criterios téntase condensar e integrar as principais aprendizaxes
sociais e lingüísticas do ámbito:
● Identificar e localizar a diversidade de pobos do planeta sinalando algúns
trazos do seu medio natural, das actividades humanas, da cultura, da lingua
e das relacións de poder que os caracterizan, entendendo a situación actual
como o resultado dun proceso histórico.
● Identificar e caracterizar as Comunidades Autónomas de España e as
linguas e culturas do territorio español. Comprender a situación
sociolingüística que se produce en Galicia produto do contacto entre as
dúas linguas.
● Recordar os grandes movementos e desprazamentos da poboación ao
longo da historia, con especial referencia a Galicia e España; analizar
algunhas das súas consecuencias sociais, culturais e lingüísticas máis
destacadas.
● Localizar as grandes áreas urbanas do mundo e describir a xerarquía
urbana en Galicia e en España. Comentar os principais problemas que
afectan ao modo de vida urbano nos aspectos ambiental, social, cultural e
comunicativo.
● Localizar as principais zonas desenvolvidas e subdesenvolvidas do
mundo, e explicar os desequilibrios económicos, políticos e culturais
existentes entre elas.
● Analizar algúns riscos e problemas medioambientais máis graves en
Galicia, en España e no mundo ocasionados polas actividades humanas, e
sinalar prácticas e comportamentos cotiáns que poden contribuír á
preservación do medioambiente.
● Recoñecer os principios e as institucións característicos dos réximes
políticos democráticos en xeral, e en España en particular, e apreciar os
dereitos e liberdades das persoas e dos pobos como conquistas das
sociedades avanzadas.
● Identificar en textos orais e escritos de diverso tipo e ámbito de uso,
imaxes e expresións que denoten distintos tipos de discriminación por
11. razón de raza, sexo, relixión, condición social ou cultural, etc., e buscar
alternativas que eviten o seu uso.
● Obter de distintas fontes (orais, escritas, cartográficas, estatísticas, etc.)
informacións que sexan relevantes desde distintas perspectivas e
intencións, e mostrar a súa comprensión mediante a paráfrase verbal e o
resumo escrito.
● Completar, contrastar e integrar informacións procedentes de distintos
medios de comunicación coa finalidade de elaborar unha síntese ou
informe que reflicta datos e os puntos de vista principais , así como as
propias.
● Identificar manifestacións literarias e artísticas que exemplifiquen
movementos ou estilos ben definidos, sinalando os seus trazos máis
característicos e valorando a súa dimensión estética.
● Establecer relacións entre as obras, autores e movementos máis
relevantes das literaturas galega e castelá e o contexto histórico no que
aparecen, e producir textos de intención literaria seguindo unhas
determinadas pautas ou modelos.
● Producir textos orais e escritos axustándose a un plano ou guión previo, e
respectando criterios de orde lóxica, claridade expositiva, corrección
gramatical e, de ser o caso, presentación gráfica.
● Analizar e avaliar acontecementos e situacións da vida cotiá
manifestando actitude crítica ante a violencia, os abusos e as
discriminacións, e defendendo os valores da paz, a solidariedade e a
tolerancia.
● Participar en situacións de comunicación colectiva (exposicións, debates,
coloquios, etc.) sobre cuestións problemáticas da vida cotiá empregando a
linguaxe como medio de comunicación, e respectar e ter en conta as
opinións dos demais para atopar solucións de consenso.
● Planificar e desenvolver algunha investigación sinxela sobre un tema de
ámbito local ou de actualidade abordando tarefas de busca e recolleita de
información, organización e tratamento dos datos e elaboración de
informes, comunicando os resultados de forma clara e intelixible.
12. INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E SISTEMAS DE
CUALIFICACIÓN
PDC 3:
-EXAMES ESCRITOS:
-número: tres por trimestre. Nos exames escritos combinaranse as cuestións
teóricas coas prácticas, aínda que se tentará dar prioridade a estas últimas.
-valoración: ata un máximo de 6 puntos. PARA QUE FAGAN MEDIA AS
NOTAS DOS EXAMES DÉBESE OBTER UNHA PUNTUACIÓN
MÍNIMA DE 2,5
-Importante: as incorreccións no emprego da lingua restarán ata un máximo
de 2 puntos, teranse en conta aspectos como a ortografía, a acentuación, a
puntuación, a construción de oracións... As faltas máis graves (erros no uso
de b/v, -c-/-cc-/-ct-, c/z,g/j, h, r, x/s, y/ll, maiúsculas /minúsculas) baixarán
0,20.
As demais implicarán a perda de 0,10 cada unha.
-LECTURA OBRIGATORIA (novela ou relatos):
-número: 2 por trimestre (unha lectura en cada unha das linguas.
-valoración: ata un máximo de 2 puntos (valorarase a comprensión dos
feitos que se contan na obra (máx. 0,75) e a expresión dos mesmos por
escrito( máx. 0,75) a partir dunhas cuestións realizadas polo profesor.
Tamén se terá en conta o dominio do vocabulario presente na obra lida
(máx. 0,5).
-EXERCICIOS:
-valoración: ata un máximo de 1 punto.
-número: dependerá dos temas e da duración dos trimestres, cunha
puntuación máxima de 0,20 cada un.
-Importante: Por cada exercicio non realizado restarase 0,20
-CADERNO:
-Valoración: ata un máximo de 1 punto.
13. -Importante: terase en conta a orde do mesmo, a recollida dos
apuntamentos, a presenza de todos os exercicios realizados e a corrección
dos mesmos.
-IMPORTANTE: UNHA NOTA DE CERO NUN DOS APARTADOS
SUPÓN O SUSPENSO DA MATERIA.
-A AVALIACIÓN É CONTINUA, AÍNDA QUE, CO OBXECTIVO DE
QUE OS ALUMNOS E ALUMNAS SEXAN QUEN DE
ENFRONTARSE AOS CONTIDOS ESIXIDOS OFRECERÁSELLES A
POSIBILIDADE DE RECUPERAR A MATERIA ESTUDADA EN
CADA UN DOS TRIMESTRES POR SEPARADO NUN EXAME.