1. RESUMO TEMA 10 LINGUA GALEGA
Formamos substantivos ao engadirlle sufixos a outros substantivos, a verbos e a adxectivos.
-Se rematan en -o ou en -e, cambian esa vogal por -a: sogro / sogra xefe / xefa
-Se rematan en vogal tónica ou consoante que non sexa -n, engaden -a: avó / avoa
traballador / traballadora
-Os rematados en -án en masculino, cambian -án por -á, mentres que os caracterizadores
despectivos forman o seu feminino engadindo -ana: ancián / anciá forlgazán / folgazana
-Cando o masculino remata en -ón, cámbiano por -oa ou -ona: león / leoa lambón / lambona
-Algúns substantivos teñen forma distinta para masculino e feminino: cabalo / egua
Substantivos masculinos: costume, nariz, leite, mel, couce, fel, sal, cume, efe,
sangue, cal, labor, sinal, sorriso, til, cárcere, cuspe, eñe, lume, azucre...
Substantivos femininos: calor, orde, marxe, análise, dor, árbore, ponte, carraxe,
pantasma, suor, porcentaxe, arte, canle, amendoeira, augardente, aguia, cute...
-Os substantivos que rematan en vogal ou en -n engaden -s: mazá / mazás león / leóns
-Os monosílabos rematados en -l engaden -es: gol / goles
-Os agudos de máis dunha sílaba rematados en -l cambian o -l por -is: papel / papeis
-Os que rematan en consoante distinta de -n engaden -es: calor / calores
-As compostas cuxo segundo elemento é un monosílabo engaden -es: parasol / parasoles
RECURSOS LITERARIOS:
*Aliteración.- repetición de sons parecidos en palabras próximas.
*Anáfora.- repetir palabras ao inicio de varios versos.
*Antítese.- contrapóñense dúas ideas contrapostas.
*Personificación.- atribuír a seres inanimados calidades das persoas.
*Hipérbole.- propio da caricatura, consiste en esaxerar as calidades.
*Comparación.- relacionar dous elementos que comparten algunha semellanza.
Caligramas son poemas nos que se mestura un verso cun debuxo ou unha imaxe. Ese verso
ou composición poética en palabras forma un debuxo relacionado co que se quere expresar.
1.- Di que recursos literarios hai:
2.- Pon as formas do feminino dos substantivos seguintes: galo cidadán actor sultán rei
mestre abade cabalo heroe can
3.- Pon en plural as seguintes palabras
Exame lei colar compás
Mañá nai flor lugués
Réxime rei feliz gas
Triste folgazán luz oasis
Café ladrón culler venres
Esquí can aprendiz lapis
4.- Pon en plural as seguintes palabras
Túnel mandil difícil xuvenil
Pel azul cóctel cartafol
Caracol gol dátil parasol
Débil papel fusil val
5.- Pon o determinante:
O meu compañeiro ten ...... costume de tomar ..... leite frí.... ; o outro día, despois de
tomalo, deulle .... dor moi forte no ventre, deu en botar pol...... nariz moit...... Cando
recuperou ........cor, ............sorriso e ........calor, foi ó médico, que lle mandou facer .....
análese para coñecer ......... orixe e deulle orde de que estes días non tomase moit..... sal,
nin moit.... mel e puxo moit..... énfase en que a xénese do problema nin tiña que ver con ....
leite.