ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
RESUMO TEMA 8 SOCIAIS NETEX 6º
A Idade contemporánea ... comeza coa Revolución Francesa de 1789. As revolucións
políticas traen a Europa a soberanía nacional (o poder está no pobo), a Constitución
(lei cos dereitos e deberes dos cidadáns) e a división de poderes (lexislativo,
executivo e xudicial).
Tamén se dan as revolucións económicas:
*agraria: novas técnicas cultivo, maquinaria nova, intensificación de cultivos.
*industrial: uso de máquinas movidas por enerxía. Invención máquina de vapor
(ferrocarril, barco de vapor).
Estas revolucións provocan grandes cambios:
-Esténdense os réximes democráticos.
-Industrialízase. Traballadores en pésimas condicións; aparecen sindicatos:
conseguen xornada 8 horas, dereitos sanitarios, prestacións por desemprego...
-Éxodo rural e aumento das cidades.
-Aparece a burguesía e o proletariado (obreiros).
España S. XIX
Napoleón conseguiu o trono español e doullo ao seu irmán, Xosé Bonaparte. O pobo
español loitou e expulsou aos franceses durante a Guerra da Independencia.
Elabórase a primeira Constitución española (1812 – “A Pepa”). Na primeira metade
do século a maioría das colonias americanas independízanse.
Desenrólanse os medios de transporte (ferrocarril – 1850).
Danse movementos culturais como...
...Romanticismo (sentimentos inspiran a arte) Rosalía de C., Bécquer, Espronceda.
...Realismo .- Pérez Galdós, Clarín, Emilia Pardo Bazán.
...Impresionismo (sobre todo na pintura: Joaquín Sorolla)
O século XX , marcado polas 2 grandes guerras: Primeira e Segunda Guerra Mundial.
1ª GUERRA MUNDIAL (1914 – 1918).- Dous bandos:
Tripla Alianza: Alemaña, Italia e Austria-Hungría.
Tripla Entente: Francia, Gran Bretaña e Rusia; uniránselle EEUU e Italia (cambio b.)
Morreron preto de 20 millóns de persoas. Gañou a Tripla Entente.
Despois veu un período de crecemento (os felices anos vinte – neles nacen
espectáculos de masas: cine, teatro, cabaré, deportes...), que rematarían coa Crise
de 1929 (caeu a bolsa, pecharon fábricas, quebraron bancos...)
2ª GUERRA MUNDIAL (1939 - 1945) dous bandos:
Eixe: Alemaña (Adolf Hitler), Italia e Xapón.
Aliados: Francia, Gran Bretaña, EEUU e Unión soviética.
Remata no 1945 coa ocupación de Italia e Alemaña e o lanzamento de dúas bombas
atómicas en Xapón (Hiroshima e Nagasaki). Morreron máis de 50 millóns de persoas.
Entre eles millóns de xudeus por parte dos nazis alemáns.
A GUERRA FRÍA .- Entre 1945 e 1989 hai tensión permanente entre EEUU e URSS
(capitalismo contra comunismo). Remata co derrubamento do muro de Berlín.
ESPAÑA Comeza o S. XX co reinado de Alfonso XIII (bisavó do actual Rei), seguido da
ditadura do xeneral Primo de Rivera (1923-1930). Despois vén a II República (1931-
1936); por primeira vez poden votar as mulleres; apróbanse os primeiros Estatutos.
Despois vén a Guerra Civil (1936 - 1939) tralo golpe de estado do xeneral Francisco
Franco. Gaña esta o bando nacional (ao bando republicano), dando lugar á
DITADURA (1939 – 1975). Tras ela virá a Democracia.
NA ARTE danse o Modernismo (Gaudí – Sagrada Familia), o Expresionismo, o
Surrealismo e o Cubismo (Picasso). En literatura a Xeración do 27 (Lorca, Alberti).
GALICIA Dáse o caciquismo (poder nas mans dos ricos, que concedían favores e
amedrentaban aos veciños). Aparece o galeguismo (durante II República, da man de
Castelao, apróbase Estatuto)

More Related Content

R8 sociais 6

  • 1. RESUMO TEMA 8 SOCIAIS NETEX 6º A Idade contemporánea ... comeza coa Revolución Francesa de 1789. As revolucións políticas traen a Europa a soberanía nacional (o poder está no pobo), a Constitución (lei cos dereitos e deberes dos cidadáns) e a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial). Tamén se dan as revolucións económicas: *agraria: novas técnicas cultivo, maquinaria nova, intensificación de cultivos. *industrial: uso de máquinas movidas por enerxía. Invención máquina de vapor (ferrocarril, barco de vapor). Estas revolucións provocan grandes cambios: -Esténdense os réximes democráticos. -Industrialízase. Traballadores en pésimas condicións; aparecen sindicatos: conseguen xornada 8 horas, dereitos sanitarios, prestacións por desemprego... -Éxodo rural e aumento das cidades. -Aparece a burguesía e o proletariado (obreiros). España S. XIX Napoleón conseguiu o trono español e doullo ao seu irmán, Xosé Bonaparte. O pobo español loitou e expulsou aos franceses durante a Guerra da Independencia. Elabórase a primeira Constitución española (1812 – “A Pepa”). Na primeira metade do século a maioría das colonias americanas independízanse. Desenrólanse os medios de transporte (ferrocarril – 1850). Danse movementos culturais como... ...Romanticismo (sentimentos inspiran a arte) Rosalía de C., Bécquer, Espronceda. ...Realismo .- Pérez Galdós, Clarín, Emilia Pardo Bazán. ...Impresionismo (sobre todo na pintura: Joaquín Sorolla) O século XX , marcado polas 2 grandes guerras: Primeira e Segunda Guerra Mundial. 1ª GUERRA MUNDIAL (1914 – 1918).- Dous bandos: Tripla Alianza: Alemaña, Italia e Austria-Hungría. Tripla Entente: Francia, Gran Bretaña e Rusia; uniránselle EEUU e Italia (cambio b.) Morreron preto de 20 millóns de persoas. Gañou a Tripla Entente. Despois veu un período de crecemento (os felices anos vinte – neles nacen espectáculos de masas: cine, teatro, cabaré, deportes...), que rematarían coa Crise de 1929 (caeu a bolsa, pecharon fábricas, quebraron bancos...) 2ª GUERRA MUNDIAL (1939 - 1945) dous bandos: Eixe: Alemaña (Adolf Hitler), Italia e Xapón. Aliados: Francia, Gran Bretaña, EEUU e Unión soviética. Remata no 1945 coa ocupación de Italia e Alemaña e o lanzamento de dúas bombas atómicas en Xapón (Hiroshima e Nagasaki). Morreron máis de 50 millóns de persoas. Entre eles millóns de xudeus por parte dos nazis alemáns. A GUERRA FRÍA .- Entre 1945 e 1989 hai tensión permanente entre EEUU e URSS (capitalismo contra comunismo). Remata co derrubamento do muro de Berlín. ESPAÑA Comeza o S. XX co reinado de Alfonso XIII (bisavó do actual Rei), seguido da ditadura do xeneral Primo de Rivera (1923-1930). Despois vén a II República (1931- 1936); por primeira vez poden votar as mulleres; apróbanse os primeiros Estatutos. Despois vén a Guerra Civil (1936 - 1939) tralo golpe de estado do xeneral Francisco Franco. Gaña esta o bando nacional (ao bando republicano), dando lugar á DITADURA (1939 – 1975). Tras ela virá a Democracia. NA ARTE danse o Modernismo (Gaudí – Sagrada Familia), o Expresionismo, o Surrealismo e o Cubismo (Picasso). En literatura a Xeración do 27 (Lorca, Alberti). GALICIA Dáse o caciquismo (poder nas mans dos ricos, que concedían favores e amedrentaban aos veciños). Aparece o galeguismo (durante II República, da man de Castelao, apróbase Estatuto)