Artículo de Xohán Álvarez Castro con una reflexión sobre la evaluación psicopedagógica en Gallego
1 of 10
More Related Content
Reflexións sobor da avaliación psicopedagóxica por Xohán Álvarez Castro
1. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 1
“REFLEXIÓN SOBOR DA AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA:
Unha VISIÓN alén daqueles RETRATOS de grupo…”
Propóñovos un xeito de entende-la avaliación psicopedagóxica coma un retrato óptimo,
dunha persoa que, polo xeral expresa moito máis do que parece.
Daquela: ¿Non é fermosa a idea de entender este proceso en clave de respectuosa fotografía?
Seica calquera fotógraf@ con oficio e claridade non se conformaría só co que ve, ou cunha imaxe
pouco realista do que debe informar. Coido que @s orientadores procuramos algo equivalente, á
hora de determina-lo que expresa un menor. Deste xeito, sería unha mágoa só quedar ás portas de
doadas solucións ás necesidades básicas dun menor...
A propia Orde do 31 de outubro de 1996, que establece o proceso de avaliación psicopedagóxica en
Galicia, e mesmo ao abeiro do Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE, subliñan a importancia de tódo-los axentes educativos neses
dous procesos.
Daquela, a un bo número de profesor@s de área - estatisticamente significativo – púxenos perante
un panel de imaxes que poderían inducir determinadas emocións. E certamente, a xulgar polas
súas respostas, non foron indiferentes a elas (páxina seguinte). Coido que estes profesionais non
2. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 2
serán insensibeis ás posibilidades e ás dificultades do alumnado, e con seguridade,
achegaranos datos que melloren o noso labor.
Arrepío
Tristura
Entrañábel Frescura
Mágoa Baleiro
Soidade Ledicia
3. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 3
INFORME PSICOPEDAGÓXICO.
1. Datos de identificación persoal do valorado/retratado: partimos dunha foto carné a mellorar.
Sabemos dalguén que debemos esculcar fóra do aparente.
2. Datos físicos e de saúde: deles cómpre só cinguirse ao determinante, aquilo que condicione, limite ou estea
a impedir mellores condicións de “vida escolar” do/a retratado/a.
3. Datos do contexto sociofamiliar: carencial ou axeitado, estábel ou desartellado...
A DIVERSIDADE É UNHA REALIDADE SOCIAL, e polo tanto unha realidade en cada centro
educativo, derivada tamén de cada familia – Introdución do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se
regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 4
4. Datos do contexto escolar.
5. Estilo de aprendizaxe.
6. Pescudar /determinar o seu Nivel de Competencia Curricular: ven se-lo apartado no que podemos
concluir con relativa exactitude QUE SABE / QUE NON SABE / QUE PODE CHEGAR SABER, ou dito
doutro xeito, É QUEN / polo de agora NON É QUEN... Segui-las súas pegadas e abri-los seus celeiros
sitúame nunha ARQUEOLOXÍA DO “AGORA MESMO”
Eu aposto por unha revisión dinámica. Nesa OBSERVACIÓN do alumno, son imprescindibeis OUTR@S
OBSERVADOR@S, para evitar erros como:
FIXARSE tanto no valorado, que omito o medio no que interactúa, aprende e medra...
CENTRARSE moito en aspectos secundarios, e perder de vista a vida escolar d@ menor...
Algo relativamente inevitábel se che move o desexo de ACHEGARTE o máis posíbel ao retratado/a e á súa situación.
Robert Capa afirmaba que unha fotografía non era boa, se non te achegabas dabondo … Pero sen desbotar planos
xerais que axuden a entende-la súa posición nos escenarios de aprendizaxe. Ara Güler capturou a alma de Estambul
entre facianas e escenas dos seus habitantes: a cidade tamén vivía neles.
Revisión das súas relacións.
Se posúe vencellos sólidos
coa escola.
O tempo deles é outro, e
nuns espazos identitarios, ás
veces invisibeis aos adultos:
probas sociométricas,
observación directa...
Atento, inatento, reflexivo,
impulsivo, organizado,
desargallado, discontinuo,
nervoso, tranquilo,
preferentemente pola canle
auditiva, visualizador...
5. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 5
7. Identificación das súas necesidades: mudando as distancias focais, e os planos. Unha viaxe aos caixóns da
súa percepción, atención, concentración, linguaxe, metalinguaxe, memoria, relacións escolares...
6. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 6
Atragántaselle a LEITURA (corrobóroo co PROLEC-SE, coa proba de COMPRENSIÓN
LEITORA de Lázaro Martínez...); mentalmente comezo barallar opcións: GRUPOS
HETEROXÉNEOS, adaptación de tempos e instrumentos de avaliación, desdobramentos
de grupos, reforzos educativos ordinarios, programas de recuperación...
Cústalle a ESCRITA (á luz dos rexistros do TALE e das súas producións...): xórdeme a idea
dun programa específico personalizado...
Trabúcase ao operar con números, e cos problemas (WISC-R...); quizáis actúe con máis
seguridade nun agrupamento flexíbel nesa área.
A penas amosa habilidades manipulativas (WISC-R...): podería ocupar un perfil profesional
nunha FP BÁSICA que non as comprometese (“Auxiliar Administrativo”).
Con dificultades para “saír del”, ou para comunicarse con el mesmo... (HSPQ, AF-5…):
beneficiaríase dun programa colectivo de HHSS.
Non sabe organizarse... ( alomenos segundo enquisas sobor dos hábitos de estudo e
autocontrol do traballo: Orienta 2015-16 de J.Sádaba, portal kekiero.com ...)
Cústalle saír del.
Con dificultades
manipulativas.
Con erros de
cálculo ao operar
Trabúcaselle a leitura: ¿só
emprega a vía fonolóxica?
7. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 7
Poden agromar chamativas situacións ao ENTREVISTAR aos “profesor@s de área”, do tipo:
Excesivamente centrados/as no seu virtuosismo “programado”: autorreferencial.
Polo que poden ignora-los “movementos” da súa PROGRAMACIÓN entre o alumnado,
E daquela, chegan limita-las aprendizaxes des@ escolar cos seus compañeiros...
Ou só salientan del o que “non ten”, e non o que “pode ter” por diante.
Mesmo impón métodos “ríxidos”, “pesados” e “aparentes”, nun mundo de vivos...
8. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 8
8. Orientacións.
Podemos entrar no dilema de adaptar ou non as ensinanzas ao seu estilo de aprendizaxe, e segundo as súas
necesidades. Non deberiamos dubidar sobor disto, se saímos dunha valoración concienzuda e fiábel.
Curiosamente pertencemos a unha sociedade que decide adaptar “de todo” e cáseque en tódo-los
procesos, especialmente no proceso de produción, que leva ao de consumo: no nº do calzado, nos
envases monodose ou familiares, na medida das vivendas, na feitura dos turismos, nas múltiples aplicacións
dos innumerabeis móbiles, GPS, tablets...
Porén semella acontecer algo distinto cos procesos de aprendizaxe, e mais exactamente coa adaptación
daqueles contidos que poden compromete-lo avance do APRENDER BEN para SABER PRODUCIR, e
SENTIRSE MELLOR. Entendo que o usuario dun móbil intuitivo non se sinte pior ca unha enxañeira en
telecomunicacións, polo feito de empregar un aparello sinxelo ¿non si? MENOS É MÁIS... A decisión de
muda-las cargas dunha fasquía barroca, por elementos dunha arquitectura funcional e máis
diáfana, na que entre ar e claridade : medidas de reforzo educativo, apoios dos/as P/T-A/L, e
en último termo, AC (Adaptación Curricular).
9. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 9
REFORZOS ORDINARIOS APOIOS das P/T-A/L
10. Juan José Álvarez Castro | Orientador do IES de Arzúa | Páx. 10
E pola miña parte, acepto que haberá cuestións fóra da miña medida, e do meu control: ás veces guiños xeracionais
del@s que non entenderei nas miñas conclusións... Da realidade recibirán unha choiva de datos, mensaxes,
esixencias, paradoxos aos que estarán expostos ... El@s seguirán mellor cun paraugas... Pénsoo ao comeza-los
meus informes...
Quizáis a orientación escolar especialízase nos puntos que pode, e non son poucos; e a avaliación
psicopedagóxica vese dentro dela...
Góstame chegar ao filme “O Vento Levaranos”: Abbas Kiarostami seguiu os pasos dun vello doutor, polos carreiros e
aldeas do Norte de Irán. Ía canda os seus pacientes nun ciclomotor, entre campos de cereais e ventos que abaneaban
montañas cinzentas.
E o seu acompañante dille:
- «Doutor: cal é a súa especialidade?
- Non teño, deste xeito estudo o corpo enteiro. Se me especializo vereime coutado...»
Autor do texto e das fotografías*: Juan José Álvarez Castro │ Orientador do IES de Arzúa.
*Agás da foto do grupo: páx. 1