1. REFLEXIÓN CARA UN COMPROMISO
Texto elaborado polo alumnado de 2º de Educación Infantil
Universidade de Vigo Campus de Ourense
É terrible que se siga ensinando igual que fai case 35 anos...
Como se pode entender que en Finlandia, por exemplo, leven 40 anos coa mesmo lei de
educación e nós nos mesmos anos levemos cinco?
Os nenos pouco despois de nacer interésanse por coñecer o mundo que lles rodea, son
curiosos, creativos, teñen a capacidade de pensar de forma diversas, é dicir, teñen a
mente aberta. É triste que isto se perda a medida que o neno vaia crecendo... isto é unha
mostra de que, por un motivo ou outro, o sistema non funciona.
Na escola téndese a dar respostas preestablecidas e pérdese a capacidade de preguntar e
de querer saber. Ensínaselles unha soa verdade e limítaselles ao alumnado a
oportunidade de cuestionar de reflexionar e de converterse en persoas e cidadáns
críticos. A escola actual tende a homoxeneizar. Pretende crear “un neno estándar social”
e iso é imposible. Todos somos diferentes e cada alumno ten que coñecer e participar
desa diversidade. Ser libres na escola, non só ao saír dela. A escola debe ensinar a elixir,
a probar opcións para que ao final do camiño atopen a súa meta.
É preocupante que algúns nenos póñanse de mal humor porque é luns e teñen ir a
escola, cando tería que ser todo o contrario, os cativos deberían gozar indo ao colexio.
Isto lévanos a pensar que os métodos utilizados non son os correctos.
Se un neno desde os tres anos é considerado como “un desastre” diariamente acabarase
convencendo de que realmente o é, non saberá nin sequera o por que, pero cando lle
pregunten como se definiría esa será a súa resposta. Non é correcto que a educación
dedíquese a destruír soños e fomente nos nenos un pensamento negativo.
Na escola os obxectivos a superar están medidos por notas pero non se paran a pensar
que cada suxeito é único, singular e irrepetible.
Ao sistema educativo non lle preocupa a persoa, promove a competencia, o
individualismo, a discriminación, o condicionamento, a violencia emocional e o
materialismo, a pesar de que di defender todo o contrario.
A educación actual non ensina aos nenos a apreciar o que teñen, xa non só as cousas
materiais, se non as persoas que os rodean. O clima de competencia que se crea,
provoca que sempre queiramos ser mellores que os demais, sen importar infravalorar a
outros cara conseguilo.
Todas as afirmacións expresadas anteriormente son un excelente punto de partida para
abrir espazos de reflexión, análise e debate sobre a misión da escola no mundo de hoxe.
Cambiar, cambiar e cambiar pero, en que dirección?.
A educación avanza, pero o sistema educativo se estanca... ata diriamos máis,
retrocede. Dámoslle máis valor á meta que ao traxecto. Non tratamos de probar cousas
novas. Deste xeito impedimos que a educación creza, cambie, evolucione.
Para ser bos docentes de educación infantil debemos saber mirar na mirada dun neno.
Estudar non é un acto de consumir ideas, senón de crealas e de recrealas. Non importa
se os alumnos se equivocan, porque están na escola para aprender.
Debemos ser conscientes que unha das claves do éxito en educación é a motivación
tanto do alumnado como dos docentes.
Necesitamos unha educación na que non se lle faga a un neno seguir un camiño único,
unha liña recta no cal só aprendan o que lle ven imposto. Por que non lle deixamos aos
cativos que pensen?, que descubra cousas por se mesmo?
2. Desde a escola hai que preparar aos estudantes para a vida, e para iso hai que deixar que
se desenvolvan, que preguntan, que investiguen, que manipulen, que proben, que falen,
que se equivoquen e sobre todo que sentan importantes. Que se sentan a gusto por
aprender e por vivir.
Lograr o cambio é un reto co que debemos enfrontarnos todos. Ser conscientes como
docentes que é necesaria a nosa capacitación, o uso das novas tecnoloxías a
interrelación con grupos e persoas para reflexionar e perfeccionar a noso traballo.
Temos que reivindicar que todas as persoas que se dediquen á educación estean
preparadas, recíclense e non deixen nunca de ampliar os seus coñecementos e de
aprender. Ë necesario esixir que as persoas que toman as decisións sobre educación
estean en contacto cos alumnos e coas escolas.
Para que se produza un cambio na educación necesítase un cambio colectivo. Entre
todos temos que decidir o que queremos ser, sentir e pensar e que así a escola, por fin,
reencóntrese coa educación. Non se trata de ir a contra corrente non só por ir, nin de
desbarrar a estrutura total; trátase de ser capaz de recoñecer o que está mal feito, o que
se pode mellorar e construír sobre o construído, utilizando o bo que temos como base
para a creación dun futuro mellor. Porque nada se mellora destruíndo o que había antes,
o progreso tamén implica manter o bo que xa existe.
Como docentes debemos descubrir “novos horizontes educativos” perfeccionándonos
cada día para ofrecer aos alumnado a mellor educación posible respectando sempre
aquilo que lles fai, a cada un deles, diferentes e especiais.
Pais, nais, profesores e profesoras somos responsables da tarefa de educar. Debemos
loitar unidos por unha educación de calidade na que se teñen en conta as opinións de
todos; na que se transmitan valores democráticos; unha educación que promova a
adquisición de coñecementos e a consecución de obxectivos pero respectando a
diversidade; na que os métodos de ensino sexan dinámicos e flexibles e na que se
eduque para a formación de persoas comprometidas coa paz e a solidariedade.
Como futuros docentes debemos ser axentes de cambio no ambiente que se vive nas
aulas; empeñarnos en que o alumnado entenda que o aprendizaxe non é aburrido, sen
sentido e que se fai por obrigación. Non podemos estar esperando a que outros o fagan,
temos que comprometernos, cando nos toque, a marcar a diferenza na nosa aula
ensinándolle ao alumno que el como persoa importa e brindándolle oportunidades para
desenvolver a súa creatividade e as súas capacidades persoais.