A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
2. A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte.
Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao
sur), na saída ao mar do río Anllóns.
Corme
CABANA DE BERGANTIÑOS
PONTECESO
LAXE
Río Anllóns
O Roncudo
Cabo de Laxe
Imaxe de Google
Earth
3. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do
Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km chamada a Ínsua
onde podemos atopar dunas móbiles e fixas; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e
recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes
son Corme, Ponteceso e Laxe.
Entrada da ría de Corme e Laxe. Punta do Roncudo.
4. Boca da ría coas puntas de Laxe e do Roncudo (ao fondo)
5. Boca da ría coas puntas
de Laxe (co faro) e do
Roncudo (ao fondo)
39. Praia de Valarés.
O peirao foi importante embarcadoiro de mineral durante a segunda Guerra Mundial, en
especial volframio. Da area desta praia obtívose mineral de titanio entre 1936 e 1960.
Aínda se poden ver os restos das piscinas nas que se separaba o rutilio -óxido de titanio- da
area da Praia.
45. Punta do Monte Branco.
A area, empurrada polo vento, sobe polas
abas formando placas eólicas.
46. Ao atoparse co mar o río Anllóns forma unha frecha de area onde se asenta a praia
da Barra, Dolarís ou do Medio, de algo máis de 1 km de lonxitude.
47. Vista aérea
da frecha do
Anllóns
(Imaxe de Google Earth)
Monte Branco
Punta ղí
Illa Tiñosa
O Cuncharedo
Illa dos Cagallóns
A Barra
O Areal
56. RÍO ANLLÓNS. Nace nos montes do Xalo, discorre por terras de Bergantiños durante
54,4 km e desemboca na ría de Corme e Laxe formando un amplo esteiro protexido por
una barra de area. O curso do río Anllóns desde Carballo ata a desembocadura en
Ponteceso e os seus afluentes Balsa e Rosende están protexidos no LIC “Río Anllóns”.
57. A ponte do río Anllóns, marca o límite entre os concellos
de Cabana de Bergantiños e Ponteceso.
58. Fondo da ría de Corme e Laxe. Esteiro do Anllóns e Ponteceso. Á dereita a costa de Cabana
de Bergantiños co monte das Pías e o Pozo do Caldeiro no primeiro plano.
59. Esteiro do Anllóns desde o alto das Travesas. O Malecón. Monte das Pías.
79. Miradoiro da Aguieira, desde onde temos de fronte a illa Tiñosa e o Monte Branco e, a
dereita, a Barra e a canle pola circula a auga que entra e que sae do esteiro do Anllóns.
119. Praia e vila de Laxe. A praia mide 1.320 m de
lonxitude e conserva un bo sistema dunar.
120. Vila e porto de LAXE
A vila de Laxe, situada ao abrigo da punta Ínsua, ten un importante porto dedicado ao
marisqueo e á pesca do cerco, volantas, palangres e outras artes menores.
131. As rochas máis comúns no litoral da ría de Corme e Laxe son os xistos, na zona interior
do esteiro, e os granitos, na parte exterior, onde forman altos cantís. As formas máis
interesantes son os areais arredor da frecha do Anllóns e os cantís onde podemos
atopar furnas, illotes, dobras, fervenzas...
MAPA LITOLÓXICO
XEOLOXÍA
143. Na praia de Laxe houbo unha explotación de caolíns
desde o 1920. En 1939, rematada a Guerra Civil
Española, Isidro Parga Pondal, tras ser expulsado
polo novo réxime da Universidade de Santiago de
Compostela, na que exercía como profesor de
xeoquímica, establécese en Laxe, onde crea o
Laboratorio Xeolóxico e faise cargo da dirección da
empresa de caolíns. Arredor de 1940 descobre e
pon en explotación o xacemento de Coéns, e
trasladan o mineral por medio de vagonetas
suspendidas dun teleférico cos cables sobre grandes
postes de formigón ata as instalacións da praia de
Laxe, onde estaban as naves de escollido, lavado e
secado do material, xunto cos talleres, garaxes e
oficinas da empresa.
A empresa funcionou ata finais da década de 1970,
dando emprego a centenares de persoas da
comarca. Das instalacións extractivas e produtivas
hoxe en día sobreviven a cheminea da praia, algúns
postes de formigón por Sarces e Serantes, e a lagoa
que ocupa o xacemento de Coéns.
O transporte das arxilas facíase por mar cara a
Santander, País Vasco e Castellón, ademais de
envialo a Catoira e Vigo para a industria cerámica.
144. Praia de Laxe. Nos sedimentos apréciase a abundancia de caolín.
148. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM017. Zona de cizalla de Malpica-Lamego en Ponteceso.
(LIG pendente de descrición e delimitación definitiva).
Deformación en granitos variscos asociada á zona de cizalla varisca entre Malpica e Lamego
(Portugal). Pódese apreciar na zona do monte das Travesas/Monte Branco) e arredores.
Interese xeolóxico principal: tectónico.
Monte das Travesas
149. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM016. Sistema dunar de Ponteceso. (LIG pendente de
descrición e delimitación definitiva).
Desenvolvido na marxe dereita do esteiro do Anllóns. Destaca pola duna de Monte Branco,
con 150 metros de altura, unha das dunas rampantes máis altas de Europa.
Interese xeolóxico principal: xeomorfolóxico.
151. LIC/ZEC Costa da Morte: comprende o litoral desde
Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta
da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas
e as zonas próximas á áreas urbanas. É o espazo de
maior distribución territorial costeira do país.
152. FLORA
A ría de Corme e Laxe forma un sistema marítimo-terrestre moi diverso no que
podemos atopar numerosos ecosistemas e hábitats que acollen unha importante flora
coa presenza de algunhas especies pouco comúns.
A vexetación de cantís, dunas e marismas está moi especializada e pódense atopar
numerosas especies e subespecies endémicas da zona.
153. Nas áreas mariñas dominan as algas suxeitas ás rochas e algunha planta vascular adaptada á
vida mergullada como as sebas.
Carrapuchos (Chondrus crispus)
154. Vexetación nas dunas da Barra
Nas dunas podemos atopar: arenaria do mar, barriña, eiruga mariña, poligono da praia, aceda,
grama mariña, leiteira, correola da praia, cardo mariño, cebola das gaivotas, melga de mar,
alelí das praias, herba do cuco, espigadiña do mar, silene, tomelo bravo, rabo de lebre, cardo
leiteiro, buño das praias, queiruga mariña...
155. Alelí das praias (Malcolmia littorea)
Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)
156. Herba namoradeira
Pirixel do mar
Nos cantís podemos atopar herba namoradeira, fento mariño pirixel do mar, liques...
E na parte alta un mato de toxos, breixos, fentos...
157. Fento mariño (Asplenium marinum). Vive nos furados dos cantís e nas fendas das paredes da beiramar.
162. FAUNA
Nas áreas mariñas podemos atopar especies de fondo, de augas libres e de espazos
rochosos. Entre os peixes destacan: abadexo, acedía, ollomol, linguado, polbo, raia, rape,
rodaballo, salmonete, sanmartiño, sollo...
Nos mariscos: percebe, longueirón, ameixa, berberecho, centolo, boi, langosta, lumbrigante,
nécora, santiaguiño, camarón ...
Hai que destacar a grande riqueza dos hábitats costeiros e o número de aves acuáticas,
moitas delas invernantes que se concentran nos cantís e nas zonas húmidas.
Pinto
(Labrus bergylta)
163. Os percebes (Pollicipes
pollicipes) desenvólvense
unicamente nas rochas da zona
intermareal en lugares de
augas limpas e forte ondada. É
unha das especies máis
comúns e coñecidas da Costa
da Morte e un importante
recurso económico.
164. Moreas de area deixados polos
cagóns (Arenícola marina)
166. Lavancos (Anas platyrhynchos) no areais do esteiro do Anllóns
O esteiro do Anllóns é unha importante área de descanso para as aves mariñas, sobre todo no inverno,
entre as que destacan as limícolas.
É frecuente ver limícolas pouco comúns: píllara semipalmeada, píllara dourada pequena, pilro
americano, pilro de Bonaparte, pilro canelo, bilurico maculado, bilurico patiamarrelo grande, bilurico
patiamarelo pequeno...
175. A recollida do percebe é unha actividade importante na Costa da Morte
176. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
No litoral da ría consérvase un rico patrimonio relacionado co mar: porto, faros,
embarcacións, aparellos de pesca e marisqueo...
En Laxe hai un Museo e unha Aula do Mar.
184. Illa da Estrela. Nela hai un castro e os restos dunha capela dedicada á Virxe.
185. -Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
PROBLEMAS
186. Herba do coitelo (Carpobrotus edulis), una especie invasora de orixe surafricana, común nos cantís