ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Guía para estudar os minerais e as rochas
AS ROCHAS
As rochas son masas sólidas constituídas por agregados minerais.
Fórmanse por enfriamento de magmas, por depósitos de restos compactados ou por
alteracións das anteriores ao seren sometidas a altas presións e temperaturas.
As rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción
Desde o momento da súa formación, a partir da solidificación do magma, actúan sobre as rochas
axentes físicos (vento, chuvia, cambios de temperatura) e químicos (osíxeno, ácidos...) que as
alteran, cambian a súa estructura e composición química.
Os materiais disgregados acumúlanse nas zonas baixas onde forman depósitos de sedimentos que
máis tarde, por contacto ou por presión, transfórmanse en rochas sedimentarias. Cando as rochas
son sometidas a fortes presións e/ou altas temperaturas convértense en metamórficas. Se os
materias entran en contacto cun foco quente funden de novo e incorpóranse ao magma.
CARACTERÍSTICAS DAS ROCHAS
Para estudar e recoñecer as rochas hai que ter en conta as súas propiedades xerais, a súa
composición e o seu proceso de formación. Todas as propiedades están interrelacionas.
PROPIEDADES DAS ROCHAS
ESTRUTURA
É o aspecto xeral derivado dos procesos xeolóxicos: tipo de estratificación, alternancia,
orientación, pregues, fracturas... O proceso de formación dalles ás rochas unhas
características que as fan claramente diferenciables.
Se o magma enfría rapidamente
as rochas resultantes poden ser
compactas ou porosas e
xeralmente non presentan
cristais diferenciados.
lava
Se o magma enfría lentamente
os distintos minerais forman
cristais doados de distinguir.
granito
As rochas sedimentarias, que
proceden da acumulación e
compactación de fragmentos,
están xeralmente dispostas en
capas e son brandas.
arenita calcária
As rochas metamórficas teñen
os seus materiais orientados o
que lles confire unha estructura
en bandas e uns planos de
exfoliación.
estrutura xistosa
estrutura xistosa pregada estrutura ocelar
TEXTURA
Depende da relación entre os tamaños dos compoñentes, a súa morfoloxía, o xeito en que
entran en contacto entre sí...
lavas porosas
Pegmatita, rocha formada por grandes
cristais. Lousa verde. Rocha formada por
cristais moi pequenos.
DENSIDADE
Depende da relación entre masa e volume. Está relacionada coa estrutura, a composición e o
proceso de formación.
Pumita (pedra pómez), rocha moi lixeira. Aboia na auga.
Ecloxita, rocha moi densa.
CLASES DE ROCHAS: SEGUNDO OS MINERAIS QUE AS FORMAN.
Rochas formadas case exclusivamente por un
mineral.
Cuarcita, formada por un so mineral (seixo).
Rochas formadas pola mestura de varios
minerais: esenciais (os que caracterizan a súa
composición) e accesorios
granito rosa: seixo, feldespato, mica...
CLASES DE ROCHAS: TENDO EN CONTA A COMPOSICIÓN QUÍMICA
Rochas básicas: ricas en ferro,
magnesio e calcio e pobres e
alúmina e álcalis.
As máis comúns son os basaltos e
os gabros que conteñen olivino,
piroxenos, anfíboles e feldespatos
cálcicos.
basalto
Rochas ultrabásicas: non
conteñen alúmina nin álcalis.
serpentina
Rochas ácidas:
ricas en sílice, alúmina e álcalis.
As máis comúns son as de tipo
granítico que teñen na súa
composición como minerais máis
comúns os seixos e os feldespatos
sódico-potásicos.
granito
CLASES DE ROCHAS: TENDO EN CONTA A COMPOSICIÓN QUÍMICA
ROCHAS MAGMÁTICAS (ÍGNEAS)
Fórmanse por enfriamento do magma no interior ou no exterior da codia terrestre
CLASES DE ROCHAS MAGMÁTICAS SEGUNDO A SÚA ESTRUTURA E TEXTURA
(disposición característica dos minerais que a forman)
ROCHAS SEDIMENTARIAS
Fórmanse a partir do depósito e compactación de detritus doutras rochas, ou dos restos de
seres vivos, unidos entre sí ou por medio de outros materiais.
Caracterízanse pola disposición dos materiais en capas (estratos) e a relativa falta de dureza.
TIPOS DE ROCHAS SEDIMENTARIAS (segundo a súa orixe)
Detríticas
fórmanse por restos doutras
rochas cementados ou non:
conglomerado
arenita
arxilas
arcosa
Bioquímicas ou orgánicas
formadas por acumulación de
substancias producidas por algúns
seres vivos: corais, cunchas,
estromatolitos, carbón, petróleo...
Pola súa orixe non son realmente
rochas, pero considéranse así por
formar parte dos materiais da
codia terrestre.
Antracita, carbón formado a partir de
restos vexetais.
calcária formada por acumulación de
caparazón de animais mariños
dolomía
diatomita
Físico-químicas
formadas por reaccións químicas,
evaporación ou precipitación de
disolucións: sal xema, as
calcárias.
Calcarias formada por precipitación de
carbonato cálcico disolto na auga
travertino
nódulo de manganeso: fórmase nos
fondos mariño a gran profundidade
arxilita silícea
ROCHAS METAMÓRFICAS
Proceden doutras rochas transformadas pola presión ou pola presenza dun foco quente nas
súas proximidades. O grao de metamorfización depende da temperatura e da presión á que
estéa sometida a rocha durante o proceso de formación. Canto máis alta sexa a temperatura
e máis grande a presión, a rocha adquire maior cohesión entre as partes e un maior grao de
cristalización.
As rochas metamórficas son as máis abundantes na superficie da codia terrestre da que
ocupan o 85% dos 20 primeiros quilómetros.
Laminadas
Disposición estratificada,
Xistosidade: rotura en planos de forma irregular que
non permiten a formación de bloques
Esfollado: rotura en láminas finas.
lousa
xisto
micaxisto
gneis “ollo de sapo”
granulita
Non laminadas
Estrutura cristalina.
mármore
serpentina
cuarcita
Adela Leiro, Mon Daporta

More Related Content

Rochas guía

  • 1. Guía para estudar os minerais e as rochas AS ROCHAS As rochas son masas sólidas constituídas por agregados minerais. Fórmanse por enfriamento de magmas, por depósitos de restos compactados ou por alteracións das anteriores ao seren sometidas a altas presións e temperaturas. As rochas están sometidas a un ciclo contínuo de formación e destrucción Desde o momento da súa formación, a partir da solidificación do magma, actúan sobre as rochas axentes físicos (vento, chuvia, cambios de temperatura) e químicos (osíxeno, ácidos...) que as alteran, cambian a súa estructura e composición química. Os materiais disgregados acumúlanse nas zonas baixas onde forman depósitos de sedimentos que máis tarde, por contacto ou por presión, transfórmanse en rochas sedimentarias. Cando as rochas son sometidas a fortes presións e/ou altas temperaturas convértense en metamórficas. Se os materias entran en contacto cun foco quente funden de novo e incorpóranse ao magma. CARACTERÍSTICAS DAS ROCHAS Para estudar e recoñecer as rochas hai que ter en conta as súas propiedades xerais, a súa composición e o seu proceso de formación. Todas as propiedades están interrelacionas.
  • 2. PROPIEDADES DAS ROCHAS ESTRUTURA É o aspecto xeral derivado dos procesos xeolóxicos: tipo de estratificación, alternancia, orientación, pregues, fracturas... O proceso de formación dalles ás rochas unhas características que as fan claramente diferenciables. Se o magma enfría rapidamente as rochas resultantes poden ser compactas ou porosas e xeralmente non presentan cristais diferenciados. lava Se o magma enfría lentamente os distintos minerais forman cristais doados de distinguir. granito As rochas sedimentarias, que proceden da acumulación e compactación de fragmentos, están xeralmente dispostas en capas e son brandas. arenita calcária As rochas metamórficas teñen os seus materiais orientados o que lles confire unha estructura en bandas e uns planos de exfoliación. estrutura xistosa estrutura xistosa pregada estrutura ocelar TEXTURA Depende da relación entre os tamaños dos compoñentes, a súa morfoloxía, o xeito en que entran en contacto entre sí... lavas porosas Pegmatita, rocha formada por grandes cristais. Lousa verde. Rocha formada por cristais moi pequenos.
  • 3. DENSIDADE Depende da relación entre masa e volume. Está relacionada coa estrutura, a composición e o proceso de formación. Pumita (pedra pómez), rocha moi lixeira. Aboia na auga. Ecloxita, rocha moi densa. CLASES DE ROCHAS: SEGUNDO OS MINERAIS QUE AS FORMAN. Rochas formadas case exclusivamente por un mineral. Cuarcita, formada por un so mineral (seixo). Rochas formadas pola mestura de varios minerais: esenciais (os que caracterizan a súa composición) e accesorios granito rosa: seixo, feldespato, mica... CLASES DE ROCHAS: TENDO EN CONTA A COMPOSICIÓN QUÍMICA Rochas básicas: ricas en ferro, magnesio e calcio e pobres e alúmina e álcalis. As máis comúns son os basaltos e os gabros que conteñen olivino, piroxenos, anfíboles e feldespatos cálcicos. basalto Rochas ultrabásicas: non conteñen alúmina nin álcalis. serpentina Rochas ácidas: ricas en sílice, alúmina e álcalis. As máis comúns son as de tipo granítico que teñen na súa composición como minerais máis comúns os seixos e os feldespatos sódico-potásicos. granito
  • 4. CLASES DE ROCHAS: TENDO EN CONTA A COMPOSICIÓN QUÍMICA ROCHAS MAGMÁTICAS (ÍGNEAS) Fórmanse por enfriamento do magma no interior ou no exterior da codia terrestre CLASES DE ROCHAS MAGMÁTICAS SEGUNDO A SÚA ESTRUTURA E TEXTURA (disposición característica dos minerais que a forman)
  • 5. ROCHAS SEDIMENTARIAS Fórmanse a partir do depósito e compactación de detritus doutras rochas, ou dos restos de seres vivos, unidos entre sí ou por medio de outros materiais. Caracterízanse pola disposición dos materiais en capas (estratos) e a relativa falta de dureza. TIPOS DE ROCHAS SEDIMENTARIAS (segundo a súa orixe) Detríticas fórmanse por restos doutras rochas cementados ou non: conglomerado arenita arxilas arcosa Bioquímicas ou orgánicas formadas por acumulación de substancias producidas por algúns seres vivos: corais, cunchas, estromatolitos, carbón, petróleo... Pola súa orixe non son realmente rochas, pero considéranse así por formar parte dos materiais da codia terrestre. Antracita, carbón formado a partir de restos vexetais. calcária formada por acumulación de caparazón de animais mariños dolomía diatomita Físico-químicas formadas por reaccións químicas, evaporación ou precipitación de disolucións: sal xema, as calcárias. Calcarias formada por precipitación de carbonato cálcico disolto na auga travertino nódulo de manganeso: fórmase nos fondos mariño a gran profundidade arxilita silícea
  • 6. ROCHAS METAMÓRFICAS Proceden doutras rochas transformadas pola presión ou pola presenza dun foco quente nas súas proximidades. O grao de metamorfización depende da temperatura e da presión á que estéa sometida a rocha durante o proceso de formación. Canto máis alta sexa a temperatura e máis grande a presión, a rocha adquire maior cohesión entre as partes e un maior grao de cristalización. As rochas metamórficas son as máis abundantes na superficie da codia terrestre da que ocupan o 85% dos 20 primeiros quilómetros. Laminadas Disposición estratificada, Xistosidade: rotura en planos de forma irregular que non permiten a formación de bloques Esfollado: rotura en láminas finas. lousa xisto micaxisto gneis “ollo de sapo” granulita Non laminadas Estrutura cristalina. mármore serpentina cuarcita Adela Leiro, Mon Daporta