Breve presentación sobre a figura de Rosalía na que se destacan os aspectos máis reivindicativos e solidarios da súa obra.
1 of 6
Download to read offline
More Related Content
Rosalía de Castro
2. “Daquelas que cantan as pombas i as frores,
todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n’as canto Virxe da Paloma,
¡ai! ¿de que a teréi?”
"Porque todavía no les es permitido a las
mujeres escribir lo que sienten y lo que
saben".
Prólogo de La hija del mar
Vaguedás, Follas Novas
feminista
cando case a totalidade das mulleres
galegas eran analfabetas.
… la vulgar idea de que la mujer sólo sirve para las labores domésticas y que aquella
que […]se aparta de esa vida pacífica y se lanza a las revueltas ondas de los tumultos
del mundo, es una mujer digna de la execración general.
Prólogo de La hija del mar
3. Este vaise e aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sen homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais.
E tes corazóns que sofren
longas ausencias mortás,
viúvas de vivos e mortos
que ninguén consolará.
Follas Novas
solidaria
cos que teñen que buscar a súa vida fóra de
Galicia, coas viúvas dos vivos e mortos…
No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa
soportando valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as
arideces da probeza. Soias o máis do tempo...
Prólogo de Follas Novas
4. Aqués que ten fama de honrados na vila
roubáronme tanta brancura que eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
…
―Salvádeme , ouh, xueces!, berrei... Tolería!
De min se mofaron, vendeume a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
…
Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.
Follas Novas
reivindicativa
diante das inxustizas dos poderosos, dos
prexuízos...
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos:
cando van, van como rosas,
cando vén, vén como negros.
Cantares Gallegos
5. As multitudes dos nosos campos tardarán
en ler estes versos, escritos a causa deles,
pero só en certo modo para eles. O que
quixen foi falar unha vez máis das cousas
da nosa terra, na nosa lingua...
Prólogo de Folla Novas
Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ¡ai!, tan fermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
e a nai que un fillo despreza
nai sen corazón se noma.
Cantares Gallegos
galega
galeguista
no uso da lingua e na defensa deste país
esquecido que é Galicia.
... o natural agarimo nos corazóns que sofren e aman esta querida terra de Galicia.
Prólogo de Folla Novas
6. Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
e eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite sen cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
Follas Novas
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Cantares Gallegos
poeta dos
sentimentos
o amor, o desamor, a saudade, a morte...
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Follas Novas