2. ROSALÍA DE CASTRO
Poeta e novelista nada en Galicia,
considerada como unha das bases do
panorama literario do século XIX.
Representa unha das figuras máis
emblemáticas do Rexurdimento Galego e
ademais é considerada precursora da
poesía moderna española.
As súas tres obras máis importantes son:
Cantares Gallegos, En las Orillas del Sar
e Follas Novas.
Adicóuselle o Día das Letras Galegas no
ano 1963.
3. Infancia e mocidade
• Naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago.
• Filla do sacerdote José Martínez Viojo e María Teresa de la
Cruz de Castro y Abadía, unha fidalga solteira e pobre.
• Foi bautizada figurando como filla de pais descoñecidos polo
que se criou coa súa madriña na vila de Castro de Ortoño
situada na provincia da Coruña.
• Cando volveu a Santiago coa súa nai, asistiu a actividades
culturais promovidas polo “Liceo de la Juventud”, ao que
tamén asistían intelectuais comprometidos co movemento
provincialista, como Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Aurelio
Aguirre.
4. Madurez
• En 1856, trasladouse a Madrid, onde publicou un folleto
de poesías escrito en lingua castelá, “ La Flor”, e unha
novela, “La hija del mar”.
• Nesta cidade coñeceu a Manuel Murguía, o seu futuro
marido. Este intelectual convertiuse na primeira persoa que
animou a Rosalía na súa carreira literaria, sendo o
responsable da publicación de “ Cantares Gallegos”.
•Recibiu, tamén, o apoio da sociedade nunha época na que
as mulleres non tiñan recoñecemento.
Manuel Murguía
5. DERRADEIROS ANOS
• Os seus últimos anos transcorreron en
Padrón, onde sufriu numerosas
enfermidades e doenzas, ata que o 15 de
xullo de 1885 morreu na súa casa, víctima
dun cancro de útero.
•Antes de
morrer,
encargoulle aos
seus fillos que
queimasen todos
os traballos que
deixara sen
publicar.
TUMBA DE ROSALÍA NO
CONVENTO DE SAN DOMINGOS
DE BONAVAL
•A actual fundación
Rosalía de Castro ten
como finalidade difundir
e fomentar o culto a
Rosalía, Manuel Murguía
e os seus fillos.
7. OBRA EN CASTELÁN
EN LAS ORILLAS DEL SAR
Obra publicada en 1884.
Trátase dunha serie de poemas
moi innovadores posto que
rompen coas formas métricas
tradicionais. Neles, Rosalía
reflexa as súas emocións
persoais, de forma pesimista
(produto do choque entre os
soños e a realidade). Neste
poemario, Galicia case non
está presente.
LA FLOR
Obra publicada en 1857.
Esta obra conta coa influencia dos
poetas románticos da época:
Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e
Espronceda. Os temas principais
desta obra son: o desengano
amoroso, o abandono, a morte e o
pesimismo.
A MI MADRE
Obra publicada en 1863.
Estrutúrase en sete poemas
nos que a autora homenaxea
á súa nai. Expresa a súa
desolación pola morte dun
ser tan querido e o vacío da
súa alma. Trátase dun
desahogo persoal e
sentimental.
8. OBRA EN GALEGO
CANTARES GALLEGOS
Obra publicada en 1863.
O 17 de maio celébrase o Día das Letras
Galegas como conmemoración da publicación
deste libro.
Trátase da súa primeira obra escrita en galego.
A súa intención é defender a cultura, a lingua,
e as tradicións galegas. Con ela márcase o
inicio do Rexurdimento galego. Dedícase a
eloxiar a terra galega, as súas paisaxes, a súa
xente e os seus costumes. Denuncia o maltrato
e a explotación que sofre o pobo galego por
parte dos caciques e dos poderosos.
FOLLAS NOVAS
Obra publicada en 1880.
Poemario en lingua galega formado por
poemas de carácter social que plantexan
problemas como a emigración, a soidade
das mulleres en Galicia, a pobreza desta
terra, a desigualdade entre ricos e pobres e,
de novo, os abusos dos poderosos.
9. O labor que levou a cabo Rosalía para defender a terra galega é recordado
hoxe en día.
POEMA A SIR JOHN MOORE,
XARDÍN DE SAN CARLOS, A
CORUÑA
TEATRO ROSALÍA DE
CASTRO, A CORUÑA
MONUMENTO A ROSALÍA
EN FERROL
MONUMENTO A ROSALÍA EN
LUGO