2. AS MOCHILAS VIAXEIRAS
O programa das mochilas viaxeiras comeza a andar
no noso centro este curso 2011-2012 de xeito
experimental en dúas aulas, S1ºA e S3ºA e ten como
finalidade proporcionar un motivo de encontro entre
os distintos membros dunha familia ao redor do
mundo dos libros e da lectura
3. A mochila é o soporte que
permitirá aos rapaces e
rapazas levar á súa casa, en
préstamo temporal, uns
materiais que reforcen o
vínculo entre familia e escola
no seu labor común para a
formación dos lectores máis
novos.
5. O contido non é exclusivamente para os nenos e
nenas. Procuramos cubrir gustos de adultos, de xoves,
de nenos e maiores para que cada quen atope
dentro da mochila algo que lle guste persoalmente. E
atendemos suxestións, se están ó noso alcance. O
obxectivo é atopar algún momento para achegarse á
lectura en familia con documentos de calidade e, en
ocasións, pouco coñecidos por non estaren nos
grandes circuitos de distribución.
6. CONTIDO DA MOCHILA Nº 1
Cómic : Astérix en la India
Libro 1: Todas as respostas ás preguntas
que nunca te fixeches
Libro 2: El conde de Montecristo
Libro 3: Memorias dun neno labrego
Lendas : Del nacimiento de Roma
Libro para pais-nais : Por que non aprendo?
CD música : Clásicos divertidos
DVD 1 : O soño dunha noite de San Xoán
DVD 2 : Tierra
7. INSTRUCIÓNS DE USO
Cóntase con dúas semanas para disfrutar dos
contidos da mochila. Sé respetuoso e
DEVÓLVEA EN PRAZO
É importantísimo COIDALA MOI BEN para que
os materiais poidan chegar a todo o mundo en
perfecto estado
Inclúese un caderno viaxeiro no que se convida
ás familias a escribir reflexións, opinións,
suxestións sobre a actividade, os materiais…
Antes de devolver a mochila, REVISA QUE
ESTEA TODO O MATERIAL.