2. Introdución Sanxenxo é unha localidade que pertence á provincia de Pontevedra. Sitúase na parte meridional da comarca do Salnés, na costa bañada polo océano Atlántico e na ría de Pontevedra e de Arousa, nas súas zonas máis occidentais. O municipio conta cunha poboación de 17 077 habitantes, aínda que esta cifra multiplícase por catro en época estival. Divídese en sete parroquias que presentamos a continuación.
3. Sanxenxo (Padriñán) Este pobo de orixe mariñeiro, basea a súa expansión cara o turismo na praia, hoxe urbana, de Silgar. Este areal de 800 m de lonxitude está abrigado dos ventos do norte que garanten bo tempo na zona, pero que poden resultar fríos incluso en verán. A continuación da praia de Silgar e tras pasar Punta do Vicaño, encontra a praia de Baltar, de tamaño similar a anterior e significativa no municipio. A zona leste desta praia atópase no bordo de Portonovo, o maior núcleo urbano do municipio. O crecemento que está experimentando dende os anos 80 é moi considerable, chegando no verán do 2005 a estrear o porto deportivo e o seu club náutico tras as obras de ampliación.
4. Nantes Santa Baia de Nantesé unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo oINEno2008tiña 787 habitantes (387 mulleres e 400 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano1999cando tiña 785 habitantes.
5. Portonovo (Adina) Santa María de Adina é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o INE no 2008 tiña 4 667, distribuídos en 17 entidades de poboación. Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adina), pero é de uso habitual polos seus fregueses o nome de Santa María Adina de Portonovo. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa. Hoxe en día a pesca está a pasar a un segundo plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e en xeral toda a comarca. Conta cunha confraría de pescadores inaugurada no ano 1924, que na actualidade é unha das máis punteiras das existentes en Galicia, así como un importante porto pesqueiro recén ampliado e unha moderna lonxa, dotada dun gran nivel de información. A súa praia mais importante é a praia de Baltar .
6. Noalla San Estevo de Noalla ten unha extensión de 8,7 km². Limita coas parroquias da Adina e Vilalonga, co Concello do Grove e a Ría de Pontevedra. Noalla ten unha poboación de 2 529 habitantes. Distribuídos en 28 entidades de poboación: Aios, Casal, Caseiros, Codesal, Cova de Pazos, Fonte de Ons, A Iglesia, A Lanzada, Mourelos, O Pombal, Quintáns, Revolta, Salgueiro de Mato, Soutullo, Telleiro, Tombelo, Tramalleiro... As súas praias son: Bascuas, Pragueira, Major, Pociñas, Fontenla, Foxos, Nosa Señora, Areas Gordas, Lapa, A Lanzada, Do Bao e Ponte do Bao. Pódese gozar de diversos miradoiros. Tamén podemos encontrarnos con monumentos como: Ermida da Lanzada, Igrexa Parroquial, Pazo de Quintáns, Torre (A Lanzada). E sen esquecernos das festas tradicionais: Romaría de a Lanzada, San Xosé Obreiro, San Estevo, Festa da Ostra.
7. Bordóns San Pedro de Bordóns ten unha extensión de 2,5 km² e uns 600 habitantes aproximadamente. Limita coas parroquias de Dorrón e Padriñan, co concello de Meaño e a Ría de Pontevedra. Divídese nunhas oito entidades de poboación: Areas, Carballal, Chandevila, Lamela, Nanín, O Outeiro, Regato e Sear. Ten dúas praias que son: a praia de Nanín e a de Areas. Dispón dun miradoiro: Alto de Lamela. Como monumentos ten: a Igrexa Parroquial, a Casa do Sear e a Casa Rectoral. E como non, tamén ten festas: Dolores, O Carmen e San Roque.
8. Dorrón Dorrón , é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1 376 habitantes (722 mulleres e 649 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 333 habitantes. A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido. No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás. No seu interior destaca o retablo barroco da Capela do Carme.
9. Vilalonga Vilalonga, é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2 273 habitantes (1 138 mulleres e 1 135 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2 264 habitantes.
10. Esta presentación foi realizada polos alumnos e alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Vilalonga do curso 4º E.S.O A: Xoel Salgueiro, Daniel Alejandro Gubernet, Miguel González, Ismael Lázaro, Adriana Álvarez, Silvia Martínez, Arancha Lamelas, Miriam García e Noemí Fernández.