1. Son as actividades adicadas á transformación de recusos naturais en
produtos elaborados ou semielaborados,
utilizando fontes de enerxía:
industria, construción, produción de enerxía
2. As materias primas son or recursos naturais que necesita a industria para producir bens.
Podemos calsificalas en 3 tipos :
Orgánicas ( Orixe vexetal e animal), procedentes da agricultura, Gandaria, Explotación Forestal
ou Pesca
Minerais ( Orixe mineral ): ferro,cobre, mármore,…
Enerxéticas : petóleo, carbón, uranio, gas natural.
3. As fontes de enerxía son os recursos naturais que proporcionan a forza neceasaria para
producir bens. Podemos clasificalas en:
Renovables ( sol, vento, mar,…)
Non renovables ( carbón, petóleo, gas natural, uranio )
4. •Industria artesanal : ata a revolución industrial ( finais S XVIII ). Artesáns traballaban en pequenos
talleres para producir a man ou con sinxelas ferramentas, usando fontes de enerxía pouco potentes ( e tamén pouco
contaminantes ): forza humana ou animal, biomasa, auga ou vento. Os bens producidos eran vendidos no mercado local
( zapatos, vestido, útiles da vida cotiá,…)
•Industria moderna: despois da Revolución industrial xorde unha nova forma de producir: Obreiros que
traballan en fábricas con maquinaria que require gran cantidade de enerxía ( carbón, petróleo, electricidade ). Elabóranse
grandes cantidades de bens que se comercializan en todo o mundo.
5. De base: fabrican produtos semielaborados
para outras industrias. P.ex: a industria
siderúrxica produce aceiro que logo outra
industria utiliza para producir, p.ex., unha
reixa.
De equipo: fabrican produtos necesarios para
que outras industrias funcionen e para o
transporte.P.ex: maquinaria, ferramentas,
aparellos electrónicos, asteleiros,…
De uso e consumo: fabrican produtos que vai
consumir directamente o consumidor. P.ex:
industria alimentaria, téxtil, …
6. Existencia de recursos naturais, fontes de enerxía e man de obra.
Proximidade a zonas urbanas.
Boas redes de transporte e comunicacións.
Diversos factores políticos ( subvencións, impostos, leis laborais,…)