3. COMERCIO: actividade de intercambio que pon en contacto productores e
consumidores
COMERCIO INTERIOR: aquel que se realiza dentro das fronteiras dun país.
COMERCIO EXTERIOR: Comercio internacional
As exportacións son as mercadorías que as empresas dun país venden fora das
súas fronteiras
As importacións son as compras realizadas no exterior
OS ESPAZOS DE CONSUMO
Cambios debidos ao aumento do consumo e o desenvolvemento da actividade comercial
PEQUENO COMERCIO: Enfróntase á competencia de grandes cadeas de distribución.
GRANDES SUPERFICIES COMERCIAIS: Localizadas na periferia urbana e reflexan a nova organización
HIPERMERCADOS: naves dunha mesma empresa onde se colocan os produtos para favorecer o
autoconsumo
CENTROS COMERCIAIS: Espazos cun grande número de pequenas tendas especializadas e servizos
de ocio complementarios.Soen ter un hipermercado como factor de atracción.
PARQUES COMERCIAIS: Conxunto de edificios con varios hipermercados e centros de ocio, xunto a
superficies adicadas a aparcadoiro.
9. FACTORES DO CRECEMENTO
DO TURISMO.
- A xeneralización da semana laboral de
cinco días, que dá lugar a unha longa fin
de semana, e dun período de vacacións
pagas ao ano, polo que aumenta o
tempo de lecer.
- A sociedade do benestar, ao cubrir as
necesidades básicas e asegurarlles aos
traballadores pensións de invalidez e de
vellez, liberou os traballadores do
aforro de previsión. Estes, como
consecuencia, poden entrar na
sociedade de consumo.
-A xeneralización do uso do automóbil e
a mellora da rede viaria.
10. Diferentes modelos turísticos:
DE SOL E PRAIA
DE MONTAÑA /DE INVERNO
ECOTURISMO
TURISMO RURAL
TURISMO CULTURAL
TURISMO DE CRUCEIROS
ESPECTÁCULOS E EVENTOS
15. Factores positivos do turismo. O turismo representa para un país
ingresos elevados, crea moitos postos de traballo, dinamiza outros
sectores económicos, permite o contacto con outras culturas e facilita a
aprendizaxe de novas linguas.
Factores negativos do turismo. O turismo tamén contribúe ao aumento
dos prezos, incrementa a especulación do solo, enriquece a grandes
empresas e moitos dos traballadores que crea son de pouca
cualificación e están mal remunerados.
O turismo tamén provoca grandes impactos ambientais: alteración da
costa ao construír portos, contaminación da auga…
Os efectos do turismo