2. Curso: 6º primaria 2022-23 Título: París monumental
Temporalización: 2 quincena de novembro.
DESEÑO DUNHA SITUACIÓN DE APRENDIZAXE SIMPLIFICADA
Centro de interese: Organización dunha viaxe a París; procura na web.
Xustificación: Dada a importancia que está adquirindo o turismo neste século, e tendo en conta que hoxe en día cada vez empregamos máis a
internet para a reserva, contratación e organización das viaxes, penso que é importante que aprendan a procurar na web este tipo de información.
Terán que procurar frecuencias dos voos, prezos aproximados, tempo que se tarda en chegar e información sobre 4 puntos eminentemente
turísticos de París.
Reto/desafío/problema/necesidade/conflito cognitivo: Ser quen de informarse sobre as frecuencias e horarios dos voos en avión
desde Santiago de Compostela a París,e lugares de interese a visitar ness cidade.
Produto final (debe ser a creación dun produto final por parte do alumnado): Creación duns vídeos con información sobre
monumentos/lugares destacados de París. Un vídeo de cada un dos seguintes lugares: torre Eiffel, Arco de Trunfo, Catedral de Notre Dame e
museo de Louvre. Por equipos, gravarán e ditarán os vídeos (coa axuda do/a mestre/a), podendo empregar o chroma.
3. Concreción curricular
Conexión co perfil de saída
Competencia clave
-Competencia en Comunicación Lingüística
-Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e
enxeñería
-Competencia Dixital
-Competencia persoal, social e de aprender a aprender
.
.
.
.
.
.
.
Descriptor operativo
CCL1, CCL3, CCL5
STEM1
CD1, CD2
CPSAA5
.
.
.
.
.
.
.
Áreas
Lingua galega
Ciencias sociais
Matemáticas
Criterios de avaliación
CA2.3. Producir textos orais e multimodais de maneira
autónoma...
CA2.5. Expresarse oralmente con coherencia para
satisfacer necesidades de comunicación...
CA4.1. Desenvolver un proceso de investigación
individual, sobre algún tema de interese, realizado de
maneira autónoma...incluídas fontes dixitais...
CA4.2. Compartir os resultados dun proceso de
investigación sinxelo...ofrecendo información...
CA2.6. Utilizar as conexións entre as matemáticas,
outras áreas e a vida cotiá para resolver problemas en
contextos non matemáticos.
Competencias específicas
-Ser quen de procurar información
na web, seleccionando aquela que
interesa.
-Elaborar textos narrativos coa
información buscada.
-Ser capaz de tomar decisións
tendo en conta criterios
matemáticos: horarios, prezos...
-Memorizar textos.
-Realizar unha comunicación oral
e xestual adecuada.
-Manexar axeitadamente o
programa de edición de vídeo
OpenShot.
-Valorar o esforzo e resultado
obtido, tanto a nivel persoal como
dos/as compañeiros/as.
Saberes básicos
.-Interacción oral adecuada en situacións
de aula e en contextos formais pautados..
-Elaboración de textos orais axeitados ao
nivel, con utilización correcta dos
elementos da prosodia...
-Estratexias para a procura de
información en fontes documentais e
dixitais...
-Utilización das tecnoloxías da
información e da comunicación de modo
eficiente e responsable para elaborar e
presentar as súas producións...
-Estratexias de comparación, ordenación,
composición e descomposición de
medidas.
4. Secuencia didáctica
Actividades (tipos e contextos)
-Procura de información nos seguintes enderezos
electrónicos:
https://www.skyscanner.es
http://www.paris.es/
-Redacción nun documento odt das frecuencias
dos voos, duración das viaxes e prexos
aproximados dos mesmos durante o mes de
novembro de 2022..
-Completado do pdf sobre catro
lugares/monumentos a visitar empregando os
ordenadores persoais da aula E-Dixgal, coa
aplicación Xournal.
-Redactar en odt un texto sobre cada un deses
catro puntos de interese..
-Gravación e edición do vídeo dunha duración
aproximada de entre 2-3 minutos. (por equipos).
-Subida á web do centro destes vídeos.
.
.
.
.
Exercicios (recursos e
procesos cognitivos)
.
-Acceso a internet.
-Ordenadores do alumnado da aula
E-Dixgal.
-Cámara de vídeo.
-Pantalla de chroma.
-Web do centro.
Ferramentas de avaliación
-Para a avaliación dos dous odt
empregaremos unha lista de cortexo que o
alumnado coñecerá con anterioridade.
-Para a avaliación do vídeo empregaremos
unha rúbrica, tamén coñecida de antemán.
5. Valoración xeral da SA (cualitativa):
A valoración desta situación de aprendizaxe é positiva. Ao principio pode ser que o alumnado se disperse un pouco, polo que debemos
secuenciar a situación de aprendizaxe en pequenas tarefas correlativas, facilitando así o traballo dos diferentes grupos.
Penso que se acostumamos ao alumnado a realizar con asiduidade situacións de aprendizaxe, interiorizarán o xeito de traballo, sendo cada vez
máis doado.
Por outra banda, esta forma de traballo favorece a aprendizaxe entre iguais, algo que considero fundamental.
AVALIACIÓN DA SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
Puntos fortes:
-A motivación que supón traballar con ferramentas dixitais.
-A aprendizaxe entre iguais do traballo en equipo.
-O pracer de sentirse protagonistas nun vídeo, que favorece a súa autoestima.
Aínda mellor se:
-Diminuír a complexidade do traballo co editor de vídeo.
-Fomentar un traballo equitativo por parte dos integrantes de cada equipo.