2. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Unha etapa fundamental no proceso tecnolóxico é a do deseño do obxecto a construír.
Hoxe en día empréganse ferramentas informáticas como AUTOCAD ou SketchUp nesta
fase do proceso. Google SketchUp permite crear, modificar e compartir modelos en 3D de
xeito sinxelo e gratuitamente (para empregar AUTOCAD debes comprar unha licenza).
A) Elementos principais da ventá de traballo.
• Eixe de coordenadas: sirven para situarse no espazo:
◦ Eixe azul, altura.
◦ Eixe vermello, ancho.
◦ Eixe verde, profundidade.
Se se quere debuxar unha liña paralela a un dos eixes, a liña do debuxo ten
que ser da mesma cor co eixe correspondente.
• Figura humana: axuda a facerse unha idea das dimensións do debuxo.
• Barra de ferramentas.
• Cadro de control de valores: informa sobre as dimensións do debuxo. Tamén
permite introducir as dimensións dos elementos a debuxar.
3. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
B) Barra de ferramentas e funcións principais.
Podes seguir o titorial que che ofrece o propio programa ou ir probando as distintas
ferramentas ti mesmo, sen dúbida, un dos mellores xeitos de aprender.
Aquí faremos unha breve descrición dalgunhas das ferramentas máis interesantes:
Movemento espacial: a ferramenta orbitar permite moverse no espazo de
traballo, de forma que se poidan ver os debuxos desde calquera ángulo. Combinándoa co
zoom pódese observar o deseño tamén desde calquera distancia.
Ferramenta liña, permite crear aristas (se se quere, paralelas aos eixes) e
con elas planos; Para construír modelos en SketchUp pódense crear aristas e caras
planas con varias ferramentas: liña, arco, círculo, polígono ou man alzada.
Empuxar/tirar: permite dar volume a unha superficie; por exemplo, pódese
empuxar un rectángulo para convertilo nun cubo.
Medidas exactas: a ferramenta medir non só permite medir distancias, tamén
se pode utilizar para crear guías ou marcas que facilitan o debuxo.
Pintar: serve para colorear ou dar textura ás superficies cos materiais da
galería, tales como recubrimentos de chans, metais, madeira, auga, translúcidos, ....
Equidistancia: crea copias de liñas a unha distancia uniforme das orixinais
facilitando, por exemplo, a creación de marcos de ventás, portas, ...
Sígueme: esta ferramenta serve para crear formas 3D dando volume a
superficies ao longo dunha traxectoria. Por exemplo, para debuxar unha botella podo
debuxar a metade do contorno nunha superficie e empregar esta ferramenta para darlle
volume arredor dun círculo.
PRÁCTICAS
Práctica 01: Construción dun paralelepípedo
1. Mover a figura humana: coa ferramenta seleccionar, selecciona a figura humana.
Coa ferramenta de mover , despraza a figura humana.
2. Traza un rectángulo de 400x200cm desde a orixe dos eixes de coordenadas:
▪ Selecciona a ferramenta rectángulo
▪ Introduce as medidas do rectángulo separadas por punto e coma (sen
unidades) no CCV e pulsa enter.
Para consultar as unidades do modelo : ventá/información do modelo/unidades.
4. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
3. Crea volume a partir dunha supeficie:
• Selecciona a ferramenta de empuxar e sitúa o cursor sobre a superficie
do rectángulo (cando a teñas seleccionada, aparecerá punteada).
• Empuxa hacia arriba unha altura de 200cm.
4. Acotar a figura:
▪ Selecciona a ferramenta acotación.
▪ Selecciona as aristas a acotar e desprázaas lixeiramente hacia o exterior da
figura.
Práctica 02: Figuras poligonales
1. Debuxar figuras poligonales:
• Selecciona a ferramenta polígono, teclea o número de lados do polígono (o
valor intróducese automaticamente no CCV). Sitúa o cursor sobre a área do
debuxo para marcar co rato a posición do centro do polígono, despois (unha
vez clicado) introduce o valor do radio medio.
• Debuxa polígonos de 3,4,5,6,8, e 12 lados.
2. Debuxar un círculo, faise do mesmo xeito ca o resto dos polígonos pero
empregando a ferramenta círculo
3. Coa ferramenta de empuxar/tirar, levantar a superficie de cada figura por igual (no
debuxo, 20cm).
4. Seleccionar a ferramenta pintar para colorear os debuxos, colorea todas as
superficies e emprega distintas opcións: cores, metais, madeira....
5. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Práctica 03: Construción mesa
1. Traza un rectángulo de 65cmx65 cm.
2. Coa ferramenta empuxar, levanta o rectángulo 100cm.
3. Coa ferramenta medir imos trazar unhas marcas, que nos permitirán debuxar o
tabloeiro da mesa.
• Coa ferramenta medir, sitúate nun vértice da
cara superior do paralelepípedo trazado.
• Pulsa o rato e diríxeo hacia abaixo (liña azul).
• Teclea o valor 15 e pulsa Enter; aparecerá
unha marca a 15 cm do vértice.
• Repetir a acción anterior para os trec véritces
restantes.
• Une as marcas realizadas con liñas
(ferramenta liña).
4. Coa ferramenta empuxar, despraza hacia fóra as superficies superiores de dúas
caras opostas 20cm.
5. Coa ferramenta empuxar, despraza hacia fóra as superficies superiores das outras
dúas caras 40cm.
6. Coa ferramenta pintar, decora as superficies da mesa ao teu gusto.
6. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Práctica 04: Cadeira
1. Coa ferramenta rectángulo crea un cadrado de 50cmx50cm.
2. Coa ferramenta empuxar, levanta o rectángulo 100cm, formando así un prisma de
50cmx50cmx100cm.
3. Sobre unha das caras, con axuda da ferramenta liña,
debuxa as liñas mostradas na figura (medidas aproximadas).
4. Selecciona a ferramenta empuxar, despraza a superficie
marcada como 1 á cara oposta do prisma. Repite a acción
coa superficie 2.
5. Para facer as patas, debuxamos nas superficies interiores un
rectángulo, e eliminamos as superficies coa ferramenta
empuxar.
7. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
6. Se o cremos necesario, podemos empuxar o respaldo.
7. Seleccionamos a ferramenta arco. Pinchando sobre unha
das aristas do respaldo desprázamonos hacia a arista
contrario e volvemos facer clic. Se movemos o rato vemos
que se forma un arco . Cando teñamos a arco que
queiramos facemos de novo clic (é importante que o arco se
atope sobre a cara do respaldo da cadeira).
8. Trazado o arco, coa ferramenta empuxar eliminamos o
volume sobrante do respaldo.
9. Pinta a cadeia ao teu gusto.
Práctica 05: Figuras poligonales II
1. Debuxa un rectángulo de 100cmx360cm.
2. Coa ferramenta empuxar, levanta a superficie 20cm.
3. Debuxa guías coa ferramenta medir na parte superior do prisma para atopar os
lugares onde debuxaremos os prismas. Estas guías ou marcas están a 120 cm na
arista máis longa e 50 cm na arista máis curta (ver figura).
4. Traza un hexágono e un círculo, ambos de 45cm de radio con centro na
intersección das guías debuxadas.
5. Levantar o hexágono e o círculo 30cm, coa ferramenta de empuxar.
6. Borra as guías (coa ferramenta borrar ou en Editar/Borrar guías)
7. Encontra o centro do hexágono e debuxa un círculo de radio 30cm; encontra o
centro do círculo e debuxa un hexágono de radio 30 cm.
8. Levanta o círculo e o hexágono 20 e 40 cm, respectivamente.
9. Coa ferramenta pintar, decora ao teu gusto.
8. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Práctica 06: Mapa topográfico
1. Selecciona a ferramenta man alzada e crea superficies pechadas como as
que se mostran na primeira figura, unhas dentro de outras.
2. Selecciona a ferramenta empuxar e levantar as superficies debuxadas
previamente.
3. Selecciona a ferramenta pintar e colorear as superficies ao teu gusto.
9. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Práctica 09: Fonte
1. Traza un prisma de base cadrada de 300cmx300cmx60cm.
2. Trazar con medidas aproximadas sobre unha das caras uns escalones (ver figura).
3. Seleccionar a superficie superior do prisma. Elixe a ferramenta sígueme e fai clic
sobre a superficie marcada con 1.
4. Busca o centro da superficie superior e traza un círculo de 50cm.
5. Coas ferramentas liña e arco debuxa unha P no borde da circunferencia (hai que
asegurarse que a P sexa perpendicular á circunferencia).
6. Selecciona a superficie da circunferencia, selecciona a ferramenta sígueme e fai
clic sobre a superficie da P debuxada. Así tendremos a fonte.
7. Levanta a superficie interior da fonte para simular a auga. Pintar as superficies da
fonte e as escaleiras ao teu gusto.
10. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Práctica 10: Copa
1. Debuxa un círculo.
2. Coa ferramenta rectángulo, debuxa un
rectángulo que teña como vértices da base o
centro do círculo e un punto da circunferencia.
3. Coa ferramenta liña e arco, debuxa sobre o
rectángulo un perfil parecido o da figura.
4. Elimina as superficies sobrantes.
5. Selecciona o círculo, despois coa ferramenta
sígueme hai clic na superficie vertical para crear
a superficie de revolución.
Práctica 11: Arco
1. Debuxar un prisma similar ao da figura e sobre
unha das caras do prisma traza un arco.
2. Elimina o interior do arco coa ferramenta
empuxar.
3. Sobre unha das bases interiores do arco, e a
nivel do chan, debuxa unha superficie similar a da
figura coas ferramentas de liña e arco.
4. Nunha das caras seleccionar as tres liñas que
forman o arco (seleccionar a primeira e pulsando
11. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
a tecla Ctrl selecciona o resto). Seleccionar a ferramenta sígueme, e fai clic sobre
a superficie debuxada no paso anterior.
5. Coa ferramenta pintar, colorea ao teu gusto.
Práctica 12: Estantería
1. Coas ferramentas rectángulo e
empuxar debuxa un prisma de
250cmx50cmx200cm (longo, ancho e
alto).
2. Debuxar con medidas aproximadas as
liñas e arcos que se mostran na
figura.
3. Elixe a ferramenta de equidistancia.
Sitúa o cursor sobre unha das
superficies pintadas e arrastra o rato
hacia o centro, teclear o valor de 4cm e
pulsa enter.
4. Para repetir o proceso só tes que facer
clic sobre cada supercie.
5. Seleccionar a ferramenta empuxar e
desprazar as superficies interiores.
6. Eliminar as liñas interores.
7. Decora ao teu gusto.
12. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
Práctica 13: Casa
Debuxa o tellado
1. Coa axuda das ferramentas rectángulo e empuxar debuxa a figura mostrada con
medidas aproximadas.
2. Coa ferramenta liña seleccionada, traza as rectas que dividen as superficies
superiores dos prismas en dúas partes iguais.
3. Elixe a ferramenta mover, colocar o cursor sobre unha das liñas debuxadas no
paso anterior (colorearase de azul). Fai clic sobre ela e son soltar o rato, mover a
liña na dirección azul; repetir o proceso sobre a cara superior do segundo dos
prismas.
Debuxar os aleróns
4. Coa axuda de guías (ferramenta medir), e a ferramenta liña, traza as liñas
paralelas ás aristas superiores do tellado.
13. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
5. Coa ferramenta empuxar,
empuxa lixeiramente hacia
fóra as superficies dos
aleróns frontal e posterior.
6. Coa ferramenta empuxar,
empuxar lixeiramente
hacia dentro os
rectángulos dasa caras
laterales da casa.
7. Retoca as unións das
paredes exteriores cos
aleróns, trazando unha liña
vertical desde as esquinas
dos rectángulos ata o alerón e, coa ferramenta
empuxar, elimina o volume sobrante. Elimina as
liñas sobrantes sobre as paredes exteriores.
8. Debuxar, coa axuda de guías e a ferramenta
rectángulos, ventás e portas.
9. Coa ferramenta empuxar, introducir lixeiramente
ventás e portas hacia o interior da casa (realízao
nunha ventá e repite o proceso con doble clic no
resto dos elementos).
14. DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR: Introdución ao Google SketchUp
10.Sobre a cara da porta lateral da casa debuxar un rectángulo e empúxao hacia fóra
a modo de marquesina.
11. Selecciona a ferramenta mover e, facendo clic sobre a arista superior do frente da
marquesina, desprazar o cursor hacia abaixo (seguindo o eixe azul pulsando a
frecha de dirección hacia abaixo ao mesmo tempo) ata que as dúas aristas case se
xunten.
12.Trazar dous cadrados pequenos e iguais nos vértices exteriores da superficie
interios da marquesina (serán os que nos sirvan para debuxar uns pilares que
suxeiten a marquesina).
13.Coa ferramenta empuxar despraza hacia abaixo os dous cadrados debuxados.
14.Decorar ao teu gusto.