2. CONCEPTO As subordinadas adxectivas ou de pronome relativo desempeñan a función de adxacentes dun substantivo ou sintagma nominal ó que se denomina antecedente. Van introducidas por pronomes relativos como que (cando se pode substituír por o-a-os-as cal-é ), quen ou quen , o cal , a cal , os cales , as cales , ou cuxo , cuxa , cuxos-as , precedidos ou non de preposición: " O libro que me emprestaches era moi bo ". Poden considerarse asimilables ás adxectivas as subordinadas adverbiais de lugar tempo e modo introducidas polos adverbios conxuntivos onde , cando e como que levan antecedente expreso, como no caso "Ese é o lugar onde comemos ", " Esa foi a época cando eu estudaba" ou "Esa foi a maneira como o fixemos ", cuxos antecedentes respectivamente son lugar , época e maneira.
4. ' Proposicións adxectivas explicativas : Son as que van entre comas e non restrinxen o significado do antecedente: "Os xogadores, que estaban cansados , non xogaron a segunda parte". (Tódolos xogadores)
5. Proposicións adxectivas especificativas : Son as que non van entre comas e restrinxen o significado do antecedente seleccionándoo dunha xeneralidade: "Os xogadores que estaban cansados non xogaron a segunda parte". (Parte dos xogadores)
6. ' Proposicións adxectivas substantivadas ( por falta de antecedente, por non ter antecedente expreso ou por outras causas) A proposición de relativo enúnciase cun valor indefinido e xeneralizador. Os pronomes quen e o que equivalen ó sintagma "a persoa que". E o pronome que ó sintagma "a cousa que". As nocións de «persoa» e «cousa» son os antecedentes implícitos de tales pronomes. Estas proposicións desempeñan funcións propias do substantivo. Ó igual ca un adxectivo pode substantivarse, tamén hai proposicións adxectivas substantivadas, e como as substantivas, desempeñan as funcións propias dun substantivo: " Os que van morrer saúdante", (suxeito axente); "Os que estuden serán aprobados" (suxeito paciente); "Leva o que elixiches " (complemento directo); "Eu son o que te coidará " (atributo)