ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
(D.1) HUGO: ¡Ola amiguiños e amiguiñas! Imaxino que estaredes pensando que somos
homes e mulleres prehistóricos, ¿verdade…?
AITANA: ¡Home claro! Estes nenos son moi listos e seguro que se fixaron na nosa
vestimenta…
LUCÍA: ¿E sabedes por que estamos aquí…? ¡Pois para falarvos da Prehistoria!
(D.2) HUGO: Enterámonos de que ides visitar o petroglifo de Outeiro dos Lameiros; por iso
viñemos a explicarvos que son os petroglifos e cando se fixeron… Así que, moi atentos eh…
(D.3) AITANA: Os petroglifos son gravados feitos polos homes prehistóricos en rochas ao
aire libre… En Galicia hai moitas rochas de granito e sobre elas fixéronse os petroglifos.
(D.4) LUCÍA: A maioría deles graváronse na Idade dos Metais (hai máis de catro mil anos…).
(D.5) HUGO: Primeiro debuxabamos as figuras empregando lascas de cuarzo. Logo faciamos
os sucos con percutores grandes e puntiagudos; despois puliamos os sucos con percutores
máis pequenos… ¡Menudo traballo…! ¡As rochas son tan duras…!
(D.6 e D.7) AITANA: Hai petroglifos por todo o mundo. Para descifrar o seu significado os
arqueólogos teñen investigado moito…
LUCÍA: (D. 8) ¿Estos grabados pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada…?
(D.9) HUGO: ¿Representarían o poder do guerreiro…?
(D.10) AITANA ¿Estarían relacionados co mundo dos astros…?
(D.11) LUCÍA: O mundo dos petroglifos e tan apaixoante que paga a pena
investigando…

seguir

(D.12) HUGO: En Galicia hai magníficos petroglifos (sobre todo nas marxes da ría de
Pontevedra e Vigo).
(D.13) AITANA: Nos petroglifos grabáronse unha gran variedade de motivos: figuras
abstractas e figuras realistas (que representan seres que existen na realidade).
(D.14) LUCÍA: Entre as figuras abstractas destacan as coviñas (puntos grabados que
aparacen sós ou formando parte doutras figuras…).
(D.15) HUGO: Os círculos e as combinacións circulares…
(D.16) AITANA: Os labirintos…
(D. 17) LUCÍA: As espirais; as esvásticas; os cadrados; os reticulados…
(D.18 e 19) HUGO: Entre os motivos realistas destacan: os animais (principalmente cabalos
-que se distinguen pola espesa cola- e cervos -que se distinguen pola súa cornamenta-…)
(D.20) AITANA: E tamén figuras humanas, armas e incluso algunha embarcación (como
neste petroglifo do concello de Oia).
(D. 21) LUCÍA: ¿Que vos parece se falamos agora dos petroglifos de Outeiro dos Lameiros?
HUGO: Estes magníficos petroglifos -que ides visitar- están situados en Baíña-Baiona, nun
fermoso lugar da serra da Groba…
(D.22) AITANA: Para que a xente os poida admirar e disfrutar, organizouse alí un
interesante museo ao aire libre…
LUCÍA: Había moito traballo que facer… Os arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos
dirixiron as obras…
(D.23 e 24) HUGO: Primeiro houbo que deforestar a zona e limpar as superficies grabadas…
(D.25) AITANA: Logo calcáronse os petroglifos para poder estudalos mellor.
(D.26) LUCÍA: Para poder calcalos, os arqueólogos tiveron que pintalos cunha mestura de
auga e polvos de talco…
HUGO: ¡Pero ollo, iso só o poden facer os arqueólogos eh…! ¡A vós, nin se vos ocorra…!
AITANA: ¡Tes cada cousa..! Estes nenos son moi intelixentes e saben de sobra que os
petroglifos hai que coidalos e respectalos…
LUCÍA: Os petroglifos son un auténtico tesouro… por iso non se poden pisar, nin pintar, nin
rañar… ¡Hai que conservalos para as xeracións futuras…!
(D.27) HUGO: Finalmente, fixéronse os itinerarios para que a xente poidese observalos
mellor.
(D. 28) AITANA: Agora, se vos parece, imos analizar os motivos que se grabaron neste lugar.
(D. 29) LUCÍA: ¡Así, pintadiños polos arqueólogos, míranse moi ben…!
(D.30) HUGO: Nesta parede vertical grabáronse máis de 78 cuadrúpedos (ou sexa, animais
de catro patas). Os arqueólogos -que son moi observadores- decatáronse de que estes
animais debían de ser cabalos…
(D. 31) AITANA: E levan razón porque, se vos fixades ben, observaredes que: carecen de
cornas, teñen unha espesa cola caída cara ao chan, e algúns están montados por unha
figura humana…
LUCÍA: Ademáis dos cuadrúpedos, no panel tamén destacan unha serie de figuras
abstractas.
(D. 32) HUGO: Observade ben esta figura que hai grabada no centro do panel… (un óvalo
con divisións interiores, con coviñas e con apéndices no lado dereito e na parte baixa da
figura).
(D. 33) AITANA: Agora fixádevos nesta especie de escaleira… Os arqueólogos non saben o
que representa… ¿Será un cercado…? ¡Pode que si…!
(D. 34) LUCÍA: E mirade que bonita é esta especie de estrela de seis raios curvos que se
xuntan nun punto central…
(D. 35) HUGO: Diante do panel hai un banzo sobre o que hai gravados circos concéntricos
con coviña central.
(D. 36 e 37) AITANA: Ademais deste magnífico panel, en Outeiro dos Lameiros hai outras
laxes gravadas con preciosos motivos abstractos.
(D. 38) LUCÍA: Coviñas…
(D. 39) HUGO: Liñas e círculos…
(D. 40) AITANA: Combinacións circulares…
(D.41) LUCÍA: Reticulados…
(D. 42) HUGO: Cando cheguedes alí, observaredes que os petroglifos xa non están pintados
e, polo tanto, serán máis difíciles de ver… ¡Tedes que prestar moita atención!
(D.43) AITANA: A ver se tedes a sorte de pode miralos algún día de noite. Á luz dos focos
míranse moito mellor… (D. 44)
(D.45) LUCÍA: Sería bo que levarades material para poder calcar algún dos petroglifos… ¡É
unha actividade moi interesante…!
HUGO: ¡Pasádeo ben…! Outro día contarémosvos como vivíamos na Prehistoria… Seguro
que vos interesará… ¡Adeus amigos!
AITANA E LUCÍA: ¡Adeus!

More Related Content

Teatro prehistórico

  • 1. (D.1) HUGO: ¡Ola amiguiños e amiguiñas! Imaxino que estaredes pensando que somos homes e mulleres prehistóricos, ¿verdade…? AITANA: ¡Home claro! Estes nenos son moi listos e seguro que se fixaron na nosa vestimenta… LUCÍA: ¿E sabedes por que estamos aquí…? ¡Pois para falarvos da Prehistoria! (D.2) HUGO: Enterámonos de que ides visitar o petroglifo de Outeiro dos Lameiros; por iso viñemos a explicarvos que son os petroglifos e cando se fixeron… Así que, moi atentos eh… (D.3) AITANA: Os petroglifos son gravados feitos polos homes prehistóricos en rochas ao aire libre… En Galicia hai moitas rochas de granito e sobre elas fixéronse os petroglifos. (D.4) LUCÍA: A maioría deles graváronse na Idade dos Metais (hai máis de catro mil anos…). (D.5) HUGO: Primeiro debuxabamos as figuras empregando lascas de cuarzo. Logo faciamos os sucos con percutores grandes e puntiagudos; despois puliamos os sucos con percutores máis pequenos… ¡Menudo traballo…! ¡As rochas son tan duras…! (D.6 e D.7) AITANA: Hai petroglifos por todo o mundo. Para descifrar o seu significado os arqueólogos teñen investigado moito… LUCÍA: (D. 8) ¿Estos grabados pretenderían facer propicia a caza ou a vida máis doada…? (D.9) HUGO: ¿Representarían o poder do guerreiro…? (D.10) AITANA ¿Estarían relacionados co mundo dos astros…? (D.11) LUCÍA: O mundo dos petroglifos e tan apaixoante que paga a pena investigando… seguir (D.12) HUGO: En Galicia hai magníficos petroglifos (sobre todo nas marxes da ría de Pontevedra e Vigo). (D.13) AITANA: Nos petroglifos grabáronse unha gran variedade de motivos: figuras abstractas e figuras realistas (que representan seres que existen na realidade). (D.14) LUCÍA: Entre as figuras abstractas destacan as coviñas (puntos grabados que aparacen sós ou formando parte doutras figuras…). (D.15) HUGO: Os círculos e as combinacións circulares… (D.16) AITANA: Os labirintos… (D. 17) LUCÍA: As espirais; as esvásticas; os cadrados; os reticulados…
  • 2. (D.18 e 19) HUGO: Entre os motivos realistas destacan: os animais (principalmente cabalos -que se distinguen pola espesa cola- e cervos -que se distinguen pola súa cornamenta-…) (D.20) AITANA: E tamén figuras humanas, armas e incluso algunha embarcación (como neste petroglifo do concello de Oia). (D. 21) LUCÍA: ¿Que vos parece se falamos agora dos petroglifos de Outeiro dos Lameiros? HUGO: Estes magníficos petroglifos -que ides visitar- están situados en Baíña-Baiona, nun fermoso lugar da serra da Groba… (D.22) AITANA: Para que a xente os poida admirar e disfrutar, organizouse alí un interesante museo ao aire libre… LUCÍA: Había moito traballo que facer… Os arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos dirixiron as obras… (D.23 e 24) HUGO: Primeiro houbo que deforestar a zona e limpar as superficies grabadas… (D.25) AITANA: Logo calcáronse os petroglifos para poder estudalos mellor. (D.26) LUCÍA: Para poder calcalos, os arqueólogos tiveron que pintalos cunha mestura de auga e polvos de talco… HUGO: ¡Pero ollo, iso só o poden facer os arqueólogos eh…! ¡A vós, nin se vos ocorra…! AITANA: ¡Tes cada cousa..! Estes nenos son moi intelixentes e saben de sobra que os petroglifos hai que coidalos e respectalos… LUCÍA: Os petroglifos son un auténtico tesouro… por iso non se poden pisar, nin pintar, nin rañar… ¡Hai que conservalos para as xeracións futuras…! (D.27) HUGO: Finalmente, fixéronse os itinerarios para que a xente poidese observalos mellor. (D. 28) AITANA: Agora, se vos parece, imos analizar os motivos que se grabaron neste lugar. (D. 29) LUCÍA: ¡Así, pintadiños polos arqueólogos, míranse moi ben…! (D.30) HUGO: Nesta parede vertical grabáronse máis de 78 cuadrúpedos (ou sexa, animais de catro patas). Os arqueólogos -que son moi observadores- decatáronse de que estes animais debían de ser cabalos… (D. 31) AITANA: E levan razón porque, se vos fixades ben, observaredes que: carecen de cornas, teñen unha espesa cola caída cara ao chan, e algúns están montados por unha figura humana…
  • 3. LUCÍA: Ademáis dos cuadrúpedos, no panel tamén destacan unha serie de figuras abstractas. (D. 32) HUGO: Observade ben esta figura que hai grabada no centro do panel… (un óvalo con divisións interiores, con coviñas e con apéndices no lado dereito e na parte baixa da figura). (D. 33) AITANA: Agora fixádevos nesta especie de escaleira… Os arqueólogos non saben o que representa… ¿Será un cercado…? ¡Pode que si…! (D. 34) LUCÍA: E mirade que bonita é esta especie de estrela de seis raios curvos que se xuntan nun punto central… (D. 35) HUGO: Diante do panel hai un banzo sobre o que hai gravados circos concéntricos con coviña central. (D. 36 e 37) AITANA: Ademais deste magnífico panel, en Outeiro dos Lameiros hai outras laxes gravadas con preciosos motivos abstractos. (D. 38) LUCÍA: Coviñas… (D. 39) HUGO: Liñas e círculos… (D. 40) AITANA: Combinacións circulares… (D.41) LUCÍA: Reticulados… (D. 42) HUGO: Cando cheguedes alí, observaredes que os petroglifos xa non están pintados e, polo tanto, serán máis difíciles de ver… ¡Tedes que prestar moita atención! (D.43) AITANA: A ver se tedes a sorte de pode miralos algún día de noite. Á luz dos focos míranse moito mellor… (D. 44) (D.45) LUCÍA: Sería bo que levarades material para poder calcar algún dos petroglifos… ¡É unha actividade moi interesante…! HUGO: ¡Pasádeo ben…! Outro día contarémosvos como vivíamos na Prehistoria… Seguro que vos interesará… ¡Adeus amigos! AITANA E LUCÍA: ¡Adeus!