Tema 1 Xénero, poder e privilexiosmarcendonA construción de xénero crea unha estrutura xerárquica e excluínte na que se establecen a posesión e o uso do poder e se outorgan privilexios en base a un modelo cultural. Tomar consciencia dese proceso e dos seus mecanismos permite a análise crítica e a deconstrución dun sistema que provoca desigualdade en todos os ámbitos das nosas vidas.
Participación política e social 2marcendonSegunda parte da presentación teórica da participación sociopolítica das mulleres no Estado español: o ámbito do traballo e o uso diferencial do tempo
A orde de xéneromarcendonDesde o feminismo, o xénero é unha categoría relacional e política que determina as relacións de poder de forma xerárquica entre as dúas posibilidades que crea o sistema, ser home ou, como par oposto e excluído, ser muller.
Equidade de géneroLuisa Márquez RodríguezTraballo proposto para o terceiro trimestre no 1º de Bacharelato. Tópicos: Igualdade de xénero, novas masculinidades, interculturalidade.
A socialización diferencialmarcendonDescrición dos catro axentes de socialización diferencial máis importantes: familia, ámbito educativo, medios de comunicación e linguaxe
Presentación da Construción de xéneromarcendonPresentación do curso «A construción de xénero. Formas de violencia invisibilizadas na vida persoal e profesional» para PAS e PDI da Universidade de Vigo
Como o feminismo nos segue a cambiar a vidamarcendonBreve historia do feminismo occidental desde os inicios do movemento ata a multitude de novas correntes prácticas e teóricas do momento actual.
Participación política e social 2marcendonSegunda parte da presentación teórica da participación sociopolítica das mulleres no Estado español: o ámbito do traballo e o uso diferencial do tempo
A orde de xéneromarcendonDesde o feminismo, o xénero é unha categoría relacional e política que determina as relacións de poder de forma xerárquica entre as dúas posibilidades que crea o sistema, ser home ou, como par oposto e excluído, ser muller.
Equidade de géneroLuisa Márquez RodríguezTraballo proposto para o terceiro trimestre no 1º de Bacharelato. Tópicos: Igualdade de xénero, novas masculinidades, interculturalidade.
A socialización diferencialmarcendonDescrición dos catro axentes de socialización diferencial máis importantes: familia, ámbito educativo, medios de comunicación e linguaxe
Presentación da Construción de xéneromarcendonPresentación do curso «A construción de xénero. Formas de violencia invisibilizadas na vida persoal e profesional» para PAS e PDI da Universidade de Vigo
Como o feminismo nos segue a cambiar a vidamarcendonBreve historia do feminismo occidental desde os inicios do movemento ata a multitude de novas correntes prácticas e teóricas do momento actual.
Autonomía e promoción das relacións de igualdademarcendonFerramentas individuais e colectivas para enfrontarse á desigualdade. Peche do curso Igualdade e xénero. Conceptos básicos
Participación política 3marcendon3ª sesión sobre a participación política das mulleres no Estado español. Políticas e organismos de igualdade a nivel estatal, autonómico e da Deputación Provincial de Pontevedra.
Participación política e social das mulleres. Ámbito laboralmarcendonSituación laboral das mulleres no Estado español, con especial incidencia no sector da administración pública, para o primeiro trimestre de 2016. Definición dos principais conceptos
Modelos de mulleres e homesmarcendonExercio ampliado para reflexionar sobre a construción dos roles e estereotipos de xénero socialmente e a través do tempo
Tema 3 Autonomía e promoción das relacións de igualdademarcendonRecompilación das chaves e ferramentas para fomentar as relacións igualitarias desenvolvidas durante o curso
Espazos de igualdade`. Paisaxes de liberdademarcendonExercicio de mapeo colectivo para construír unha ferramenta que sirva para reflexionar sobre a situación de desigualdade e violencia provocada polo machismo nas nosas vidas persoais e profesionais
O persoal é políticomarcendonExercicio para visibilizar as actitudes, comportamentos e chaves que podemos desenvolver para loitar contra a desigualdade de xénero
Memes analóxicosmarcendonO humor é unha ferramenta fundamental para enfrontarse a situacións machistas. A través deste exercicio imos traballar chaves para sensibilizar en prol da igualdade
As persoas temos dereito amarcendonExercicio para traballar os dereitos individuais de cadas persoa e reflexionar sobre como a construción do sistema sexo-xénero inflúe no recoñecemento dos nosos dereitos
Que é violenciamarcendonPara detectar, sensibilizar e articular respostas fronte á violencia temos que ter unha definición común que reuna todas as dimensións coas que actúa sobre as nosas vidas
Bo trato e mal tratomarcendonLa persona se siente mal tratada cuando es tratada mal y se siente bien tratada cuando es tratada bien. El documento explora cómo se siente la persona dependiendo de si es tratada con respeto o desconsideración.
A situación de mulleres e homes na u vigomarcendonAnálise dos datos de mulleres e homes nos diferentes sectores da comunidade universitaria da Universidade de Vigo e políticas de igualdade
World cafémarcendonEste exercicio desenvólvese como un proceso de conversación que permite a un grupo de persoas dialogar sobre unha serie de preguntas para xerar ideas, acordos ou camiños de actuación creativos e innovadores nun ambiente activo e distendido similar ao dun café entre un grupo de amigas
2. Tema 1.
Desmontando o sistema
sexo-xénero
Traballar en espazos de igualdade
Helena Almeida
3. Pechade os ollos e lembrade a imaxe
dos homes e as mulleres que aparecen
en anuncios publicitarios da televisión o
cine ou outros espectáculos e
reflexionade sobre qué ideas se
transmiten sobre a masculinidade ou a
feminidade?
Pensade agora nas mulleres e homes
que coñeces, con quen te relacionas,
nas persoas que están nesta clase e
identificade as diferenzas entre esas
imaxes publicitadas coas das mulleres e
homes próximos a vós…
Que conclusións podemos sacar disto?
En que somos diferentes respecto ás
imaxes que se proxectan nos medios?
Traballar en espazos de igualdade
4. Cal é o home? Por que?
Traballar en espazos de igualdade
5. Traballar en espazos de igualdade
Erika Linder e Andrej Pejic
Por que te identificas como
home ou como muller?
Que trazos específicos
conforman a mulleres e homes?
Cumpres todos os mandatos da
feminidade ou da masculinidade
hexemónica?
Que sucede con quen non se
identifica coa norma?
6. Sexo
Conxunto de diferenzas biolóxicas (anatómicas e fisiolóxicas) entre
homes, mulleres e intersexuais.
Tradicionalmente na teoría feminista hai dúas posturas enfrontadas:
unha que considera o sexo como a base dunha construción cultural
coñecida como xénero e outra que defende a diferenza sexual como
un valor. A partir da obra de Judith Butler, esténdese tamén a teoría de
que a lectura que facemos destas diferenzas depende dun
determinado imaxinario social (discursos, prácticas e normas). Non é
que o sexo como realidade material non exista, senón que a idea dun
«sexo natural» organizado en base a dúas posición opostas e
complementarias é, en si, un dispositivo mediante o cal o xénero se
naturaliza.
Traballar en espazos de igualdade
11. Xénero
Construción cultural que fai unha sociedade a partir das diferenzas
biolóxicas coñecidas como sexo. Mediante esta construción
adscríbense cultural e socialmente aptitudes, roles e actitudes
diferenciadas para homes e mulleres atribuídas unicamente en
función do sexo biolóxico.
Unha das principais consecuencias deste sistema é o feito de que a
cada xénero se lle atribúe un valor determinado. As características
desta forma de organización social producen unhas xerarquías que
implica a subordinación das mulleres.
.
Traballar en espazos de igualdade
12. Traballar en espazos de igualdade
Syriza «(...) loitarán pola defensa dos valores da xustiza social, a
igualdade e a liberdade contra o patriarcado» (2015)
13. Patriarcado
É un sistema de relacións sociais e políticas baseadas en diferentes
institucións públicas e privadas e na solidariedade interclases e intraxénero
instaurado polos homes, quen como grupo social e de xeito individual e
colectivo, xerarquizan as diferenzas e oprimen ás mulleres tamén de forma
individual e colectiva. Xurde dunha toma de poder histórico por parte dos
homes que se apropian da forza produtiva e reprodutiva feminina, dos seus
corpos e os seus produtos, con medios pacíficos (educación e/ou incitación)
ou mediante o uso da violencia.
A constatación de que se trata dunha construción histórica e social dan pé a
posibilidade que se poida mudar por un modelo igualitario.
Traballar en espazos de igualdade
14. Rendición de Patrick Pearse e Elizabeth
O’Farrell
Elizabeth O’Farrell (1884-1957)
Fonte:
http://www.pikaramagazine.com/2014/12/elizabe
th-ofarrell-la-rebelde-irlandesa-borrada-de-la-
historia/
Traballar en espazos de igualdade
15. Sexismo
Ideoloxía que se manifesta nun conxunto de prácticas sociais que
someten e discriminan ás mulleres fronte aos homes en todos os
ámbitos da vida e das relacións humanas en base a diferenzas
biolóxicas. O sexismo representa unha actitude consciente que
propicia a dominación e subordinación das mulleres.
O termo foi elaborado polo feminismo dos anos sesenta do século
pasado -con analoxías á palabra racismo- para definir a orde política
e simbólica que constrúe un modelo que pon en valor un sexo e
exclúe ao outro.
Traballar en espazos de igualdade
16. «Eu non creo na igualdade de xénero.» «A violencia contra as mulleres está
sendo esaxerada.» - Tayyip Erdoğa
«O violador é mais inocente do que a vítima que ten un aborto.» - Ayhan
Sefer Üstün, deputado e presidente da Comisión de Dereitos Humanos do
Parlamento
«Se a nai é violada, cal é o problema? Porque debe morrer a crianza? Deixen
morrer a nai»- Melih Gökçek, presidente da CM de Ankara,
«Eles debían ter tomado conta mellor da sua filla.» - Oficial da Polícia
Celalettin Cerrah a comentar o homicidio de Münevver Karabulut.
«O trabalho da casa non te chega?» - Veysel Eroğlu, ministro
«Cando as rapazas estudan, os homes non poden atopar rapazas con quen
casar.»- Membro da Asamblea Municipal de Kargi, Erhan Ekmekçi
«Unha muller que non se cubre é como unha casa sen cortinas. Unha casa
sem cortinas está dispoñible para vender ou arrendar.» - Director de
Relacións Públicas de Ünye, Süleyman Demirci
Traballar en espazos de igualdade
17. Traballar en espazos de igualdade
Captura de pantalla dunha noticia emitida pola canle de televisión pública
24h (2014)
18. Machismo
Son os actos, físicos ou verbais por medio dos cales se manifesta o
sistema que lexitima a desigualdade e considera aos homes superiores
ás mulleres. Estes comportamentos poden ser conscientes ou
inconscientes, xa que todas as persoas somos socializadas no sexismo.
Na concepción machista a «muller» é valorada en función da
maternidade, da súa capacidade para coidar e dun estrito canon de
beleza.
Machismo, sexismo e patriarcado actúan interconectados.
Traballar en espazos de igualdade
19. Micromachismos?
Termo conceptualizado por Luís Bonino que recolle as prácticas
imperceptibles de dominación masculina na vida cotiá.
Comprende un amplo número de manobras interpersoais que realizan
os homes para manter o dominio sobre as mulleres; reafirmar ou
recuperar este dominio ante unha muller que rompe co seu papel de
xénero; resistirse ao aumento de poder persoal ou interpersoal dunha
muller coa que se vincula ou apropiarse das súas capacidades.
Traballar en espazos de igualdade
20. Estatua ecuestre en homenaxe ao xeneral da guerra civil John H. Morgan e á
súa egua Black Bess.
Traballar en espazos de igualdade
21. Androcentrismo
Consiste na adopción dun punto de vista masculino no estudo e análise
dun tema, establecendo unha forma de coñecemento nesgado no que o
home é considerado a medida de todas as cousas. Adoptar este tipo de
visión androcéntrica implica a exclusión do punto de vista e experiencias
doutros colectivos. Con todo, as achegas e os resultados destas
investigacións parciais, son adoptados como xeneralizables e son
extrapoladas a toda a poboación
Traballar en espazos de igualdade
22. Traballar en espazos de igualdade
Prendas para crianzas da cadea Hipercor (2014)
23. Estereotipos de xénero
Fan referencia a unha serie de ideas impostas, simplificadas, pero
fortemente asumidas, sobre as características, actitudes e aptitudes
das mulleres e dos homes. Estas ideas, fixas, asúmense como naturais
e serven para clasificar as persoas sen ter en conta as súas realidades
individuais. A forza de repetilos, estes prexuízos vólvense verdades
indiscutibles que xeran estruturas de privilexio xa que o conxunto de
calidades asignadas aos homes son entendidas como de maior valor
social.
Traballar en espazos de igualdade
24. Sigourney Weaver como a tenente
Ellen Ripley. Alien ( 1979) de Ridley
Scott
Rosita Espinosa na serie The Walking
Dead (2010-…)
Traballar en espazos de igualdade
25. Roles de xénero
Son os papeis e expectativas diferentes que socialmente se adxudican ao
xénero masculino e feminino e que se aprenden e poñen en práctica
segundo os criterios vixentes nunha sociedade patriarcal. Estes
comportamentos considerados como apropiados ou non co que se acepta
como feminino e/ou masculino, favorece a inserción na sociedade á que
pertencemos ou provoca reaccións adversas e sancións sociais.
Os roles de xénero están directamente relacionados co reparto de tarefas
entre mulleres e homes.
Traballar en espazos de igualdade
26. Traballar en espazos de igualdade
Estantería de produtos da cadea Hipercor
(2014)
27. División sexual do traballo
Diferenciación social que se fai sobre as actividades que deben realizar
as mulleres e as que deben realizar os homes, adxudicando diferentes
espazos en función do sexo. Esta división é aprendida e cambia a través
do tempo. Xeralmente renóvase cando as sociedades están sometidas a
crises e axustes. É unha das estruturas importantes que define as
relacións de xénero.
Traballar en espazos de igualdade
28. Traballar en espazos de igualdade
Primeira muller taxista no Estado español (León, 1 de xaneiro
de 1960)
29. Fotografía de Ana María García Pascual, gañadora do concurso A muller
no traballo: rompendo o rol da Unidade de Igualdade da Uvigo (2012)
Traballar en espazos de igualdade
31. Segregación horizontal
Segmentación da participación de mulleres e homes nos sectores de
actividade económica e ramos da estrutura produtiva que significa a
feminización ou masculinización de certos ámbitos do mercado de traballo.
Esta diferenciación aparece xa na escolla de estudos e de carreiras
profesionais por parte de homes e mulleres.
Como consecuencia desta segregación, as ocupacións feminizadas, perden
valor social e están peor pagadas incidindo na fenda salarial.
Traballar en espazos de igualdade
32. Traballar en espazos de igualdade
Distribución do PAS da Uvigo, ano 2008 (Informe Diagnose)
33. Segregación vertical
Concentración de mulleres e homes en graos e niveis específicos de
responsabilidade. Fai referencia a certas características na xerarquía de
persoas, postos e tarefas nos centros de traballo que dificultan o acceso
das mulleres a postos con maior responsabilidade e mellor remunerados.
Isto acontece inclusive naqueles sectores nos que as mulleres son maioría.
Está relacionada co xénero e a posición das mulleres nos espazos laborais e
dificulta que nos situemos favorablemente no interior das estruturas de
poder; limita o noso recoñecemento social, o control dos activos
produtivos, e a información e a participación na toma de decisións.
Traballar en espazos de igualdade
35. Chan pegañento
Está formado polas forzas que manteñen a moitas mulleres atrapadas na
base da pirámide económica. Refírese ao traballo maternal, o traballo
conxugal e o traballo doméstico que se converten nun «adhesivo» para
as mulleres, dificultando a súa carreira laboral, ás responsabilidades e
cargas afectivas e emocionais que no ámbito doméstico acaban recaendo
sobre as mulleres, reténdoas cos lazos dos afectos que entorpecen ou
impiden a súa saída e realización persoal lonxe do ámbito familiar. O
enfrontamento, a rebelión e a ruptura non sempre son posibles e crean
situacións emocionais e familiares conflitivas.
Tamén quedarían englobadas dentro deste concepto as situacións nas
que as posibilidades de ascenso da muller se ven diminuídas polo feito de
que ao ter que facerse cargo das súas familias, non poden aumentar a
súa formación con cursos fóra do horario laboral, teñen máis dificultades
para asistir a reunións ou comidas de empresa etc.
Traballar en espazos de igualdade
36. Imaxe promocional do filme The Conselour (2013) de Ridley
Scott
Traballar en espazos de igualdade
37. Javier Bardem (1969) Cameron Díaz (1972)
Penélope Cruz (1974) Michael Fassbender (1977)
Traballar en espazos de igualdade
38. Nova aparecida na Voz de Galicia
(2012)
Traballar en espazos de igualdade
40. Teito de cristal
Barreira invisible que impide ás mulleres, nun determinado momento da
súa carreira profesional, acceder a postos de dirección e/ou
responsabilidade. Esta situación é consecuencia do sistema de xéneros,
que impiden que as mulleres participemos de feito nun marco de
igualdade e que se manifestan nas numerosas dificultades de promoción
laboral e acceso a determinados espazos de poder e decisión.
Entre os principais factores que manteñen o «teito de cristal» destacan
os relativos a aspectos externos e interactivos como a cultura
organizacional e as cargas familiares. Por tanto o «teito de cristal» está
formado por unha superficie superior invisible na carreira laboral das
mulleres, difícil de traspasar, que nos impide seguir avanzando.
Traballar en espazos de igualdade
41. Traballar en espazos de igualdade
Participantes dunha edición do Campus Camp da
Universidade de Vigo
42. Conciliación
Introdución de sistemas de permiso por razóns familiares e de permiso
parental, de atención á infancia e a persoas de idade avanzada, e
creación dunha estrutura e organización do entorno laboral que facilite a
homes e a mulleres a combinación do traballo e das responsabilidades
familiares e do fogar”. (Comisión Europea (1998): 100 palabras para la
Igualdad. Glosario de términos relativos a la igualdad entre mujeres y
hombres, Dirección General de Empleo, Relaciones Laborales y Asuntos
Sociales).
O axeitado é falar de conciliación da vida persoal, familiar e laboral xa
que fai referencia á necesidade de compatibilizar o traballo remunerado
co traballo de coidados e as responsabilidades familiares e coa
dispoñibilidade de tempo para o desenvolvemento persoal de cada
individuo.
Traballar en espazos de igualdade
44. Corresponsabilidade
Repartimento entre mulleres e homes das obrigas familiares, das tarefas
domésticas e do coidado das persoas dependentes mediante a
individualización dos dereitos e o fomento da súa asunción por parte dos
homes e a prohibición de discriminación baseada no seu libre exercicio.
[Artigo 5 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das
mulleres de Galicia].
Fai referencia á necesidade de que homes e mulleres, titulares dos
mesmos dereitos, se erixan, ao tempo, en responsables de similares
deberes e obrigas nos escenarios público e privado, no mercado laboral,
nas responsabilidades familiares e na toma de decisións. [Plan Estratéxico
Nacional de Igualdade de Oportunidades 2008- 2010, Instituto de la
Mujer]
Van un paso máis alá das medidas de conciliación xa que cuestionan a
división sexual do traballo e asumen que as tarefas de coidado son
responsabilidade de todas as persoas que forman parte da unidade
familiar.
Traballar en espazos de igualdade
46. Extracto dunha nova aparecida en El Diario.es o 16/02/2015
(http://www.eldiario.es/economia/brecha-salarial-hombres-mujeres-
crisis_0_357314908.html)
Traballar en espazos de igualdade
47. Fenda de xénero
É a diferenza entre as taxas masculina e feminina na categoría dunha
variable producida pola desigualdade de xénero.
As máis coñecidas son:
Fenda salarial: Diferenza relativa que existe na medida dos ingresos
brutos por hora, de mulleres e homes, en todos os sectores da
economía. Está causada por diferentes motivos como a discriminación
directa, a infravaloración do traballo das mulleres, a segregación no
mercado laboral, os tipos de xornada e de contrato diferenciados, os
complementos salariais etc.
Fenda dixital: Diferenza no acceso e no uso das tecnoloxías da
información. Fálase de 1ª fenda dixital cando se trata do acceso, 2ª
fenda dixital cando se analiza o uso e a intensidade das TIC e de 3ª
fenda dixital cando nos referimos a aspectos máis cualitativos como
son o uso diferencial de servizos avanzados.
Traballar en espazos de igualdade
50. Discriminación por razón de sexo
(ou directa)
A situación en que se atopa unha persoa que sexa, fose ou
puidese se tratada, en atención ao seu sexo, de xeito menos
favorable que outra en situación comparable. [Artigo 6.1 da
LOIEHM].
Traballar en espazos de igualdade
54. Discriminación por razón de
xénero (ou indirecta)
Situación en que unha disposición, criterio ou práctica
aparentemente neutros pon a persoas dun sexo en desvantaxe
particular con respecto a persoas do outro, salvo que a
devandita disposición, criterio ou práctica se poidan xustificar
obxectivamente en atención a unha finalidade lexítima e que
os medios para alcanzar esta finalidade sexan necesario e
axeitados. [Artigo 6.2 da LOIEHM].
Traballar en espazos de igualdade
56. Violencia simbólica
«O sistema patriarcal, apoiado sobre a desigualdade entre mulleres
e homes, é aceptado ( por ser interiorizado inconscientemente ou
por ser conscientemente preferido) tanto por quen ocupan a
posición de superioridade como por quen ocupan a de inferioridade.
Trátase dunha aceptación ideolóxica e é simbólica “ porque a crenza
na superioridade masculina é un aspecto central da orde establecida.
A diferenza natural entre homes e mulleres trasládase á
desigualdade e xerarquía entre homes e mulleres. A superioridade
masculina é unha característica cultural absolutamente innecesaria,
pero constitúe un aspecto central do sistema social que coñecemeos
como patriarcado” ( Alberdi 2005:14)» [Manual de linguaxe inclusiva
no ámbito universitario, Universidade de Vigo]
Traballar en espazos de igualdade
57. Traballar en espazos de igualdade
Cartel homenaxeando a activista paquistaní Malala Yousafzai
recollendo unha das súas frases. (“ One child, one teacher, one
book and one pen can change the world”)
58. «Con tu colaboración
ayudas a que personas con
Síndrome de Down puedan
construir su propio futuro
en igualdad de condiciones
y plenamente integrados
en la sociedad.»
Traballar en espazos de igualdade
59. Linguaxe sexista
Uso que revela asimetrías e discriminación no tratamento de homes e
mulleres, é dicir, cando a través da lingua se perpetúa o sexismo social e
se contribúe á construción duns papeis de xénero discriminatorios.
Pode tratarse de:
• Sexismo gramatical: cando os usos lingüísticos sexistas responde a
normas lingüísticas recollidas nas gramáticas dos diferentes idiomas.
Un exemplo sería o uso do masculino con suposto valor xenérico.
• Ou sexismo discursivo: ten lugar cando a discriminación sexual non
está recollida en gramáticas, senón que responde á escolla e
perspectiva de quen usa a linguaxe, de xeito que se transmiten
estereotipos de xénero, valoracións ou asimetrías sobre mulleres e
homes etc.
Traballar en espazos de igualdade
60. Traballar en espazos de igualdade
Algunhas das imaxes do proxecto Genderpoo de Coco Riot
61. Traballar en espazos de igualdade
Campaña da LGBT-Society da University of Bristol
62. Linguaxe inclusiva
Fai visible a existencia dos sexos, utilizando diversas fórmulas para
fomentar unha visión do mundo na que se inclúan mulleres e homes. É
unha linguaxe correcta desde unha perspectiva gramatical, que busca
superar o sexismo lingüístico e o androcentrismo. [Manual de linguaxe
inclusiva no ámbito universitario, Universidade de Vigo]
Traballar en espazos de igualdade
63. Performance «Do arquivo da condición canina» de Valie Expor
(Viena, 1968)
Traballar en espazos de igualdade
64. Violencia de xénero
Todo acto de violencia física e psicolóxica, incluídas as agresións á
liberdade sexual, as ameazas, as coaccións ou a privación arbitraria de
liberdade. [Artigo 1.3 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de
medidas de protección integral contra a violencia de xénero].
Esta violencia é exercida «como manifestación da discriminación, a
situación de desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as
mulleres, se exerce sobre estas por parte dos que sexan ou fosen os
seus cónxuxes ou dos que estean ou estivesen ligados a elas por
relacións similares de afectividade, aínda sen convivencia».
Alén do ámbito normativo desde algúns feminismos deféndese a
inclusión neste apartado de outros tipos de violencia (estrutural,
simbólica, homo/lesbo/bi/transfoba etc.) que teña como base as
situacións de desigualdade e as relacións de poder que establece a
construción social que se fai do xénero.
Traballar en espazos de igualdade
65. Traballar en espazos de igualdade
Traballo gañador do I Premio de creación de materiais
e recursos docentes con perspectiva de xénero
Antonia Ferrín Moreiras
67. Dereitos sexuais e reprodutivos
Dereitos das mulleres e os homes a ter control respecto da súa
sexualidade, a decidir autónoma e responsablemente sen coerción,
discriminación nin violencia; o dereito de todas as parellas e individuos
a decidir de xeito libre e responsable o número e espazamento da súa
proxenie e a dispor da información, a educación e os medios para isto,
así como a alcanzar o nivel máis elevado de saúde sexual e reprodutiva
[Conferencia sobre Poboación e Desenvolvemento (El Cairo, 1994) e a IV
Conferencia Mundial sobre a Muller (Beijing, 1995)].
Esta definición é unha reelaboración da que formularon as feministas na
década de 1970 reclamando o dereito das mulleres a controlar os seus
propios corpos. Esta reivindicación parte do recoñecemento dun dobre
patrón de valoración das condutas sexuais de homes e mulleres e
abarca o dereito das mulleres ao pracer sexual e a constatación de que
a desigualdade de poder entre os xéneros favorece que os homes
controlen os comportamentos reprodutivos das mulleres.
Traballar en espazos de igualdade
69. Acoso sexual
Constitúe acoso sexual calquera comportamento, verbal ou físico, de
natureza sexual que teña o propósito ou produza o efecto de atentar
contra a dignidade dunha persoa, en particular cando se crea un entorno
intimidatorio, degradante ou ofensivo. [Artigo 7.1 da LOIEHM].
A lexislación española non establece unha clasificación polo que esta
división queda en mans dos protocolos específicos subscritos no ámbito da
empresa privada ou pública. No Estado español ten varias consideracións:
• Delito contra a liberdade sexual: artigo 184 do Código Penal.
• Discriminación por razón de sexo: artigo 7.3 da LOIEMH.
• Vulneración dun dereito fundamental: artigos 14 e 35.1 da Constitución
española, artigo 4.2.e do Estatuto dos[/as] traballadores[/as] e no
Estatuto básico do[/a] empregado[/a] público[/a].
Traballar en espazos de igualdade
70. Global Summit of Women 2014. Mesa redonda “Redefining
the Marketplace: The Business Case for Gender Equality,”
Traballar en espazos de igualdade
71. Perspectiva de xénero
Consiste na comprensión de que existen diferenzas socialmente
determinadas entre mulleres e homes, e que estas diferenzas son
construídas como resultado da discriminación. Permite recoñecer as causas
que producen as desigualdades e formular mecanismos para superar estas
fendas. Este proceso implicou a construción de teoría e metodoloxías, para
a explicación e a comprensión dos conceptos que interveñen nas relación
entre os xéneros.
É a visión científica, analítica e política creada desde o feminismo e aplícase
a todos os ámbitos da vida.
Traballar en espazos de igualdade
72. Eixe I. Compromiso da Universidade de Vigo coa igualdade de
xénero
Obxectivo operativo 1
Incorporar explicitamente a igualdade como un dos valores
centrais e eixe directriz da organización nos documentos que
desenvolven e detallan a súa misión, visión ou sistema de
comunicación
(…)
I Plan de igualdade entre mulleres e homes da
Universidade de Vigo 2012/14
Traballar en espazos de igualdade
73. Transversalidade de xénero
(Mainstreaming)
Aplicar a perspectiva de xénero en todas as institucións, políticas,
procesos de planificación, de adopción e de avaliación de decisións
públicas para conseguir a igualdade.
Cuestiona a corrente principal das políticas e explicita a necesidade
de que o xénero estea presente en todos os ámbitos e en todas as
etapas das actuacións dos poderes públicos
Foi un concepto proposto pola Comisión da Condición Xurídica e
Social da Muller das Nacións Unidas en 1987. A súa entrada na
axenda política internacional foi en 1995, cando na Plataforma de
Acción aprobada na IV Conferencia Mundial da Muller das Nacións
Unidas se pide explicitamente aos gobernos que incorporen a
perspectiva de xénero nas súas actuacións.
Traballar en espazos de igualdade
75. Igualdade de oportunidades
Implica a situación na que todas as persoas temos as condicións para
realizarnos intelectual, física e emocionalmente, podendo alcanzar as
nosas metas vitais e desenvolvendo as nosas capacidades e
potencialidades sen estar mediatizadas polo xénero, a clase, o sexo, a
idade, a etnia, a relixión ou calquera outro factor identitario. [PNUD-
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento].
Tamén se entende como a ausencia de toda barreira sexista para a
participación económica, política e social.
Traballar en espazos de igualdade
76. Traballar en espazos de igualdade
Imaxe de Joaquim Montaner, blogueiro e pai corresponsable
http://joaquimmontaner.net/
79. Equidade de xénero
Implica tratar a mulleres e homes de forma xusta, de acordo as súas
necesidades respectivas. Supón a posibilidade de aplicar un trato
diferencial para corrixir desigualdades de partida; así, as medidas non
teñen porque ser necesariamente iguais, pero buscan a igualdade de
dereitos, beneficios, obrigas e oportunidades. [PNUDPrograma das
Nacións Unidas para o Desenvolvemento].
Traballar en espazos de igualdade
84. Accións positivas
1. Co fin de facer efectivo o dereito constitucional da igualdade, os
poderes públicos adoptarán medias específicas en favor da mulleres
para corrixir situacións patentes de desigualdade de feito respecto dos
homes. Tales medidas, que serán aplicables mentres subsistan as
devanditas situacións, deberán ser razoables e proporcionadas en
relación co obxectivo perseguido en cada caso. 2. Tamén as persoas
físicas e xurídicas privadas poderán adoptar este tipo de medidas nos
termos establecidos nesta lei. [Artigo 11 da Lei orgánica de igualdade
efectiva entre mulleres e homes1 ]
O concepto de accións positivas xurde nos Estados Unidos como parte
das estratexias para loitar contra as discriminacións que viven distintos
colectivos a causa de seu sexo, raza, relixión etc.. Non buscan protexer a
ningún colectivo senón que se trata de medidas de carácter temporal
que tratan de corrixir un efecto desigual e discriminatorio.
Traballar en espazos de igualdade
85. Protestas nas rúas de Turquía pola violación e asasinato de Özgecan Aslan
(1995-2015) que foron reprimidas polos antisdistubibos. Ademáis promoveuse
unha campaña en Twiter co hashtag #sendeanlat (explícao ti tamén)
Traballar en espazos de igualdade
86. Traballar en espazos de igualdade
Kathrine Switzer, Harriet Tubman, Hidelgart Rodríguez Carballeira, Amanda
Palmer e Deborah Anne Dye por Ilustrísima’s
87. Photocall feminista da Liga Estudantil. Campus de Pontevedra,
novembro de 2104
Traballar en espazos de igualdade
88. Feminismo
Teoría política e práctica crítica que loita pola igualdade de dereitos e
oportunidades entre as persoas. Implica un xeito diferente de entender o
mundo, as relacións de poder, as estruturas socias e as relacións entre os
sexos. O feminismo foi articulado por mulleres que tras analizar a realidade
na que viven toman conciencia das discriminacións e deciden organizarse
para mudar a orde establecida, por iso é un movemento radical.
Esta corrente de pensamento é a que está a producir máis cambios no
sistema e nos valores sociais desde o século pasado, conseguindo que as
institucións muden as súas políticas sociais e económicas e que se fale
dunha «revolución silenciosa».O discurso, a reflexión e a práctica feminista
conlevan tamén unha ética e unha forma de estar no mundo.
O feminismo xorde, no caso de Occidente, como unha radicalización da
Ilustración aínda que existen mulleres anteriores que defenderon
publicamente a igualdade. No caso do Estado español ata principios do
século XX non se pode falar dun movemento feminista propiamente dito.
Traballar en espazos de igualdade
90. Empoderamento
Aumento da participación feminina nos procesos de toma de decisión e
acceso ao poder (IV Conferencia Mundial das Mulleres).
Actualmente é un concepto central da teoría feminista que ten que ver
coa toma de conciencia individual e colectiva das mulleres. Inclúe o
fortalecemento da súa posición social, económica e política e busca
reducir ou eliminar as relacións de poder entre os sexos. En palabras de
Marcela Lagarde é «o conxunto de procesos vitais definidos pola
adquisición ou invención e interiorización de poderes que permiten a
cada muller ou colectivo de mulleres, enfrontar formas de opresión
vixentes nas súas vidas».
Traballar en espazos de igualdade
91. Marilyn Monroe e Ella Fitzgerald
Traballar en espazos de igualdade
92. Sororidade
Pacto estratéxico de xénero entre mulleres iguais que se atopan e
recoñecen no feminismo. Relación entre mulleres baseada no
recoñecemento e o apoio mutuos que rompe coa rivalidade entre
mulleres que establece o patriarcado.
Implica compartir recursos, tarefas, accións, éxitos etc. e polo tanto
visibilizar as achegas das mulleres Está relacionada co
empoderamento individual e colectivo.
Traballar en espazos de igualdade
93. Declaración universal dos dereitos humanos
Dereito á non discriminación
Dereito á vida
Dereito á liberdade
Dereito á seguridade; a non ser vítima de ameazas, violencia ou agresións
Dereito á igual protección ante a lei
Dereito a protexerse contra toda discriminación
Dereito a casarse e formar familia libremente
Dereito a posuír e dispoñer de bens
Dereito a elixir libremente o traballo
Dereito a ter un horario razoable de traballo
Dereito a igual salario por igual traballo
Dereito a vacacións periódicas pagadas
Dereito a educación elemental e fundamental gratuíta
Dereito ao pleno desenvolvemento da personalidade humana
Dereito a participar libremente na vida pública
Traballar en espazos de igualdade