3. 03
A estrutura da Terra
•A Terra é unha grande esfera lixeiramente achatada polos
polos que se divide en tres grandes zonas concéntricas.
•A parte máis interna é o núcleo e supón un 15% do
volume total do planeta.
•Ao seu redor está o manto, que representa un 84% do
volume da Terra.
•A capa externa é a cortiza, que apenas representa o 1% do
total do planeta. A cortiza, xunto coa parte superior do
manto, recibe o nome de litosfera.
6. 03
A codia terrestre
•A codia terrestre ten unha anchura moi desigual.
•A codia terrestre non é lisa, senón que forma
montañas, vales, depresións e chairas que configuran
o relevo da Terra.
•O relevo da Terra, aínda que parece estable, cambia
debido á acción dos axentes internos e externos.
•Os relevos transfórmanse lentamente pola acción da
auga, do vento e da actuación humana.
7. 03
A deriva dos continentes
•Segundo a teoría da deriva dos continentes, a codia da Terra
estaba formada por un único continente, denominado Panxea, que
aboiaba sobre o manto.
•O movemento de rotación da Terra rompeu este único continente
dando lugar ás chamadas placas tectónicas.
•Malia os lentos movementos, cando dúas placas baten unha delas
pode elevarse formando grandes cordilleiras, mentres que a outra
se afunde ata crear profundas fosas mariñas.
•Os puntos de contacto entre dúas placas son áreas de grande
inestabilidade, que se manifesta en forma de terremotos e volcáns.
8. 03
Teoría da deriva continental
A. Hai 200 millóns de anos
9. 03
Teoría da deriva continental
B. Hai 65 millóns de anos
10. 03
Teoría da deriva continental
C. Os continentes hoxe
14. 03
Os axentes internos
•As forzas internas da Terra ou axentes internos, provocan
os terremotos e os volcáns.
•Os terremotos son sacudidas que se orixinan no interior
da Terra e que se propagan en forma de ondas sísmicas.
•Os volcáns son profundas fendas na codia terrestre polas
que ascende o magma. Este pode saír ao exterior en forma
de erupción volcánica.
•Nas erupcións volcánicas expúlsanse gases, cinza, pedras
e lava incandescente. Estes materiais, ao contacto co aire,
arrefrían e forman os chamados conos volcánicos.
20. 03
Os axentes externos
•As formas do relevo tamén son o resultado dos
axentes externos: auga, vento, vexetación, ser
humano…
•A auga, principal axente modelador da paisaxe, pode
actuar intensamente e de diversas maneiras: a auga da
chuvia, a auga xeada, as ondas, as correntes mariñas...
•O vento desgasta as rochas e erosiónaas.
•As raíces de plantas e árbores poden axudar a romper
as rochas, pero tamén a fixar o solo na aba das
montañas.
27. 03
A división do mundo en continentes
•Os continentes son grandes extensións de terras
emerxidas que separan os océanos.
África
•América
Asia
Europa
•Oceanía
Antártida
31. 03
Terras e mares
•A auga ocupa tres cuartas partes da superficie
terrestre e forma tres grandes océanos: o
Pacífico, o Atlántico e o Índico.
•Algúns sectores dos océanos situados xunto ás
costas denomínanse mares (como o Caribe ou o
Adriático).
•Nos océanos e nos mares emerxen algunhas
porcións de terra rodeadas pola auga que se
denominan illas, que cando se agrupan forman
arquipélagos.
36. A Nosa Bisbarra
Bisbarra do BARBANZA
Formada polos concellos
de:
Boiro,
A Pobra do Caramiñal,
Rianxo e
Ribeira
Península do Barbanza
Ademáis dos anteriores
tamén están nela:
Porto do Son,
Noia e
Lousame
40. Montes, Ríos e Lagoas
Montes
Ríos Lagoas
A Curota
A Garita Listres Carregal
Castro da Cidade
Artes Vixán
Facho
Os castelos
Os Forcados
San Alberto
Tahume
41. Illas, Praias e Cabos
Praias
Illas
A ladeira
Falcoeiro
A Tasca
Forcadiño
Penisqueira
Noro Cabos
Area Secada
O Carreiro Corrubedo
Baleiros
Rúa
Castro Punta de Couso
Sagres
Corna
Sálvora
Coroso
Vionta
O Vilar
43. O relevo de Galicia
Unidades de relevo:
a) O Litoral: Bañado polo mar Cantábrico e o Océano Atlántico
a. Rías:
i. Altas: Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro e Ortigueira
ii. Medias: Ferrol, Betanzos, Coruña; Corme e Laxe; Camariñas e Corcubión
iii. Baixas: Muros e Noia; Barbanza; Pontevedra e Vigo
b. Cabos: Estaca de Bares, Ortegal, , Prior, Roncudo, Vilano, Touriñan, Fisterre e Corrubedo
c. Illas: Sisargas, Sálvora, Ons e Cies
b) As Serras:
a. Serras do Litoral occidental: Sª do Barbanza e Sª do Morrazo
b. Serras Centrais (Dorsal galega): Serra da Loba, Cova da Serpe, Farelo, Faro, Faro de Avión, Suido
c. Serras setentrionais: Faladoira e Xistral
d. Serras Orientais: Sª de Meira, Sª dos Ancares (Penarrubia), Courel (Pia Paxaro), Sª do Eixe (Pena
Trevinca), Sª de Qeuixa (Cabeza de Manzaneda), Sª de San Mamede.
e. Serras Sudorientais: Sª Segundeira e Sª do Xurés.
c) Mesetas, Chairas e depresións:
a. Meseta de Lugo e Terra Cha
b. Chaira de Bergantiños e da Mariña Lucense
c. Depresión Meridiana (Tui-Padrón) , D. de Sarria, D. de Monforte, D. de Maceda, D. do Limia
d) Vales Fluviais: RÍOS
a. Vertente Cantábrica: Eo, Masma, Landro
b. Vertente Atlántica: Eume, Xallas, Tambre, Ulla e Umia, Lérez, Oitabén e o Río Miño co seu afluente o
Sil e cos encoros de Belesar e San Estevo