Impresións dos nenos e nenas de 2º sobre unhas curtas relacionadas coa animación á lectura.
1 of 3
Download to read offline
More Related Content
Tertulias de cine
1. 23 de Abril de 2015, Día do Libro A Clase dos Listos. Curso 2014-2015
TERTULIAS SOBRE CURTAS DE ANIMACIÓN:
No Día do Libro comentamos as curtas propostas polo
equipo da biblioteca para dinamizar a lectura.
CURTA Nº 1: OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR.
MORRIS LESSMORE.
https://vimeo.com/66956662
- Antía. O señor era como a chica que voaba cos libros ao final de todo, cando acababa a
historia.
- Sergio. Primeiro estaba a rapaza vivindo cos libros e despois marchou voando. Veu o
chico e quedou vivindo con eles. Ao final, marchou o home e chegou unha nena.
- Mario. Cando o señor iba marchar os libros estaban xirando sobre el e fíxose outra vez
coma antes, xoven. Iso pode significar maxia.
- Zaira. No medio da historia cando a chica aparece no ceo el quere tamén voar o libro
que tiña na man. A min isto paréceme ben porque el tamén o ten que intentar.
- Cristian. Ao primeiro todas as casas voaron e as páxinas do libro quedaron sen letras.
Puido haber unha tormenta. Jacobo: un tornado. Óscar: un terremoto.
- Marta. Cando lle daba un libro a un neno que estaba en blanco e negro poñíalle color.
Iso pode significar aventura dos libros. Saúl: vivir aventuras cos libros. Jacobo:
significa que os quere moito. Saúl: pode ser que os libros como xa teñen color danlle o
color. Marinha: Se non tiveran o color os libros os nenos serian brancos e negros.
Profe: Ao mellor ao ler os libros poñémonos contentos e vivimos aventuras e por iso
nos volvemos de color.
- Mario. Por que antes non tiñan color? Saúl. Porque cando veu o tornado escapáronse
as letras dos libros e a xente como se apenou tanto, tanto, tanto, quedou sen cor.
- Jacobo. Co tornado que houbo arrancáronlle toda a cor as persoas e tamén quedaron
mudas.
- Marta. O señor lastimouse moito cando houbo o tornado.
- Mario. Como voaron os libros? Todos: con maxia.
- Sergio. A cama era un libro cunha placa para levantarse e baixarse.
- Óscar. O tornado foi moi forte ata saltaron as casas polo aire.
- Zaira. Cando houbo o tornado a xente estaba apenada porque se lle destrozaran as
casas.
- Héctor. Os libros comían cereales de letras para poder lelos. Antía: para que tuveran
despois máis letras.
- Sergio: O libro pasaba as follas rápido para contarlles cousas.
- Jacobo. En la parte en la que cayeron las casas estaba en blanco y negro y la otra en
color.
- Mario. Como o home aprendeu a facer que voan os libros?
2. 23 de Abril de 2015, Día do Libro A Clase dos Listos. Curso 2014-2015
CURTA Nº 2. INCREDIBLE SURFING ANIMATION.
https://www.youtube.com/watch?v=MCq6tbwHN0U
Iván. O papel estaba nunha táboa de surf e surfeaba.
Eloy: O papel aprendeu a andar.
Sergio e Noa: Non é un papel, é un marcapáxinas.
Iago: Primeiro non sabía surfear, pero despois aprendeu a surfear.
Sergio: As olas era a folla cando pasaba.
Marinha: As olas fixéronse porque o marcapáxinas saltou para o libro e fixéronse as olas.
Cristian: Primeiro o aire abriu a ventana e o libro estaba pasando follas, follas e follas.
Noa: O vento parecía que estaba lendo o libro.
Mario: O marcapáxinas cobrou vida.
Óscar. Cuando el marcapáginas estaba surfeando se ha caído del libro.
Antía: Había peixes debaixo da auga.
Héctor: Cando empezou a surfear caía todo o tempo.
Xiana: Cando o marcapáxinas caeu do libro quedou triste.
Antía: Pero non tiña boca non sabíamos que estaba triste.
Xiana: Notábase polos ollos, Marinha: porque agachou a cabeza. Profe: iso tamén o pode
indicar o cambio no ritmo da música.
Zaira: Cando se metía no libro as olas eran os folios, e despois o marcapáxinas metíase
debaixo das olas.
Marta: O marcapáxinas púxose de espaldas enriba da táboa de surf para descansar e
pensar.
Jacobo: A min gustoume cando pasou polo aro de auga que se vía por abaixo.
Sergio: Cando cobrou vida empezou a andar e achegouse ao libro para empezar a surfear.
Eloy: estaba nunha biblioteca.
Mario: Cando o libro se pechou o marcapáxinas quería saltar para que se abrira outra vez.
Saúl: cerrouse o libro, apenouse, mirou para atrás e veu unha biblioteca enteira, cos libros
abertos e gustoulle.
Marinha: Dun libro saían paxaros.
Profe: E que podería pensar o marcapáxinas cando estaba mirando para os libros que había
na biblioteca?.
Eloy: Coller un libro para ler.
Mario: Meterse nun libro para vivir máis aventuras.
3. 23 de Abril de 2015, Día do Libro A Clase dos Listos. Curso 2014-2015
CURTA Nº3. CURTAMETRAXE. LIBROS E LECTURA.
https://www.youtube.com/watch?v=CndQ-CxwnNY
Javi: Sairon libros dunha gaiola.
Iván. A nena cando se mira no espello xa era maior.
Xiana: Había unha nena que leu un libro.
Marta: A chica maior meteuse na auga e despois saiu un libro coas mans.
Eloy: O branco parecía como fantasma.
Marinha: Por que podía ser Alicia no País das Marabillas.
Iago: Cando se mirou a nena ao espello puxéronselle herbas.
Mario: Esa casa parecía que estaba encantada. Nas escaleiras había unha nena pequena,
una nena maior e unha vella. Pode sigficar que o tempo pasa moi rápico.
Jacobo: Abuela, madre e hija.
Xiana: eso puede significar que les gusta leer.
Sergio: Pasou o tempo e a nena fíxose avoa.
Óscar: Cuando la niña se miraba al espejo había muchas mujeres.
Héctor: A chica estaba sentada no sofá do revés.
Antía: Porque lle sacaron unha foto ao revés, desde arriba.
Sergio: Porque o sofá estaba tirado no chan.