1. TRABALLO 2ª AVAL
2ºESO (2010-2011)
O reino de Galiza
PASOS PARA A ELABORACIÓN DO TRABALLO:
I. BUSCA DE INFORMACIÓN
1. Busca de información nas seguintes páxinas web:
Territorio, historia e cronoloxía do Reino de Galicia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_de_Galicia
O Reino de Galiza nos antigos mapas medievais:
http://www.youtube.com/watch?v=xfcBE8iEYkc
Marcha do Antigo Reino de Galiza:
http://www.youtube.com/watch?v=6_roSUHWlaU
Bandeira do Reino Galego:
http://www.bandeiragalega.com/reino.htm
II. SELECCIÓN DA INFORMACIÓN
1. Resumo dos distintos artigos.
2. Elaboración dun tema (partindo dos resumos anteriores) que non pase de vintecinco
liñas, no que se recolla a información fundamenteal.
III. ELABORACIÓN DUNHA PRESENTACIÓN COA AXUDA DAS TICs
1. Creación de diapositivas en “power point” que recollan o tema escrito anteriormente.
2. Engadir ás diapositivas anteriores as imaxes que foran seleccionadas nas distintas
páxinas web relacionadas no primeiro apartado deste guión.
IV. EXPOSICIÓN DO TRABALLO NA AULA
1. Exposición oral dos contidos do traballo diante dos compañeiros, na aula, co apoio da
proxección da presentación en “Power point”.
ÍNDICE (que debe ser recollido no traballo):
1. O territorio e a cronoloxía.
2. As monarquías (sueva, visigoda, galaica e cristiá).
3. O nacemento do Reino de Portugal.
4. A resistencia dos nobres galegos aos Reis Católicos.
5. Conclusións.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
1. Desenvolvemento adecuado da competencia comunicativa (expresión e comprensión oral e escrita)
2. Desenvolvemento adecuado da competencia dixital e da autonomía persoal ( a travén do uso das TICs e
da busca de información na rede)
3. Desenvolvemento adecuado das habilidades sociais e da competencia para aprender a aprender ( a
través da exposición oral do traballo na aula, sendo que de autocorrixirse para aprender dos propios erros)
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
1. O traballo suporá, como se recolle na programación, 1/5 da nota total do trimestre (até un 2 sobre 10)
2. Cada un dos catro apartados anteriores suporá até un 0’5 sobre 2.