2. Que son as Células Nai Teñen a capacidade de autorrenovarse mediante divisións mitóticas ou ben seguindo a vía de diferenciación para que está programada. A maioría dos tecidos dun individuo posúen unha poboación específica de células nai que permiten a súa renovación . A célula nai por excelencia é o cigoto ?
3. Tipos de Células Nai Células nai totipotentes :poden formar un organismo completo. Células nai pluripotentes: non poden formar un organismo completo. Células nai multipotentes:son aquelas que só poden xerar células da súa propia linguaxe. Células nai unipotentes :só poden formar un tipo determinado de células
4. Fontes de Células Nai Embrionaria:na actualidade utilízase como modelo para estudiar o modelo embrionario e cales son os sinais e mecanismos que permiten a unha célula pluripotente chegar a formar calquera célula. Adultas:nun individuo adulto coñécense ao redor de 20 tipos distintos de células nai,que son as encargadas de rexenerar tecidos en continuo desgaste ,ou danados.A súa capacidade é mais limitada para xerar células especializadas
5. Fontes de Células Nai Células xerminais : Tratase de células nai embrionarias pluripotenciais que se derivan dos esbozos gonadais do embrión. Estes esbozos gonadais atópanse nunha zona específica do embrión denominada cresta gonadal, que dará lugar aos óvulos e espermatozoidess. Teñen unha capacidade de diferenciación similar á das células nais embrionarias, pero o seu illamento resulta máis difícil. Células fetais : Estas células nai aparecen en tecidos e órganos fetais como sangue, fígado, pulmón e poseen características similares ás homólogas en tecidos adultos, aínda que parecen mostrar maior capacidade de expansión e diferenciación. A súa procedencia non está de todo clara. Podería ter orixe embrionario ou ben tratarse de novas oleadas de proxenitores sin relación cas células nai embrionarias.
6. Métodos de obtención Existen diferentes técnicas para a obtención directa de células nai embrionarias e técnicas basadas na reprogramación celular: Embrión crioconservado :é un método que utiliza nitróxeno líquido (-196 °C) para deter todas as funcións celulares e así podela conservar durante anos. Estes embrións son procedentes dos tratamentos de reproducción humana asistida Blastómeros individuais : Con esta técnica, probada primeiro en ratos e despois en humanos, conséguese non destruir o embrión el embrión Activación de ovocitos por transferencia nuclear somática : consiste en extraer un núcleo dun óvulo non fertilizado e sustituílo polo núcleo dunha célula somática adulta.
7. A medicina Rexenerativa Rama biomédica que ten por obxectivo fabricar un órgano ou tecido funcinal completamente novo que sustitúa ao afectado. As células nai abriron as portas á cura de enfermedades como por exemplo: diabetes, cancro, feridas na espiña dorsal ,músculos danados..etc
8. As Células nai e a Medicina Rexenerativa 1. No ano 2001 acadouse no Medical College de Nova York a reparación do 68% do tecido cardíaco dun rato que sufriu un infarto, inxectando células dende a medula ósea. Rexenerouse o músculo estriado, o endotelio e a musculatura lisa, polo que o corazón volveu funcionar
9. As Células Nai e a Medicina Rexenerativa 2. Experimentos na Universidade Miguel Hernández en ratos cun páncreas defectuoso (non xeraba insulina), remataron coa obtención de células secretoras de insulina a partir de células nai, co que os ratos curaron esa deficiendia diabética no páncreas .
10. As Células Nai e a Medicina Rexenerativa 3. En Navarra, a Clínica Universitaria conseguiu curar tamén un infarto a unha muller implantándolle as súas propias células nai. Extraéronselle células nai do muslo e, tras unha selección e un posterior cultivo, fóronlle implantadas con éxito, curándolle o tecido danado tras varios infartos.
11. A utilización das Células Nai O Estatuto do embrión humano e a investigación con células nai embrionarias é un tema de moita controversia, pois o estado actual da tecnoloxía implica a creación de células nai embrionarias require a destrucción dun embrión humano. . As discusións levaron ó movemento Pro-Life (movemento que está preocupado polos dereitos do embrión humano). Este movemento cre que as investigacións relacionadas coas células nai, manipula e viola o que chaman “Santicidade de vida” e debe ser considerada como asasinato.
12. O futuro nas Células Nai A investigación mostra que as células nai teñen o potencial de cambiar radicalmente o enfoque para a comprensión e tratamento das enfermidades e aliviar o sufrimento. No futuro, a maioría dos investigadores médicos anticiparán o uso de tecnoloxías derivadas das investigacións con células nai para tratar unha variedade de enfermidades. Traumatismos da medula espiñal e de Parkinson son dous exemplos que foron recoñecidos . En agosto de 2000, o National Institute of Health, nos Estados Unidos, dixo: "... A investigación sobre células nai pluripotentes ... promesas de novos tratamentos e posibles curas para moitas doenzas debilitantes e lesións, incluíndo a enfermidade de Parkinson, diabetes, problemas do corazón, Escoliose múltiple, queimaduras e lesións na columna vertebral. O NIH cre que o potencial beneficio clínico de células nai pluripotentes tecnoloxías e de acordo coas normas éticas. "
13. As Células Nai sen polémica Recentemente, procura da empresa Advanced Cell Technology, en Woecester, Massachusetts, conseguiu obter células nai de un rato sen matar embrións. Con esa mellora técnica será posible eliminar algúns dos problemas éticos asociados á investigación con células estaminais embrionarias. En 2007, outra técnica tamén foi descuberta por equipos de investigación de Estados Unidos e Xapón. As células son reprogramadas da pel humana para funcionar máis como células embrionarias. A extracción de células nai e clonación é cara e complexa, mais o novo método de reprogramación é moito máis barato. Con todo, a técnica pode cambiar o ADN das células nai.
14. Para opinar Sen ter estes coñecementos básicos, non podemos opinar se todo aquilo vinculado ás Células nai é beneficioso, ou non, para o ser humano. Debemos ser obxectivos e escoitar diferentes opinións: A oposición ás investigacións di que esta práctica pode levar á clonación e fundamentalmente á desvalorización da vida humana. Por outro lado ,as investigacións médicas opinan que é necesario proceder cas investigacións das células nai embrionarias porque as tecnoloxías resultantes terían un gran potencial médico e que o exceso embrionario pode ser doado ás investigacións.