ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
AS FRAGAS DO EUME
MAXIA E BELEZA
As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa.
Localízase no Noroeste de Galicia, entre a costa da Ría de Ares e a Serra da Loba en
Monfero, provincia de A Coruña. Exténdese polos concellos coruñeses de Cabanas, A
Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. A mellor forma de
coñecer o parque é a pé. Así, se un sabe ver, quizais atope os xoguetóns duendes que
habitan nel. Carballos, choupos, freixos, alisos, máis de 20 especies de fieitos e 200 de
líquenes danse aquí. Ás veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz.
Pero este bosque con sombra é secreto é xeneroso coma as súas augas, fontes e
cascadas. E escondido no corazón do bosque, o Mosteiro de Caaveiro, un antigo
convento con máis de 10 siglos de historia e unhas vistas espectaculares desta fraga
máxica.
En Galicia podemos atopar ecosistemas moi diferentes e
variados, como son a súa xeografía e o seu clima. Uns
exemplos de ecosistemas son: unhas marismas, unhas fragas, un
río...
As Fragas do
Eume
Os Ancares
O Bosque
de Ribeira
O Courel
Traballo ecosistema
Unha fraga é un bosque que agrupa diferentes 
especies de árbores, un bosque no que non interveu 
a man do home para a súa creación, que xurdiu 
espontaneamente e creceu sen a súa intervención.
As Fragas do Eume son un agasallo moi ben gardado, 
pois a paisaxe do seu entorno non permite adiviñar 
o bosque tan marabilloso que encerra: a mellor 
representación do bosque atlántico costeiro de 
Europa.
O RÍO
O río Eume é un río corto da Península
Ibérica que nace na Serra do Xistral,
na parroquia de Montouto do municipio
de Abadín. Circula por Galicia (España)
e desemboca no océano Atlántico pola
ría de Ares. Atravesa os municipios de
Abadín, Muras, As Pontes de García
Rodríguez, Monfero, A Capela e
desemboca en Pontedeume.
MOSTEIRO DE CAAVEIRO
●
O mosteiro de San Xoán
de Caaveiro é un mosteiro
Medieval situado nas fragas,
á beira do río Eume.
●
Estableceuse no ano 934 para acoller aos numerosos
anacoretas que vivían dispersos na zona, e foi
engrandecendo o seu poder coas doazóns de Rosendo
de Celanova, ata convertirse en colexiata, aínda que no
século XVIII comeza o seu declive que culmina coa
desamortización do século XIX.
Destaca a súa igrexa barroca construída
sobre un escarpado rochoso. De admirar
é a súa fermosa ábsida semicircular con
columnas pegadas e diversos modillóns.
O mosteiro foi convertido en Monumento histórico-
artístico en 1975.
Lugar máxico e privilexiado para 
contemplar as fragas
Traballo ecosistema
FRAGAS DO EUME: FLORA
As fragas do río Eume son un destacado representante da
fase clímaxe da vexetación galega. Os bosques de ribeira,
dos que o parque é bo exemplo, distínguense polos seus
ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no
que respecta á flora. Tradicionalmente foron moi
explotados polo home pola riqueza e fertilidade dos solos,
e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados
unicamente en zonas illadas como estas fragas.
FLORA
A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor da saúde
da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que sufriron unha menor
presión humana , e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles do parque,
onde fora apartado recentemente polo bidueiro.
Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas áreas
logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover
froitos de consumo humano. O bidueiro é a terceira das especies maioritarias, e
ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas
marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran
rapidamente. Nestes espazos están a ser substituídos por carballos por acción
conservacionista.
FLORA
Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións de
asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu arrastre polas che
salgueiro(con moita menor frecuencia), o freixo e o pradairo. Outras especies arbóreas
das fragas son a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro
, nas zonas altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a
abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o umeiro, frecuente tamén nas
proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de Caaveiro. Tamén se ten sinalado a
presenza do lamigueiro nas fragas, unha especie rara na zona próxima á costa. O teixo,
atopa no parque a súa localización máis occidental no país, xa que a intensa actividade
humana sobre esta árbore acabouna relegando principalmente ás montañas orientais
galegas. Finalmente, existe en abundancia o , acivro fundamentalmente como arbusto pero
que chega a acadar exemplares de altura e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira brava
e a maceira brava, esta últimamente pouco frecuente noutros lugares da
provincia da Coruña
ESTAS SON ALGUNHAS 
ÁRBORES DA FRAGA
BIDUEIRO
AMIEIRO
CASTIÑEIRO
CARBALLO
CARBALLO
O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas,
caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. O carballo
esténdese tanto por zonas de clima atlántico en calquera tipo de
terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do
mar ata os 1.000 metros de altitude.
É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40
metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior.
Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é
denoninado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima
atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e
dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior
de Galicia.A madeira do carballo é de excelente calidade, foi moi
empregada na construción.
BIDUEIRO
.
Son árbores que medran altas e esveltas, entre 10 e 30 m,
dependendo da especie. O crecemento é rápido. As follas son
simples, alternas, serradas con algo de peluxe, romboidais de
3 a 6 cm, variando lixeiramente segundo a especie. A face
superior adoita ser máis escura. As pólas son flexíbeis, a
casca é lisa, cinsenta ou abrancazada, cunha características
raias horizontais.
AMIEIRO
O ameiro ten unhas follas pecioladas , co limbo case tan ancho como longo,
estando a maior anchura cerca da base. Os amentos masculinos alongados,
inicialmente erectose logo colgantes, os amentos femininos son máis curtos.
A madeira do amieiro é resistente, doada de traballar e consérvase ben baixo a
auga. A cor é bastante clara, mais ao cortala tórnase de cor arroibada e por iso
en moitos países de europa crían que esta árbore estaba embruxada. A
madeira é moi resistente na auga e por iso empregábase para a construción de
palafitas .
CASTIÑEIRO
As follas son estreitas, alternas, coa beira moi dentada, peludas no envés
cando son novas; miden entre 10 e 25 cm e teñen uns 20 pares de nervios. As
flores reciben o nome de candeas, as masculinas distribúense ao longo dun
eixo e as femininas (con sete a nove estilos) na base do amento, xeralmente en
tríos dentro dunha roseta de espiñas.
Os froitos están recubertos por unha casca verde con espiñas (o ourizo) de até
4 cm de diámetro e preséntanse en grupos de dous ou tres. A época da
recollida das castañas énovembro, e en Galicia celébrase o magosto.
https://www.youtube.com/watch?v=_lr9xRM138M
Traballo ecosistema
Fauna
O espazo natural das FRAGAS DO EUME caracterízase por
representar un caso exemplar de alta diversidade biolóxica.
Miles de millóns de
criaturas de case tódalas
formas e tamaños
imaxinables inician a
súa frenética actividade
cotiá, consistente en achar
alimento, evitar converterse
nel, e ter familia.
A inmensa maioría delas
son diminutas, pero
extraordinariamente
numerosas. Os animais de
maior tamaño son máis
escasos. Aquí manteñen
prósperas poboacións
algunhas especies
seriamente ameazadas a
nivel global.
AGUILUCHO CENIZO
MORCEGO GRANDE
MORCEGO
PEQUENO
TETRAX TETRAX
CARACOL MOTEADO
1- SAPIÑO COMADRÓN
2- PINTEGA
3- PINTEGA VERDE
4- RA VERMELLA
5- RA PATILONGA
6- MIÑATO NEGRO
4- ABELLEIRO
2- MOUCHO COMÚN
5- CURUXA
3- BUFO PEQUENO
1- GABIÁN
7- FALCÓN PEREGRINO
1- ARMIÑO
2- RAPOSO
3- LONDRA 4- XABARIL
5- MARTA
6- CORZO7- GATO MONTÉS
8- LOBO
1- REO
2- TROITA
1- ESCORNABOIS
2- ESCARAVELLO
3- LESMA
4- CARACOL DE QUIMPER
https://www.youtube.com/watch?v=D09PNj06tpw
鴡Ҵ,ʴϱձ鴡
Parque Natural
Un parque natural é un espazo pouco transformado pola
explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á
beleza das súas paisaxes, a representividade dos seus
ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou
das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores
ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a
súa conservación merece unha atención preferente.
Hai 19 parques naturais en Galicia entre os que se
atopan as fragas do Eume, desde o ano 1997.
PARQUE NATURAL POLA SÚA
RIQUEZA ECOLÓXICA E A BELEZA
E SINGULARIDADE DA SÚA PAISAXE
NA PRIMAVERA DE 2012 UN TERRIBLE INCENDIO
FERIU AS FRAGAS, PERO O BOSQUE ATLÁNTICO
SEGUE CON VIDA!!!
POR ISO É TAN IMPORTANTE COIDAR
A NOSA CONTORNA E REALIZAR
PRÁCTICAS SAUDABLES
PARA O MEDIO AMBIENTE.
Prácticas saudables para o
medio ambiente:
-Aforrar e aproveitar a auga.
-Aforrar enerxía.
-Reducir os residuos.
-Reutilizar e consumir de forma responsable.
-Coidar a flora.
-Respectar os animais.
VÍDEO
● https://youtu.be/f3cwXfvz2dY
Unha tradición do río, que se fai dende hai
49 anos é a baixada do Río Eume,
este vídeo é do 2013.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!

More Related Content

Traballo ecosistema

  • 1. AS FRAGAS DO EUME MAXIA E BELEZA
  • 2. As Fragas do Eume son un ecosistema único en Europa. Localízase no Noroeste de Galicia, entre a costa da Ría de Ares e a Serra da Loba en Monfero, provincia de A Coruña. Exténdese polos concellos coruñeses de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. A mellor forma de coñecer o parque é a pé. Así, se un sabe ver, quizais atope os xoguetóns duendes que habitan nel. Carballos, choupos, freixos, alisos, máis de 20 especies de fieitos e 200 de líquenes danse aquí. Ás veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz. Pero este bosque con sombra é secreto é xeneroso coma as súas augas, fontes e cascadas. E escondido no corazón do bosque, o Mosteiro de Caaveiro, un antigo convento con máis de 10 siglos de historia e unhas vistas espectaculares desta fraga máxica.
  • 3. En Galicia podemos atopar ecosistemas moi diferentes e variados, como son a súa xeografía e o seu clima. Uns exemplos de ecosistemas son: unhas marismas, unhas fragas, un río... As Fragas do Eume Os Ancares O Bosque de Ribeira O Courel
  • 6. O RÍO O río Eume é un río corto da Península Ibérica que nace na Serra do Xistral, na parroquia de Montouto do municipio de Abadín. Circula por Galicia (España) e desemboca no océano Atlántico pola ría de Ares. Atravesa os municipios de Abadín, Muras, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela e desemboca en Pontedeume.
  • 7. MOSTEIRO DE CAAVEIRO ● O mosteiro de San Xoán de Caaveiro é un mosteiro Medieval situado nas fragas, á beira do río Eume. ● Estableceuse no ano 934 para acoller aos numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona, e foi engrandecendo o seu poder coas doazóns de Rosendo de Celanova, ata convertirse en colexiata, aínda que no século XVIII comeza o seu declive que culmina coa desamortización do século XIX.
  • 8. Destaca a súa igrexa barroca construída sobre un escarpado rochoso. De admirar é a súa fermosa ábsida semicircular con columnas pegadas e diversos modillóns. O mosteiro foi convertido en Monumento histórico- artístico en 1975.
  • 11. FRAGAS DO EUME: FLORA As fragas do río Eume son un destacado representante da fase clímaxe da vexetación galega. Os bosques de ribeira, dos que o parque é bo exemplo, distínguense polos seus ecosistemas de elevada biodiversidade, particularmente no que respecta á flora. Tradicionalmente foron moi explotados polo home pola riqueza e fertilidade dos solos, e por iso son ecosistemas pouco frecuentes e conservados unicamente en zonas illadas como estas fragas.
  • 12. FLORA A árbore con maior presenza no parque natural é o carballo. É o medidor da saúde da fraga: os exemplares máis lonxevos existen nas zonas que sufriron unha menor presión humana , e está sendo obxecto de repoboación en zonas fráxiles do parque, onde fora apartado recentemente polo bidueiro. Tamén ten numerosa presenza no parque o castiñeiro, dominante nalgunhas áreas logo de roubarlle terreo ao carballo grazas a medrar máis rapidamente e prover froitos de consumo humano. O bidueiro é a terceira das especies maioritarias, e ocupa dous tipos de espazos: áreas tradicionais de bosque de ribeira, e zonas marxinais onde os carballos foron perdendo distribución, e onde medran rapidamente. Nestes espazos están a ser substituídos por carballos por acción conservacionista.
  • 13. FLORA Nas proximidades dos ríos atopamos o ameneiro, que soporta ben as situacións de asolagamento, xa que suxeitan as marxes das canles impedindo o seu arrastre polas che salgueiro(con moita menor frecuencia), o freixo e o pradairo. Outras especies arbóreas das fragas son a abeleira, principalmente nas proximidades dos cursos de auga; o cerqueiro , nas zonas altas das fragas de Pena Fesa, Os Cerqueiros (topónimo que reflicte a abundancia desta árbore) e A Marola; o érbedo, o loureiro, e o umeiro, frecuente tamén nas proximidades dos ríos, como preto do mosteiro de Caaveiro. Tamén se ten sinalado a presenza do lamigueiro nas fragas, unha especie rara na zona próxima á costa. O teixo, atopa no parque a súa localización máis occidental no país, xa que a intensa actividade humana sobre esta árbore acabouna relegando principalmente ás montañas orientais galegas. Finalmente, existe en abundancia o , acivro fundamentalmente como arbusto pero que chega a acadar exemplares de altura e porte, o estripeiro, o abruñeiro, a pereira brava e a maceira brava, esta últimamente pouco frecuente noutros lugares da provincia da Coruña
  • 15. CARBALLO O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do mar ata os 1.000 metros de altitude. É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior. Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denoninado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia.A madeira do carballo é de excelente calidade, foi moi empregada na construción.
  • 16. BIDUEIRO . Son árbores que medran altas e esveltas, entre 10 e 30 m, dependendo da especie. O crecemento é rápido. As follas son simples, alternas, serradas con algo de peluxe, romboidais de 3 a 6 cm, variando lixeiramente segundo a especie. A face superior adoita ser máis escura. As pólas son flexíbeis, a casca é lisa, cinsenta ou abrancazada, cunha características raias horizontais.
  • 17. AMIEIRO O ameiro ten unhas follas pecioladas , co limbo case tan ancho como longo, estando a maior anchura cerca da base. Os amentos masculinos alongados, inicialmente erectose logo colgantes, os amentos femininos son máis curtos. A madeira do amieiro é resistente, doada de traballar e consérvase ben baixo a auga. A cor é bastante clara, mais ao cortala tórnase de cor arroibada e por iso en moitos países de europa crían que esta árbore estaba embruxada. A madeira é moi resistente na auga e por iso empregábase para a construción de palafitas .
  • 18. CASTIÑEIRO As follas son estreitas, alternas, coa beira moi dentada, peludas no envés cando son novas; miden entre 10 e 25 cm e teñen uns 20 pares de nervios. As flores reciben o nome de candeas, as masculinas distribúense ao longo dun eixo e as femininas (con sete a nove estilos) na base do amento, xeralmente en tríos dentro dunha roseta de espiñas. Os froitos están recubertos por unha casca verde con espiñas (o ourizo) de até 4 cm de diámetro e preséntanse en grupos de dous ou tres. A época da recollida das castañas énovembro, e en Galicia celébrase o magosto.
  • 21. Fauna O espazo natural das FRAGAS DO EUME caracterízase por representar un caso exemplar de alta diversidade biolóxica.
  • 22. Miles de millóns de criaturas de case tódalas formas e tamaños imaxinables inician a súa frenética actividade cotiá, consistente en achar alimento, evitar converterse nel, e ter familia. A inmensa maioría delas son diminutas, pero extraordinariamente numerosas. Os animais de maior tamaño son máis escasos. Aquí manteñen prósperas poboacións algunhas especies seriamente ameazadas a nivel global.
  • 25. 1- SAPIÑO COMADRÓN 2- PINTEGA 3- PINTEGA VERDE 4- RA VERMELLA 5- RA PATILONGA
  • 26. 6- MIÑATO NEGRO 4- ABELLEIRO 2- MOUCHO COMÚN 5- CURUXA 3- BUFO PEQUENO 1- GABIÁN 7- FALCÓN PEREGRINO
  • 27. 1- ARMIÑO 2- RAPOSO 3- LONDRA 4- XABARIL 5- MARTA 6- CORZO7- GATO MONTÉS 8- LOBO
  • 29. 1- ESCORNABOIS 2- ESCARAVELLO 3- LESMA 4- CARACOL DE QUIMPER
  • 32. Parque Natural Un parque natural é un espazo pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente.
  • 33. Hai 19 parques naturais en Galicia entre os que se atopan as fragas do Eume, desde o ano 1997.
  • 34. PARQUE NATURAL POLA SÚA RIQUEZA ECOLÓXICA E A BELEZA E SINGULARIDADE DA SÚA PAISAXE
  • 35. NA PRIMAVERA DE 2012 UN TERRIBLE INCENDIO FERIU AS FRAGAS, PERO O BOSQUE ATLÁNTICO SEGUE CON VIDA!!!
  • 36. POR ISO É TAN IMPORTANTE COIDAR A NOSA CONTORNA E REALIZAR PRÁCTICAS SAUDABLES PARA O MEDIO AMBIENTE.
  • 37. Prácticas saudables para o medio ambiente: -Aforrar e aproveitar a auga. -Aforrar enerxía. -Reducir os residuos. -Reutilizar e consumir de forma responsable. -Coidar a flora. -Respectar os animais.
  • 38. VÍDEO ● https://youtu.be/f3cwXfvz2dY Unha tradición do río, que se fai dende hai 49 anos é a baixada do Río Eume, este vídeo é do 2013. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!