1. Unidade Didáctica Saúde 1
TÍTULO
A nosa unidade didáctica chamarase: “Xogamos Seguros”.
COMPETENCIAS
As competencias que traballamos nesta unidade didáctica son as seguintes:
Coñecemento e interacción co mundo físico.
Competencia dixital e do tratamento da información
Competencia social
Competencia para aprender a aprender
Competencia autonomía e iniciativa persoal
Competencia cultural
CICLO Ó QUE VAI DIRIXIDA
A nosa unidade didáctica vai dirixida ós nenos de educación infantil do ciclo de
3 a 6 anos.
ACTIVDADES
1. ¡Axuda a Beto e Pati! Escribe un tick ✓ nas situacións seguras e
unha cruz ✘ nas situacións perigosas.
2. Unidade Didáctica Saúde 2
2. Rodea aquilo co que podes xogar:
3. Pinta os debuxos que che poden facer dano:
4. Sinala na seguinte imaxe as situacións que poderían causar
accidentes ou danos para ti:
3. Unidade Didáctica Saúde 3
5. Conto “Todolotoco”:
http://www.youtube.com/watch?v=F1r1PN0RU9s&list=HL1351373474&feature=mh_l
olz
6. Canción do Seguriño
http://www.youtube.com/watch?v=XDTil3ZkiSg
7. Axuda a Teo e Bea a evitar todos os perigos na casa (xogo
interactivo).
http://www.consumo-inc.gob.es/juegos/teo_y_bea/
4. Unidade Didáctica Saúde 4
8. Di que elementos deben estar dentro dun botiquín:
9. Circuíto de sinais de tráfico
5. Unidade Didáctica Saúde 5
10. Autorización para realizar unha excusión/ sobre seguridade vial:
6. Unidade Didáctica Saúde 6
INDICACIÓNS PARA O PROFESORADO
TEMPORALIZACIÓN
Luns Martes Mércores Xoves venres
Actividade Teoría sobre Contar o Teoría Teoría
1 os conto de sobre que sinais de
accidentes “Todolotoco” debe tráfico
conter un
Excursión botiquín
Actividade Contar a súa á cociña Ficha: Circuíto de
2 propia do colexio sinalar que sinais de
experiencia para Asamblea debe tráfico
coñecer os conter un
perigos botiquín
Actividade Marcar con que hai Xogo
3 ✓ o con ✘as nela interactivo
imaxes ¿Qué pasa en internet
se...? sobre
seguridade
no fogar
Actividade Rodear Sinalar na Excursión
4 aquilo co que ficha as Canción seguridade
se pode situacións “Isto está vial
xogar perigosas mal” do
que hai Seguriño
nesta
cociña
Actividade Pintar aquilo
5 que che
pode facer
dano
METODOLOXÍA:
Esta unidade didáctica seguirá os seguintes principios metodolóxicos:
No substitución: isto provoca unha educación individualizada, o profesor
coñece, a nivel evolutivo, a cada alumno e a partir de aí daráselle unha
aprendizaxe que se adapte ó seu nivel de desenvolvemento.
7. Unidade Didáctica Saúde 7
Motivación: a aprendizaxe farase con actividades atractivas para o neno,
para así chamar a súa atención e que desta forma teñan interese por
aprender.
Globalización: a aprendizaxe que recibirá estará organizada partindo da
forma que ten o neno de percibir la realidade. Desta forma favorecese a
construción do coñecemento.
Actividade lúdica: é unha das estratexias máis adecuadas e completas
para traballar nos primeiros anos escolares, ademais o neno desenvolve
capacidades cognitivas, motrices, sociais, de comunicación e de
relación social.
Rutinas: coas rutinas, o alumno obtén información sobre as actividades
que van sucedendo día a día e así evita o nerviosismo e o desconcerto
que lle poden ocasionar o non saber que ten que facer nun ambiente
que non sexa a familia.
Socialización: con ela tratamos de fomentar as relacións sociais cos
seus iguais ou os seus familiares. Neste apartado debemos mostrar
especial atención ó alumno con NEE.
Individualización: coñecerse como suxeito individual, analizando e
descubrindo as súas diferenzas así como as súas semellanzas cos
outros.
COMO REALIZAR AS ACTIVIDADES
Circuíto sinais de tráfico (Actividade nº 9): os alumnos farán un circuíto
con axuda da profesora no chan da clase, pegarán debuxos no chan que
anteriormente entregáralle a profesora e con cinta illante iremos facendo
algo parecido a unha estrada.
Nos debuxos que lles entregará a profesora estarán as sinais de tráfico
esenciais: un semáforo en vermello, un en verde e outro en ámbar; un
stop, tres pasos de peóns e un sinal de prohibido entrar persoas alleas a
empresa.
8. Unidade Didáctica Saúde 8
Os nenos poranse por parellas e intentarán imitar ós coches algunhas
das parellas, e outras serán persoas que van paseando pola rúa. A
profesora iralles indicando porque se deben parar, por exemplo cando o
semáforo está en vermello, ata que os nenos capten como vai o xogo e
interioricen eses sinais.
Con este xogo, intentaremos concienciar ós nenos para que respecten
os sinais, as coñezan e aprendan os perigos que poidan existir na
estrada tanto se vas andando como se vas no coche. Os nenos
aprenderán a mirar para os lados antes de cruzar polo paso de peóns e
a esperar a que o semáforo se poña en verde.
¿Qué é un accidente? (Actividade nº1): Un accidente é un suceso que
pode danar o teu corpo e poñer en perigo a túa vida, a dos teus seres
queridos ou a dos que están ao teu arredor.
Os accidentes poden ocorrer en calquera lugar, cando estamos na casa,
na escola ou na rúa. Moitos accidentes son ocasionados polos riscos
que existen no entorno e outros son provocados por nós mesmos, xa
que facemos cousas que sen querer poden danarnos. Con esta
actividade os nenos deberán discriminar que situacións son causantes
de accidentes e cales non.
Coñecendo un botiquín de primeiros auxilios (Actividade nº8): Un bo
botiquín de primeiros auxilios, gardado nun lugar de fácil acceso, con
temperatura e humidade pouco elevadas, e protexido da luz, é
imprescindible en todos os fogares. Contido:
MEDICAMENTOS: Analxésico (para a dor) e antitérmicos (para a febre)
como son o ácido acetilsacílico, paracetamol e ibuprofeno.
MATERIAL SANITARIO: Termómetro, tesoiras de punta redonda, pinzas de depilar
tiriñas de distintos tamaños, luvas de látex, xiringas para administración correcta de
medicamentos, xabón líquido, frasco de alcohol de 90º, auga osixenada, vendas de
gasa de diferentes medidas, esparadrapo, venda elástica, imperdibles e lanterna.
Despois de explicarlle isto ós nenos, realizarán a actividade que lles axudará a
diferenciar que cousas debe e non debe haber dentro dun botiquín.
9. Unidade Didáctica Saúde 9
Cousas malas e cousas boas (Actividade nº2 e nº3): Esta actividade é
para que o neno/a aprenda a distinguir entre as cousas boas e as
cousas malas. Entre as que resulten perigosas para a súa saúde e coas
que pode tratar sen problema ningún. Deberá de colorear ou rodear
aquelas cousas coas que se pode xogar.
¿Qué é perigoso aquí? (Actividade nº4): As cousas da vida cotiá poden
resultar tremendamente prexudiciais para un neno/a, e neste caso
centrámonos nunha zona concreta do fogar, a cociña. A través desta
imaxe poderá distinguir os distintos perigos que se poden dar en
calquera situación: terá que rodear cousas como o morteiro, o batedor, a
tixola, a cazarola con auga, a lixivia, os coitelos, etc.
Ó rematar o conto (actividade nº5): para asegurarnos de que o
entenderon ben, na roda da asamblea farémoslles unhas preguntas
onde eles poidan explicarnos que é o que entenderon da historia:
¿Todolotoco portase ben cando vai tocando todo por aí?, ¿Por qué a
súa nai non quere que toque o lume cando o seu pai cociña?,¿Qué fixo
a nai de todolotoco para que este deixase de tocalo todo?
¿Que pasa se....? (actividade nº 5): Para reforzar o conto e as súas ideas,
cada un de nós, sentados aínda na alfombra en asamblea, imos contar a
historia de ¿Qué pasou cando tocamos algo que non debíamos tocar ?
Por exemplo: que pasou cando tocamos a prancha acesa e o forno
quente?, así entre todos contaremos as nosas experiencias.
Excursión á rúa: como circular pola vía pública (Actividade nº10): Faremos un
percorrido por algunhas das rúas da cidade para ensinar aos nenos
seguridade vial. Levarémolos desde o centro escolar ata o parque máis
preto e despois de deixalos xogar un rato, volveremos ao centro.
10. Unidade Didáctica Saúde 10
"Teo e Bea - Un día na casa" (actividade nº7) é un xogo electrónico en
liña, dirixido a nenos de 3 a 6 anos, no que teñen que axudar a Teo e
Bea a evitar todos os perigos da casa, dende a habitación ó xardín,
pasando pola cociña, o baño, etc. Os pais e profesores encontrarán un
conxunto de fichas prácticas acompañadas de consellos para identificar
os riscos en todas as estancias da casa, como previlos e que facer en
caso de emerxencia.
CRITEROS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS DE AVALIACIÓN SI NO EN PROCESO
Comprende as historias orais
Distingue o perigoso do seguro
Coñece os perigos que hai na casa
Ten adquirida a idea de bo e malo.
Ten a capacidade de aportar ideas sobre o tema
Ten un bo dominio das TIC
Mostra un dominio dos conceptos relacionados
cos perigos e coa seguridade
É consciente das situacións de perigo presentes no
seu entorno
Posúe nocións básicas de cómo actuar en caso de
accidente
Deferencia as sinais de tráfico máis importantes
11. Unidade Didáctica Saúde 11
FONTES DE DOCUMENTACIÓN
Youtube: Canción seguriño
http://www.youtube.com/watch?v=XDTil3ZkiSg
Ministerio de educación: Xogo interactivo
http://www.consumo-inc.gob.es/juegos/teo_y_bea/
Bacqués, M. “600 juegos para la educación infantil” (Actividades para favorecer la
lectura y la escritura). Editorial: ceac educación infantil.
Propuestas didácticas sobre seguridad y Prevención de accidentes para los libros de
texto gratuitos. Editorial: vivir mejor (2009).
Imágenes de google.