1. UNIDADE 10 OS AUSTRIAS MENORES. A CRISE DO IMPERIO ESPAÑOL O SÉCULO XVII
2. 1 . O FINAL DA HEXEMONÍA ESPAÑOLA Cando comezou o século XVII, a Monarquía Hispánica posuía o maior imperio do mundo . Sen embargo, en poucas décadas España perdeu a hexemonía (en detrimento de Francia) e sufriu unha profunda crise económica e social. 3 etapas no S.XVII en España: ♕ Reinado de Filipe III. ♕ Reinado de Filipe IV. ♕ Reinado de Carlos II.
4. A) REINADO DE FILIPE III (1598-1621). Nada máis acceder ao trono, Filipe III delegou as labores de goberno no Duque de Lerma , un valido (= persoa de confianza do monarca a quen lle encomenda o goberno do reino). Obxectivo principal do seu reinado = solucionar a grave situación económica da monarquía , para iso tiña que acabar coas numerosas guerras comezadas polo seu pai Así, levou a cabo unha política pacifista : Paz con Inglaterra e Tregua dos Doce Anos con Holanda.
5. O Duque de Lerma (P. P. Rubens) Valido de Felipe III Felipe III Paz entre España e Inglaterra
6. A pesar do descenso do gasto militar, os problemas económicos non se solucionaron . En política interior, a medida máis relevante foi a expulsión dos mouriscos (1609), case 300.000 que tiveron que abandonar España, o que trouxo a ruína a moitas rexións, que quedaron despoboadas.
7. B) REINADO DE FILIPE IV (1621-1665) . Como o seu pai, Filipe IV cedeulle o poder a un valido: o conde-duque de Olivares. A política exterior foi belicista. España involucrouse na Guerra dos Trinta Anos = guerra europea que enfrentou a católicos contra protestantes Francia entroua na guerra ao lado dos protestantes e ao final España foi derrotada e perdeu parte do seu imperio en Europa Polo Tratado de Westfalia (1648) España reconocía a independencia das Provincias Unidas (Holanda).
8. A GUERRA DOS TRINTA ANOS (1618-1648) España, tras a sinatura do Tratado de Westfalia (1648) A rendición de Breda (D. Velázquez)
9. En política interior, Olivares intentou reformar a monarquía con 2 medidas principais: ♘ Repartir os gastos militares entre todos os reinos da monarquía (Aragón, Flandres, Italia,...). ♔ Reforzar o poder do rei , recortando a autonomía dos diferentes territorios. Pero esta política provocou levantamentos , sobre todo en Cataluña e Portugal . Portugal alcanzou a independencia (1640). Mapa das principais revoltas e guerras civís no S. XVII
10. C) REINADO DE CARLOS II (1665-1700). Accedeu ao trono con tan só catro anos. A súa nai gobernou como rexente ata 1675 e tivo gran influencia no goberno. O rei era unha persoa física e mentalmente enferma , incapaz de exercer as labores de goberno, polo que foi axudado por diferentes validos. A primeira parte do seu reinado foi de crise, pero a situación mellorou a partir de 1680. Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polo problema sucesorio. O rei non tivo fillos/as e tras a súa morte iniciouse unha Guerra de Sucesión, que terminou co establecemnto dunha dinastía de orixe francesa , os Borbón.
12. 2. A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL - No século XVII, a poboación española sufriu un retroceso debido a 5 causas principais: Malas colleitas Pandemias de peste (Ex: 1599 = medio millón de mortos) A expulsión dos mouriscos As guerras frecuentes Emigración de moitas persoas a América.
13. A economía retrocedeu en todos os seus sectores: agricultura, artesanía e comercio. Tamén se sucederon as bancarrotas debido ao endebedamento da Monarquía. Os valores predominantes fomentaban a vida inactiva . O ideal era vivir das rendas e rexeitábase aos que traballaban. Por iso había unha gran porcentaxe da poboación que rexeitaba as tarefas productivas e vivían da mendicidade e da delincuencia. 2 obras de pintores españois (Murillo e Velázquez) que atestiguan a vida das clases humildes
14. 3. HEXEMONÍA FRANCESA Desde o Tratado de Westfalia (1648), Francia converteuse na potencia europea dominante durante os séculos XVII e XVIII. O esplendor comezou co reinado de Luís XIV (“O Rei Sol”) (1643- 1715) , que ampliou as fronteiras de Francia en Europa e formou un imperio colonial .
15. Este rei implantou en Francia unha monarquía absoluta , gracias a unha serie de medidas: ♚ quitoulles poder ás institucións locais. ♚ unificou as leis e impostos. ♚ eliminou a disidencia relixiosa. ♚ logrou controlar a nobreza. ♚ converteu á corte no centro da administración do Estado. Luís XIV intentou mellorar a economía creando monopolios estatais , co obxectivo de impedir a compra de produtos estranxeiros pero fracasou.
16. Control sobre poderes alleos á coroa: Igrexa, institucións representativas e poderes locais Centralización administrativa Sometemento da nobreza Formación dun exército estatal centralizado Represión da disidencia relixiosa Sacralización e exaltación do rei na arte e a propaganda DO MONARCA
17. Texto: O rei é a imaxe de Deus Considerade ao príncipe no seu gabinete. É a imaxe de Deus que, sentado no seu trono no máis alto dos ceos, fai marchar a toda a natureza. En fin, reunide as cousas tan grandes e augustas que dixemos sobre a autoridade real. Vede un pobo inmenso reunido nunha soa persoa; vede este poder sagrado, paternal e absoluto; vede a razón secreta que goberna todo o corpo do Estado metida nunha soa cabeza: estades a ver a imaxe de Deus nos reis e tedes a idea da maxestade real. BOSSUET, Política sacada das Sagradas Escrituras , 1681
18.
19. 4. DÚAS NOVAS POTENCIAS: INGLATERRA E AS PROVINCIAS UNIDAS A) ECONOM í A Nos séculos XVII e XVIII Inglaterra e as Provincias Unidas (Holanda) convertéronse nas dúas maiores potencias comerciais , en detrimento de España e Portugal. As dúas novas potencias pasaron a controlar o comercio asiátic o grazas á formación de grandes compañías comerciais das Indias orientais. Inglaterra logrou a hexemonía naval grazas a súa gran armada (Royal Navy).
21. B) SOCIEDADE E POLÍTICA. Nos dous estados a burguesía acadou gran poder grazas ao crecemento do comercio e a artesanía. Nestes dous estados o principal órgano de poder non era o parlamento. En Inglaterra aprobouse tamén unha Declaración de Dereitos, que limitaba o poder do rei en detrimento do Parlamento. Grazas ao seu poder económico, a burguesía chegou a controlar os Parlamentos destes dous países. Sesión na Cámara dos Comúns Burgueses holandeses
22.
23. 5 . A CULTURA DOS S. XVII e XVIII: O BARROCO O Barroco é unha etapa cultural que comprende os séculos XVII e XVIII . Cacteristicas do Barroco : ❁ D esexo de representar a realidade tal como era , sen idealizarla nin ocultar os seus defectos. ❀ Espertar fortes s entimentos no espectador . ✿ Nos países católicos destaca unha forte relixiosidade (defensa culto a Virxe e santos). San Sebastián , José Ribera Sebastián de Morra (Velázquez)
24. No Barroco brillaron todas as ramas da cultura: ✍ L iteratura: En Europa salienta William Shakespeare (Inglaterra) , Molière (Francia) . En España destaca o Século de Ouro das letras españolas (XVII): Cervantes , Quevedo , Lope de Vega e Calderón de la Barca . Música: Vivaldi , Haendel e Bach .
25. Ciencia: no S. XVII produciuse unha revolución científica . Desenvolvéronse 2 novos métodos científicos modernos: a) Empirismo = experimentación, impulsada polo inglés Bacon. b) Racionalismo = uso da razón, defendido polo francés Descartes. Ademáis nalgúns países creáronse academias das ciencias para promover avances e descubrimentos Luis XIV na Academia das ciencias
26. - Os principais científicos foron: Galileo : confirmou a teoría heliocentrista de Copérnico. A igrexa o obrigouno a renegar desta teoría. Kepler : formulou as leis das órbitas elípticas dos planetas Newton : formulou a lei da gravidade universal e a teoría xeral da luz.
27. 6. ARQUITECTURA BARROCA Características: Uso de liñas curvas . Efectos luminosos nas fachadas por medio de entrantes e saíntes e frontóns rotos . Abundancia de decoración . Uso de materiais ricos e rechamantes . San Carlos das Catro Fontes (Roma), Borromini Abundancia de liñas curvas Entrante Saínte
28. Líneas Curvas (Columnas salomónicas) Entrantes e saíntes Frontóns Rotos Abundancia decoración. Materiais ricos e rechamentes
29. O Barroco naceu en Roma. A cidade estaba a ser renovada polos Papas, para demostrar o poder do catolicismo fronte aos protestantes. Bernini foi o arquitecto máis importante: Praza de San Pedro e Baldaquino no interior.
30. A arquitectura barroca extendeuse pronto a outros lugares: España (Praza Maior de Salamanca e Madrid), Galicia (Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago) e Francia (Palacio de Versalles).
31. 7. PINTURA BARROCA Características: Realismo: as persoas retratábanse tal como eran, cos seus defectos físicos, sen idealización Esceas cheas de movemento e forza . Sentimentos exaltados . Temas moi variados : relixiosos, mitolóxicos, vida cotiá, retratos, paisaxes, bodegóns (= pintura que representaba en primeiro plano alimentos e vexetais xunto a útiles diversos).
32. Bodegón (Zurbarán) A muller barbuda (Ribera) Conversión de San Pablo (Caravaggio) Martirio de San Felipe (Ribera)
33. 4 centros principais na pintura barroca: A) ITALIA: Cómpre salientar a obra de Caravaggio . 2 trazos na súa obra: Os seus personaxes inspiráronse na realidade con toda crueza (clases populares, mendigos, prostitutas…). Empregou a técnica chamada tenebrismo , que consistía en facer emerxer ás figuras entre a oscuridade. Cea en Emaús Vocación de San Mateo
34. MICHELANGELO MERISI “Il CARAVAGGIO” (1571-1610) O enterro de Cristo A morte da Virxe Judith cortando a cabeza a Holofernes Crucifixión de San Pedro
35. B) HOLANDA. Gran influencia dos gustos da burguesía , que era a que encargaba e pagaba os cadros. 3 pintores: Rembrandt : foi o pintor máis destacado. Utilizou con mestría o claroscuro en retratos, temas bíblicos e escenas cotiás. Frans Hals . Vermeer .
36. REMBRANDT VAN RIJN (1606-1669) A rolda de Noite Lección de Anatomía Betsabé no baño
39. C) FLANDRES. Dous trazos: naturalismo (realismo) e minuciosidade (detallismo) nas paisaxes e escenas Destacou sobre todo Rubens , cun estilo de gran colorido e movemento nas escenas. O Rapto de Europa (Rubens) Carlos I de Inglaterra (Van Dyck)
40. PETER PAUL RUBENS (1577-1640) As Tres Gracias O Rapto das fillas de Leucipo
41. D) ESPAÑA. Características: ✎ A pintura foi unha arma da Contrarreforma , por iso adoitaban ter temática relixiosa. ✎ Realismo . ✎ Emotividade . ✎ Frecuentes mensaxes simbólicas . Principais pintores: Ribera, Zurbarán, Murillo e, sobre todo, Velázquez. Inmaculada (Murillo) O Augador de Sevilla (Velázquez)
42. JOSÉ RIBERA (“O ESPAÑOLETO”) (1591-1652) O sono de Jacob San Andrés O patizambo
44. BARTOLOMÉ ESTEBAN MURILLO (1617-1682) Dous rapaces comendo uvas e melón A sagrada familia Dúas muchachas
45. O mellor pintor do Barroco español (e un dos mellores de todos os tempos) foi Diego Velázquez = pintor de cámara de Filipe IV. Trazos da súa obra: Estilo moi influído polo realismo e o tenebrismo . Foi capaz de captar a personalidade dos retratados . Destacou polo uso da luz e pola fondura dos seus cadros ( pintar o aire ). Pintou temas moi variados : retratos, mitolóxicos, esceas cotiás, cadros de Historia…
48. 8. ESCULTURA BARROCA. Características: α Realismo. β Sentimentos intensos. γ Mobilidade, enerxía e vitalidade . ε Efectos luminosos, a través dos pregamentos e os xestos. ζ En España destacan os retablos e pasos de Semana Santa en madeira policromada . O principal escultor do Barroco foi Bernini (ademáis de arquitecto).Obras principais: Apolo e Dafne , Éxtase de Santa Tereixa, fontes de Roma. Cristo morto (Gregorio Fernández). Apolo e Dafne (Bernini)
49. GIAN LORENZO BERNINI (1598-1680) (“o novo Miguel Anxo”) Baldaquino O éxtase de Santa Teresa David Praza de San Pedro