2. - O final do Imperio Romano produciuse por 2 causas: Crise interna. Invasións dos pobos xermanos (chamados bárbaros polos romanos, é dicir estranxeiros). Os pobos xermanos habitaban ao norte do Imperio, máis alá dos ríos Rin e Danubio. Eran pobos seminómadas: Parte destes pobos vivían en pequenas aldeas dedicándose á agricultura. A outra parte eran pastores nómadas.
3.
4. - Desde o S. III grupos de xermanos comezaron a traspasar as fronteiras do Imperio ( limes ), de forma pacífica, tolerada por Roma, ou violenta, en forma de enfrontamentos militares. - A finais do S.V os ostrogodos (pobo procedente do leste de Europa) saquearon Roma e venceron ao último emperador. O Imperio Romano de Occidente deixou de existir . - Este acontecemento é considerado polos historiadores o final da Idade Antiga e o comezo dunha nova: A Idade Media (Ss. V ao XV).
5. Os pobos xermanos instaláronse en diversos territorios do antigo Imperio Romano occidental, onde fundaron reinos : Galia (futura Francia): asentáronse os francos. Hispania (futura España) : instaláronse suevos (NO) e visigodos (resto do territorio). Italia: ostrogodos e despois lombardos. Britania (futura Gran Bretaña): anglos e saxóns. Cada reino estaba gobernado por un rei, axudado por un consello de nobres.
6.
7.
8. - As guerras constantes entre xermanos fixeron que se estendese a inseguridade . As cidades foron saqueadas, esto trouxo consigo 2 consecuencias: A poboación mudouse ao campo , onde buscou a protección dos ricos propietarios (futuros nobres), traballando para eles. O comercio casi desapareceu e a agricultura e a gandería pasaron a ser as actividades económicas principais Os xermanos eran unha minoría que non se mesturaba coa poboación romana. Cada grupo tiña leis, costumes e relixións diferentes. - Pouco a pouco foron integrándose. Nos lugares máis romanizados os xermanos adoptaron o latín e a relixión católica
9.
10. A península Ibérica foi ocupada por varios pobos: Suevos: asentáronse no NO , na antiga provincia romana de Gallaecia (capital: Braga). Visigodos: se estableceron no centro e sur, onde expulsaron a outros pobos (vándalos e alanos), e fundaron un reino con capital en Toledo . - Os únicos vestixios da cultura xermana en España: a) Pequenas igrexas. b) Ourivaría (= obxectos de ouro e prata): cruces, cálices… Suevos Visigodos
11. Santa Comba de Bande (Ourense) San Xoán de Baños (Palencia) Ourivaría visigoda: Coroa de Recesvinto (esquerda) Fíbulas aquiliformes (dereita)
12. O reino visigodo acadou a plenitude nos Ss VI e VII, con dous reinados principais: Leovixildo: derrotou aos suevos, incorporando o NO da Península ao seu reino. Recaredo: converteu aos visigodos ao catolicismo. Acadou así a igualdade relixiosa cos hispanorromanos.
13. - A finais do Século VII as loitas entre nobres visigodos por ser elexidos coma reis (monarquía electiva) provocaron a crise do reino visigodo. - Estas divisións facilitaron a invasión musulmana da península e a fin do reino visigodo a comezos do S. VIII. REI NOBRES Monarquía electiva visigoda Batalla do Guadalete (711) , onde os visigodos foron derrotados polos musulmáns
14. A) POLÍTICA. Mentres o Imperio Romano de Occidente se afundía polas invasións bárbaras. O de Oriente, máis rico, resistiu durante dez séculos, co nome de Imperio Bizantino (capital en Constantinopla, antiga Bizancio). A época de esplendor do Imperio Bizantino coincide co reinado do emperador Xustiniano e a súa muller Teodora (mediados S.VI). Obxectivos de Xustiniano: Reconstruir o Imperio Romano. Fortalecer o Estado.
15. Para cumprir o 1º obxectivo, os exércitos bizantinos conquistaron extensos territorios en occidente (Italia, norte de África, sur de Hispania). Para conseguir o 2º obxectivo o Estado bizantino precisaba dunha boa organización, basada en 3 principios: O emperador (basileus): concentraba todos os poderes = xefe político e relixioso ( cesaropapismo ). Ampla rede de funcionarios (traballadores do estado) e diplomáticos: que cumprían as ordes do emperador. Poderoso exército : que defendían as fronteiras.
16.
17. - Tras a morte de Xustiniano, comeza a decadencia que se concreta en perdas territoriais : Norte de Italia , conquistada polos lombardos. Sur Península Ibérica , tomada polos visigodos. Norte de África, Siria e Palestina , conquistados polos musulmáns. A perda de territorios continuou ao longo de toda a Idade Media. Así no S. XV só quedaba Constantinopla, a capital, en mans bizantinas, tomada finalmente polos turcos en 1453.
18. Dominios do Imperio Bizantino hacia 1400 Asedio de Constantinopla, 1453 Entrada do sultán turco Mehmed II en Constantinopla, 1453
19. B) ECONOMÍA E SOCIEDADE. O Imperio Bizantino era un imperio urbano e comercial. Dominaba as rutas comerciais , entre Europa, Asia e África, por onde circulaban produtos suntuosos (sedas, marfís, especias…). As cidades tiñan grande importancia. (Alejandría, Antioquia,…). A máis importante era a capital = Constantinopla. Chegou a contar con un millón de habitantes no S.IX con numerosos foros, palacios e igrexas (Santa Sofía de Constantinopla).
20.
21. C) CULTURA. O Imperio bizantino mantivo en principio os elementos culturais do Imperio Romano (latín e cristianismo católico). Co tempo, a partir do reinado de Xustiniano, o grego foi desplazando ao latín coma lingua oficial. Ao mesmo tempo a igrexa bizantina foise separando da de Roma , ata a ruptura definitiva en 1054 ( Cisma de Oriente ): o cristianismo dividíase en 2 igrexas: Igrexa católica (occidental): autoridade no Papa de Roma. Igrexa ortodoxa (oriental =Imperio Bizantino): autoridade no Patriarca de Constantinopla. - Os monxes ortodoxos bizantinos evanxelizaron aos pobos orientais europeos. Debido a esto, hoxe a ortodoxa é a relixión maioritaria en Europa oriental (Rusia, Serbia, Bulgaria, Grecia…)
22.
23. D) ARTE. Características da arte bizantina: Arte moi rica , sobre todo relixiosa (igrexas, obxectos de culto). En arquitectura, destacan as igrexas , sobre todo con planta de cruz grega (brazos da cruz de igual tamaño) e cubertas con grandes cúpulas. Outro elemento importante son os mosaicos en paredes e teitos de igrexas. Mellor exemplo: Santa Sofía de Constantinopla = - Templo de cruz grega . - Cúpula de 65 m de altura e 35 de diametro, onde se representaba o Pantocrátor (Cristo en maxestade). - Paredes recubertas de mármore e mosaicos .
24.
25. Mosaicos de San Vital, Rávena, Italia Aula Palatina, Palermo, Italia (arriba)